Inicio / Premios eTwinning 2012 / Estudo, práctica e ensino das TIC con ICT4U
.

Estudo, práctica e ensino das TIC con ICT4U

05 
Mar 
2012  |  

Título: ICT4U

Etapa educativa: Bacharelato

Asignatura: Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICO)

premio_ict4uO alumnado do IES Maestro Juan María Leonet da materia optativa de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICO), non podía imaxinarse que lles tocaría adoptar o papel de maestros e, en colaboración con outros compañeiros europeos, presentar ós seus profesores as características e utilidades de distintas ferramentas TIC.

 

 

Docentes de Bélxica, Grecia, Hungría e Islandia convertíronse nos novos compañeiros de traballo de Jesús Melgar Tito, profesor español que nos explica algúns aspectos polos que decidiron poñer en marcha este traballo: "O proxecto ICT4U nace da necesidade constante de facer chegar ós nosos alumnos, da forma máis amena e chamativa, os contidos das nosas materias. Non cabe dúbida de que, para conseguilo, o uso das TIC é imprescindible; calquera profesor que queira utilizar materiais atractivos necesita invertir unha gran cantidade de tempo, ademais de dominar certas destrezas informáticas. En cambio, para os nosos alumnos, o uso do ordenador é tan intuitivo que, con moito menos esforzo, son capaces de manexar calquera aplicación informática con bastante soltura. Isto fainos pensar na posibilidade de que un cambio de roles entre alumno e profesor podería ser beneficioso para ambos, xa que non só se conseguiría dar publicidade a diferentes ferramentas e o seu uso educativo, senón que, ademais, os alumnos coñecerían de primeira man a dificultade para preparar unha clase, que cotidianamente viven os profesores".

Con esta idea de traballo, e formando parte xa dunha asociación Comenius, o grupo de profesores elaborou una completa planificación na que, incluso, determinaron algunhas tarefas previas ó inicio do proxecto. Todas elas cunha única intención: conseguir a máxima implicación dos estudantes. Para isto, tiveron en conta os seus intereses, fixoselles partícipes na proposta de actividades e consideraron a súa opinión sobre o proceso de desenvolvemento. Sen dúbida, este detallado plan de traballo, así como a colaboración entre profesores e alumnos no seu deseño, foi a clave do éxito alcanzado co proxecto.

O Recanto do alumno do TwinSpace foi o sitio perfecto para que, de forma segura, os estudantes se coñeceran, elixiran a ferramenta sobre a que querían traballar e crearan grupos de nacionalidades mixtas. Estes equipos serían os encargados de, nos distintos encontros levados a cabo mediante o programa Comenius, impartir sesións de formación presenciais para os seus profesores. Pero antes, integrado no programa eTwinning, tiveron que coordinarse e levar a cabo un traballo de investigación sobre as ferramentas TIC seleccionadas. Deste xeito, combinando as posibilidades que eTwinning e Comenius ofrecen ós centros educativos, o alumnado puido experimentar o que supón o traballo en colaboración con compañeiros doutros lugares europeos, tanto a través das novas tecnoloxías, como compartindo aula con eles. Difícil de conseguir  noutras ocasións, ICT4U é un perfecto modelo de cómo integrar ambos programas nun único proxecto.

 

A creación dun wiki no TwinSpace para cada ferramenta, permitiu que os diferentes equipos recompilaran a información relevante de cada unha delas e a ordenaran baixo catro apartados: sumario, rexistro, manual e uso educativo. Deste xeito, ademais de ser o lugar de traballo dos estudantes, accesible e claro tamén para calquera visitante, o TwinSpace de ICT4U é un repositorio de grande utilidade para docentes interesados na integración das TIC no ensino. O listado de ferramentas expostas, así coma a súa funcionalidade, é enorme: xestores de información persoal como Diigo, redes sociais como Facebook, tablóns de notas online como Wallwisher, administradores de imaxes como Flickr, redes de información como Twitter y un largo etcétera, e un longo etcétera, completan o índice de tutoriais que os grupos elaboraron e presentaron ós seus profesores. Na Web do proxecto recóllense tamén todos estes manuais, presentados ordenadamente con Issuu, ademais de vídeos coas sesións presenciais levadas a cabo nos encontros Comenius.

 

A funcionalidade dalgunhas das ferramentas tamén foi exemplificada mediante a súa propia utilización no proxecto. Así, ó oportuno uso do TwinSpace, xa mencionado,  únese o de Twitter, a través do cal os participantes ían anunciando as últimas novidades sobre o traballo, Dipity, co que elaboraron unha liña de tempo na que quedan reflectidas as súas diferentes etapas e eventos, Wallwisher para o intercambio de opinións e felicitacións, etc. En definitiva, en ICT4U as TIC foron protagonistas como obxecto e soporte de traballo.

 

A satisfacción que este proxecto xerou nos estudantes queda patente nas palabras de Eva R., unha das alumnas españolas: "A miña opinión sobre a experiencia é moi boa debido a que puidemos coñecer a persoas do resto de Europa e comprobar que non somos tan diferentes á xente doutros países e que o noso estilo de vida é moi similar. É unha forma de practicar o inglés de maneira coloquial cos compañeiros doutros países e de xeito máis formal cando se realizan os traballos e as exposicións orais dos mesmos. Os meus pais opinan que é un privilexio para calquera poder formar parte  dun proxecto coma este".

Pola súa parte, Jesús Melgar Tito, dinos: "como profesor, para min é un orgullo ver como os alumnos, nun inicio reticentes fronte ó proxecto, se foron  involucrando nel, incorporando estas ferramentas na aprendizaxe cotiá das súas materias e, sobre todo, ver a alegría e ilusión coa que comentan as súas experiencias e vivencias entre os seus compañeiros, de forma que ó mencionar a alumnos doutros países pareza que os teñen aí sentados no pupitre veciño".

Con ICT4U, non só se puxo en práctica unha metodoloxía innovadora capaz de motivar ó alumnado e de que este alcance as competencias básicas, senón que se elaborou un conxunto de manuais moi útiles e reutilizables por outros docentes e estudantes. Un traballo completado durante dous cursos escolares que xa foi recoñecido co Premio Nacional eTwinning en Hungría e España, e que foi seleccionado como aspirante a Premio Europeo eTwinning 2012. Estaremos expectantes á Conferencia anual eTwinning para saber si consigue alzarse con este premio tamén. Non esperes ata entonces e visita xa o proxecto.

Amosámosche os principais rasgos do proxecto nesta presentación, que foi proxectada na ceremonia de entrega de Premios Nacionais eTwinning 2012:

Embed Embed this video on your site

Enlaces:

TwinSpace: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p21079/welcome

Web: http://www.ict4u-project.eu/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar