Inicio / Premios eTwinning 2012 / GOAL! Go outside and learn, matemáticas reais
.

GOAL! Go outside and learn, matemáticas reais

24 
Feb 
2012  |  
Título: GOAL! Go outside and learn

Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Asignatura: Matemáticas

premio_2012_goal

O caderno de exercicios tradicional de matemáticas transformouse nunha serie de problemas reais nos que diversas aplicacións informáticas complementaron os cálculos necesarios para a súa resolución.

 

 

 

 

Seis centros distribuídos polos distintos recantos do continente europeo implicáronse  nesta innovadora forma de impartir a materia. Os estudantes do IES Ramón Cabanillas, puideron así coñecer, entre números e operacións, algúns detalles de Eslovenia, Croacia, Francia, Finlandia  Polonia.

Jose Benito Búa Ares, profesor español, é un dos responsables deste proxecto que, como el mesmo explica, "nace cun obxectivo que destaca sobre os demais: o uso das matemáticas para resolver problemas ou cuestións encadradas na realidade. É algo que non é novo, pero en GOAL! dáse a circunstancia de que a realidade é realidade   nun sentido estrito". O propósito deste docente contou co apoio e recoñecemento da dirección do centro, como demostran as palabras de Ramón Martínez Pinal, director do IES Ramón Cabanillas: "sería moi complicado conseguir estes fins, de non ser polo labor desinteresado do profesor e os alumnos que participaron no  proxecto".

A constante información que toda a comunidade educativa do instituto español recibía sobre o estado do proxecto, facilitou a participación dos profesores de inglés, francés e tecnoloxía cando foi necesario, e incluso a dun pai que quixo colaborar activamente revisando os textos escritos en lingua inglesa: Suso Bao Vidal, cóntanos "Foi unha experiencia que me resultou interesante como pai e moi motivadora de cara ó alumnado. O uso dos coñecementos das aulas no mundo real, o emprego das TIC, a necesidade de comunicarse nun idioma común entre escolares de distintos países europeos e o traballo en grupo son razóns de peso para confiar no  proxecto".

Google Docs, a ferramenta estrella do proxecto, facilitou, nun primeiro momento, o deseño dun plan de traballo común: os seis socios compartiron os seus calendarios escolares, propuxeron actividades, opinaron sobre as que os seus compañeiros suxerían e, finalmente, elaboraron a axenda do proxecto. Construíron así un programa aberto e flexible: cada centro, segundo as súas posibilidades, decidiu que actividades realizarían os seus estudantes e adaptounas ás súas necesidades.

 

Coa mesma cautela, e en función dos distintos obxectivos e fins, os docentes fixeron a selección de ferramentas TIC que utilizarían. Así, para establecer e manter unha comunicación fluída entre todos os participantes, non só decidiron intercambiar correos, senón que realizaron videoconferencias a través de Skype e, con Mixxt, crearon a súa propia rede social nun entorno seguro. En canto ó desenvolvemento das actividades, ademais dun oportuno uso de GeoGebra, software específico de matemáticas, lograron sacar proveito de Google Earth e medir así grandes distancias que, doutro xeito, non houbera sido posible determinar. E, unha vez máis, Google Docs, xunto con Issuu, permitiu que os estudantes presentaran de maneira conxunta os resultados del traballo común. Pero non se conformaron co simple emprego desta variedade de ferramentas TIC, senón que, para facilitar o seu manexo por parte de todos os participantes, o alumnado e profesorado español elaborou e compartiu os seus propios videotitoriais sobre GeoGebra e Gimp.

O procedemento de traballo nas aulas iniciábase coa presentación dun problema por parte do profesor, que pasou a adoptar o rol de guía e moderador. Inmediatamente despois, os estudantes buscaban a forma de resolvelo. A dinámica de traballo destes tamén foi modificada, pois víronse obrigados a traballar en grupo, planificar estratexias, tomar decisións e poñer en práctica o coñecemento de diferentes bloques curriculares de Matemáticas e, a miúdo, incluso doutras disciplinas. Proba disto son actividades como o cálculo da área boscosa das súas localidades, ou a representación a escala do Sistema Solar, que os socios franceses realizaron no patio do centro. Estas e outras como a construción do seu propio sextante co que coñecer a altura de diferentes edificios, a comprobación da accesibilidade das ramplas do seu entorno para persoas con discapacidade e o cumprimento da lexislación ó respecto, axudaron ó alumnado a coñecer detalles do seu entorno que descoñecían. Tamén averiguaron o número de pasos que separa o fogar de cada un do seu centro escolar, investigado sobre a simetría que nos rodea, reproducido ó mesmísimo Eratóstenes nos seus cálculos sobre as dimensións da Terra e outros orixinais problemas que aseguran unha entretida e interesante revisión do proxecto.

O traballo grupal e a realidade exposta en todas e cada unha das actividades, convirten a GOAL! Go outside and learn nun método excelente para lograr a tan ansiada aprendizaxe significativa dos estudantes. Deste xeito, non só descubriron o sentido das matemáticas, senón que será difícil que o olviden. Así o amosa a avaliación que os propios alumnos fixeron do traballo mediante un completo cuestionario creado con mySurveyLab. E é que para esta última fase do proxecto, tamén quixeron aproveitar a funcionalidade que ofrecen os actuais software de enquisas. Segundo os resultados, unha grande porcentaxe do alumnado cambiou a súa opinión sobre a materia e amosa un alto grao de satisfacción co traballo realizado. Todo un logro se temos en conta que se trata dunha das materias que maior rechazo recibe entre os estudantes.

Celia Bao Rivas, alumna integrante do grupo español, explica que "ó longo da realización deste proxecto tiven diferentes sensacións. Cando o noso profesor nos propuxo esta idea pareceume interesante ver as matemáticas aplicadas fóra da aula e falar coa xente doutros países sobre algúns puntos das matemáticas. Ó comezar a realizar o proxecto dispuxémonos en grupos e iso causoume nalgúns momentos desesperación ou enfado cando non nos puñamos dacordo, pero finalmente conseguimos realizar o traballo no prazo que o profesor nos mandara e iso causounos satisfacción. A elaboración do proxecto foi divertida, ter que medir ramplas ou ter que subir as ramplas nuna cadeira de rodas (por exemplo). A parte máis emocionante do proxecto foi falar con xente doutros países europeos, no noso caso con Polonia e Francia. Con Polonia tivemos que falar en inglés e con Francia en francés, o que fixo que tiveramos que practicar as linguas que estudamos no instituto. En conclusión, se poidese repetir a experiencia non o dubidaría, foi moi positiva e polo tanto repetiríaa".

 

A nivel profesional, Jose Benito Búa Ares dice: "GOAL! representou para min, como profesor de Matemáticas, moitas cousas, pero creo que a máis importante, acudindo ós aspectos didácticos e metodolóxicos, pódese observar na avaliación realizada. Ésta expón dúbidas sobre un tópico moi extendido entre as diferentes administracións educativas. Trátase da consideración das TIC como o elemento e ferramenta motivadora e de maior valor didáctico na actualidade. Existe unha certa obsesión polo uso das TIC, sen pararse demasiado a analizar as súas vantaxes e inconvenientes.  Transmítese que todo aquilo vinculado ó uso das TIC é innovador, motivador e contribúe a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Non estou dacordo con esta visión e por isto participei neste proxecto en particular. Co uso indiscriminado das TIC prodúcese, ás veces, e no ensino das Matemáticas concretamente, un certo abandono  da realidade "real" para situarse nunha realidade "virtual", algo que GOAL! trata, e creo que consigue, evitar. Iso non significa que as TIC non estean presentes en GOAL! De feito, e desde o meu punto de vista, o éxito maior de GOAL! É o uso das TIC como complemento e non como finalidade. ¿É a vía que segue GOAL! unha vía merecedora de ser explorada, ou ben debemos explorar outras vías menos encadradas na realidade e que presten maior atención ás TIC e as súas ferramentas? Iso, creo, é motivo para o debate".

O TwinSpace é un reflexo do alcance conseguido, en canto a integración das TIC na aula se refire. Con todo o material realizado, dispoñible e organizado claramente, fai posible unha visita sinxela e agradable coa que descubrir o traballo realizado, de principio a fin. Igualmente ordenado, o espazo en Google Sites creado para o proxecto, permite o acceso a todos os produtos realizados por docentes e estudantes. Ademais, fotos, vídeos e presentacións foron recompilados en contas de Flickr, YouTube e Issuu, respectivamente. E o diario de proxecto, con publicacións asiduas dos socios,  converteuse na crónica perfecta desta aventura educativa. En definitiva, un minucioso conxunto de escaparates desde os que asomarse a GOAL! Go outside and learn.

O traballo culminou coa súa presentación en diferentes conferencias e eventos educativos dos países protagonistas. Distintos xornais locais tamén se fixeron eco da súa calidade, pero quizais o seu maior recoñecemento sexa o premio eTwinning concedido xa en tres das convocatorias nacionais: Polonia, Francia e España. ¡Noraboa!

Esta é a presentación do proxecto que se amosou na entrega de Premios Nacionais eTwinning 2012:

Embed Embed this video on your site

Enlaces:

TwinSpace: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p34220/welcome

Diario de Proyecto: http://twinblog.etwinning.net/24877/

Web: https://sites.google.com/site/goaletwinning/

Repositorio Issuu: http://issuu.com/goal-eu/docs

Repositorio YouTube: http://www.youtube.com/user/goal11eu

Repositorio Flickr: http://www.flickr.com/photos/61207406@N02/sets/

Repositorio Flickr: http://www.flickr.com/photos/62803499@N08/sets/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar