Inicio / Premios eTwinning 2012 / Creatividade itinerante en 'Art on the Move'
.

Creatividade itinerante en 'Art on the Move'

17 
Feb 
2012  |  

Título: Art on the move

Etapa educativa: Infantil e Primaria

Materia: Interdisciplinar


premio_art_on_the_moveA arte como ferramenta para coñecer outras culturas europeas, crear lazos de amizade e familiarizarse cos símbolos e valores da identidade europea. Foi esta a idea principal que animou ós alumnos e docentes de cinco centros de España, Finlandia, Reino Unido, Polonia e Bulgaria a embarcarse nunha aventura de casi dous anos.

 

 

Os lazos de amizade víronse tamén fortalecidos polos encontros que realizaron os socios durante as mobilidades, dado que o proxecto é un bo exemplo de integración entre eTwinning e unha asociación Comenius. Neste caso, eTwinning potenciou o número de experiencias dixitais na aula e fomentou a interacción e colaboración entre os socios. Da mesma maneira, eTwinning proporcionou as ferramentas dixitais necesarias para que os alumnos, guiados polos sempre atentos e implicados profesores, realicen viaxes culturais mediante expresións artísticas a todos os países socios.
No camiño cara o coñecemento da diversidade europea, durante os dous anos de traballo, tratáronse de maneira moi creativa e orixinal temas moi diversos como as festas tradicionais, a importancia da familia na sociedade dos países socios, os sentimentos, as relacións interpersoais, as festas europeas, os monumentos famosos de cada país, a literatura e os libros, a música e o baile, personaxes famosos dos países socios (artistas, políticos, ...), etc.

As viaxes culturais dos alumnos de “Art on the move” pasan  por casi todas as expresións artísticas: realízanse debuxos, pinturas, esculturas, representacións teatrais, bailes tradicionais, fotografías, mini películas, creacións literarias, etc. O resultado do proxecto é unha inxente cantidade de material artístico, reutilizable na aula, material que queda recollido nun wiki perfectamente organizado e fácil de visualizar, ferramenta TIC que destaca por ser altamente colaborativa.

O equipo docente formado polas profesoras Cristina Grau e Jessica Juárez  foi o encargado da coordinación de “Art on the move”. O plan de traballo, moi detallado e a temporalización das actividades reflicten unha boa coordinación e unha atenta división das tarefas e roles a desempeñar por cada participante. E a excelente planificación reflíctese na notable calidade dos materiais finais realizados que, reunidos, constitúen unha verdadeira guía cultural e artística dos países participantes.


A aventura artística dos alumnos e docentes de “Art on the move” ten dúas fases distintas: na primeirara inténtase achegar ó alumnado á cultura dos socios, mentres que a segunda céntrase en espertar o interese do mesmo polo traballo colaborativo, deseñándose actividades que fomentaran máis a interacción e colaboración entre alumnos socios. E todo isto coa axuda do inglés, que estes nenos e nenas utilizaron como lingua franca para achegarse uns a outros e entender a diversidade da cultura europea. Ou, nas palabras de Cristina Grau: "facemos amigos ensinando, aprendendo e respetando tradicións, costumes e características de cada país, usando un código común e unha mesma canle: a lingua inglesa mediante as TIC."
O éxito deste proxecto demostra que a curta idade dos alumnos non é unha barreira que impida o traballo en colaboración. Ó contrario, estes alumnos de Infantil e Primaria  demostraron o seu gusto polas actividades en equipo e un vivo interese cara as novas tecnoloxías. Dentro do marco da colaboración, cabe destacar a iniciativa dos alumnos socios que se convirten en profesores e graban videotitoriais para ensinarlles ós seus compañeiros europeos un baile tradicional. Aquí poden ver a versión española do baile proposto polos alumnos – profesores finlandeses:


Da mesma maneira, os nenos e nenas participantes deixaron voar a súa imaxinación e, coa contribución dos seus compañeiros, lograron inxeniar varios contos colaborativos en inglés, deixando claro que a creatividade e a aprendizaxe dun idioma estranxeiro van da man. Os novos contos ilustráronse con marabillosos debuxos que atestiguan o talento, a orixinalidade e a fantasía destes alumnos. De maneira sinxela, lograron compartir cos seus compañeiros a diversidade cultural, achegarse ós outros e fomentar o sentimiento de pertenencia ó espazo cultural común europeo.

 

O proxecto contempla constantemente o uso das novas tecnoloxías. As TIC cumpriron o seu papel tanto á hora de comunicarse entre sí os participantes a través do email, do Skype, do chat e das videoconferencias, como á hora de levar a cabo as distintas actividades que se fixeron realidade coa axuda de ferramentas como presentacións Power Point, Slideshare, Prezi e Tripwow de TripAdvisor, grabacións audio e vídeo, etc. Igualmente, as ferramentas TIC foron moi útiles á hora de organizar todos os traballos dos dous anos de proxecto e de difundilos. Neste sentido destacamos a excelente organización da wiki que aloxa todos os materiais dos dous anos de proxecto seguindo tanto o criterio cronolóxico, como o temático.

Visualizar os resultados dos seus esforzos de maneira tan fácil na wiki resultou moi motivador para os alumnos  tamén constituíu un método para implicar ós pais que podían seguir o desenvolvemento do proxecto na wiki. Tal e como o indica a profesora Cristina Grau, a motivación dos alumnos foi un factor esencial para a boa marcha de “Art on the move”: "Os profesores destacan do proxecto a motivación por parte de todos os alumnos, desde os máis pequenos ós maiores. O feito de realizar traballos para os alumnos dos outros países participantes, recibir os dos socios e incluso facer traballos colaborativos entre todos entusiasmoulles moito máis que só comunicarse con eles en inglés. Tendo en conta que os traballos de todos os países se expuñan en cada unha das escolas favorecía a implicación e o esforzo polas cousas ben feitas por parte dos alumnos, conseguindo así traballos de grande calidade." O uso do inglés, as novas tecnoloxías para relacionarse cos seus amigos eTwinners e a liberdade de expresar a súa creatividade en actividades moi diversas foron o motor motivacional para o alumnado durante os dous anos de proxecto. Segundo as súas propias palabras " ¡eTwinning é unha das mellores cousas que nos pasou na nosa vida! Foi unha experiencia única con outros países europeos que nos gustaría repetir o vindeiro ano."

Cabe destacar que o proxecto “Art on the move” logrou movilizar e implicar activamente á comunidade educativa enteira. No centro español creouse un verdadeiro equipo escolar cuxos membros colaboraron estreitamente para superar todas as dificultades atopadas ó largo dos dous anos de proxecto. O enfoque que un equipo escolar lle pode dar ó traballo é esencial para complementar un proxecto eTwinning  cunha asociación Comenius. En palabras da profesora Cristina Grau, directora do centro: "Como coordinadoras de Art on the move, o noso primeiro obxectivo foi implicar ó maior número de persoas da comunidade educativa no proxecto. Así  asegurabamonos que calquera membro da nosa comunidade puidera participar nel dentro das súas posibilidades (alumnos de 3  a 12 anos, profesores, familias, monitores do comedor, persoal de limpeza e de administración, responsables do Concello…)". Os alumnos, a directora, profesores/as, mestres/as de Educación Especial, pais, representantes da autoridade local, a prensa local que asegurou a visibilidade do proxecto, todos uniron  as súas forzas para levar a bo porto este proxecto. E os que máis se beneficiaron da experiencia eTwinning – Comenius e todo o que ela implicou  son  os alumnos, que entenderon que hoxe en día achegarse a outras culturas non é algo opcional, senón vital e imprescindible para unha convivencia pacífica na Europa multicultural, pero unida.
Bótalle un vistazo á presentación que se fixo deste proxecto na entrega dos Premios Nacionais eTwinning 2012:


Embed Embed this video on your site

Enlaces:

Wiki: http://artonthemove.wikispaces.com/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar