Atopámonos no camiño

04 
Abr 
2012  |  

Título: Atopámonos no camiño

Etapa educativa: ESO e Bacharelato

Asignatura: Interdisciplinar

Imagen_logo_camino

Tres institutos de Eslovaquia, Francia e España e un obxectivo común: percorrer o Camiño de Santiago. Pero non necesitaron nin mochila, nin botas, nin chubasqueiros, nin a Credencial do peregrino, senón ordenadores, conexión a Internet, unha boa biblioteca, mapas virtuais, e, sobre todo, moita imaxinación, porque o seu percorrido foi  virtual.

 

 

Os espazos de traballo foron un wiki e un blog, que recollen todos os resultados dos oito meses de proxecto e convírtense en verdadeiros cadernos de viaxe e pequenas enciclopedias do Camiño, que poden ser consultadas por calquer futuro peregrino.
O Camiño de Santiago foi o fío condutor e o pretexto para que estes alumnos practicaran idiomas, levaran a cabo un auténtico labor de investigación sobre o patrimonio histórico e cultural  e exploraran distintas ferramentas TIC. No wiki, espazo de traballo creado só para eles, estes peregrinos virtuais organízanse en grupos  de distinta nacionalidade e repártense os tramos do Camiño Europeo de Santiago. Tal e como se reflicte  nas páxinas de discusión do wiki, os equipos gozaron de total liberdade para decidir cómo ían descubrir o tramo, que é o que querían investigar e  as ferramentas TIC que mellor se axeitaban para presentar o seu traballo públicamente, etc. Trataron temas moi diversos: desde a riqueza do patrimonio histórico e cultural  á gastronomía tradicional, así como temas máis prácticos da viaxe, como o aloxamento, a roupa axeitada para facer o tramo, a música para acompañalos no camiño, medios de transporte, webs que se poden utilizar para facer reservas de aloxamento, etc. Á vez, fixeron comentarios en español e francés tanto no wiki, coma no blog sobre as publicacións dos seus compañeiros dos outros equipos.
O destino final da viaxe destes peregrinos virtuais é a cidade de Santiago de Compostela, sitio de encontro para todos os peregrinos do Camiño, cuxa riqueza cultural investígana e publícana os resultados nun estupendo Prezi:

Para celebrar a fin da súa aventura eTwinning, organízase unha videoconferencia de avaliación, na que os alumnos finalmente comparten as súas impresións sobre o proxecto en persoa. Os profesores axúdanlles a formular os seus pensamentos elaborando unha guía de conversación para a videoconferencia, guía que puideron consultar no blog. PhotoPeach é a ferramenta TIC elixida para rexistrar o encontro:

E do Camiño virtual ó real só hai un paso. Cando menos no caso dos alumnos eslovacos. O proxecto tamén foi galardonado co Premio Nacional eTwinning neste país, e tras coñecer o premio, a profesora eslovaca e os seus alumnos organizaron unha viaxe a España para finalmente atopar ós seus amigos eTwinners do IES Poio. O encontro brindoulles a oportunidade de practicar español en situacións reais e de levar a cabo moitas actividades xunto cos seus amigos galegos tanto dentro da aula, coma fóra  desta. E o máis importante, percorreron xuntos o último tramo do Camiño de Santiago ata Santiago de Compostela, vivindo finalmente a experiencia de peregrinos. Como auténticos xornalistas, viron na visita a esta cidade unha excelente oportunidade de coñecer máis sobre a cultura española e realizaron varias entrevistas ós habitantes. Incluso foron recibidos polo alcalde de Santiago de Compostela, o que supuxo unha gran motivación para eles.
Deixámosvos co spot publicitario que realizaron os alumnos deste proxecto promocionando o Camiño de Santiago. É unha estupenda promoción non só do Camiño, senón do mesmo proxecto eTwinning.


Os aspectos máis característicos de Atopámonos no camiño poden contemplarse na presentación exposta na entrega de Premios Nacionais eTwinning 2012:

Embed Embed this video on your site

Enlaces:

Blog: http://pruebacamino1.blogspot.com.es/

Wiki: http://nosencontramosenelcamino.wikispaces.com/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar