Inicio / Premios eTwinning 2012 / A Taste of Maths (ATOM), ¿ A quen lle amarga un doce?
.

A Taste of Maths (ATOM), ¿ A quen lle amarga un doce?

16 
Mar 
2012  |  

Título: A Taste of Maths (ATOM) Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Asignatura: Matemáticas

logo_atomSeis países, España, Grecia, Holanda, Italia, República Checa y Rumanía, han estado representados por docentes e os seus estudantes neste proxecto. 

 

 

Nomeado proxecto do mes en marzo do 2011, ya nos hicimos eco da súa calidade na nosa web. Agora, é la profesora española, Valentina Cuadrado Marcos, quen presenta ATOM.

“O proxecto está estreitamente conectado coa metodoloxía CLIL, pola que temos apostado nas seccións bilingües. Ó solicitar a Sección Bilingüe de Inglés, na que se integrarían as ensinanzas de Matemáticas e Tecnoloxía, unha das estratexias clave era a participación nun proxecto eTwinning no que se traballaran contidos destas materias. De aí que as actividades multidisciplinares de ATOM, cuxo primeiro obxectivo  era estimular a motivación e a curiosidade dos participantes polas Matemáticas, entroncaran perfectamente no bilingüe.
En todo momento intentamos combinar contidos matemáticos comúns ós currículos dos países participantes con aspectos da vida diaria e a cultura de diversos lugares de Europa. A utilización de obxectos concretos relacionados coa comida, a arte, a literatura e as representacións de conceptos matemáticos facilitou a investigación activa dos participantes e cambiou a súa perspectiva en canto ás Matemáticas.


A diversidade de ferramentas TIC foi un dos aspectos máis valorados polos participantes e as súas familias, xa que lles permitiu desenvolver a  súa imaxinación e a súa  creatividade aténdose ás súas propias competencias e estilos de aprendizaxe. Especialmente chamativo, é o  dominio que adquiriron  no uso de  VUVOX e Glogster para as súas presentacións, e de Mixbook para a publicación das súas producións escritas.

Logramos activar a curiosidade dos participantes para a resolución de problemas matemáticos mediante dous factores: un lingüístico, ó sustituir a palabra “problemas” por “riddles” (“adiviñas”) e outro tecnolóxico, ó ter que presentar todas as participacións  dunha forma amena.


A participación activa e directa en Flashmeetings para comunicarse cos seus compañeiros de traballo, ademais de propiciar o acercamento, permitiu ós participantes usar o inglés dunha forma máis real. Teño que destacar a celebrada con motivo do Día Internacional de PI. Preparamos un PI(E) Lunch, ó que todos os estudantes tiñan que aportar unha empanada ou torta decorada coa letra PI e amosala ante a cámara: The PI on our PIE. O nivel de colaboración, incluído o das familias, foi moi elevado. Ademais do interese dentro de ATOM, a actividade serviu para reforzar lazos de amizade e colaboración entre o grupo, co cal foi dobremente importante.

 

 

Desde o meu punto de vista, os “ingredientes” que fixeron de ATOM un proxecto de éxito poden resumirse na secuenciación de actividades motivadoras, a variedade de ferramentas TIC, o traballo de equipo entre familias, estudantes e profesores, a participación activa e o esforzo continuado. Para unha profesora de Inglés, coma min, ATOM foi un reto co que logrei disfrutar traballando en equipo cos meus compañeiros de Matemáticas e Tecnoloxía, Sergio San Victoriano e Luis Vaquerizo,  e co magnífico facer de Irina, Erik, Maria Teresa, Eva, Heleni e Efi".

As familias, tal e como amosa a opinión de  Mercedes Serret Jornet, nai dunha alumna española, tamén teñen unha opinión moi positiva sobre o traballo: “Valoramos moito o uso das novas tecnoloxías, informática e  Internet. Os  nosos fillos adquiriron un nivel de inglés, especialmente falado, para o meu entender, moi alto e cun amplo vocabulario. Se a isto lle engadimos que ían contentos a clase, que intentaban facer todos os traballos, superarse cada día un pouco, que non se descolgaron en ningunha materia, creo que non podemos pedir máis…”
Pola súa parte, José Luis Sardón Martín, director  do IES Alonso de Madrigal,  afirma: “o premio recibido non fai senón demostrar que «A Taste of Maths» é un proxecto curricular e pedagóxicamente innovador que potencia o uso das TIC, a integración  dos currículos e fomenta a colaboración entre profesores e alumnos dos centros asociados”.


E, A Taste of Maths (ATOM), non é só Premio Nacional eTwinning 2012, senón que  xa sabemos que é, ademais, gañador do Premio Europeo eTwinning 2012, na categoría de 12 a 15 anos. ¿Será nomeado tamén Mellor Proxecto eTwinning 2012 durante a Conferencia anual?

Valentina despídese cunha invitación pública: “Proba as Matemáticas con nós, ó mellor gústanche”.
A través desta presentación -proxectada na entrega de Premios Nacionais eTwinning 2012- poderás ver as principais características do proxecto:


Embed Embed this video on your site

Enlaces:

TwinSpace: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p38463/welcome

Blog: http://atasteofmaths.blogspot.com/

Wiki: http://english4madrigal.wikispaces.com/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar