Ferramentas TIC

Inxenio e Talento eTwinning: Presentacións con Emaze

02
Feb
2015
 

 

 

 

ideas

Emaze, unha sinxela aplicación para realizar impactantes presentacións

Ángel Luis Gallego, embaixador eTwinning en Extremadura e docente de Latín no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz) amósanos Emaze, unha interesante ferramenta para crear presentacións online.

  

 

 

 

Ingenio y Talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas en proyecto eTwinning

27
Xan
2014
 

 

ideasClaire Chevalier e Ángel Luis Gallego, embaixadores eTwinning en Francia e España e docentes de Latín no Lycée Benjamin Franklin de Auray (Francia) no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz), ensínannos a usar a ferramenta Cacoo.

 

 

 

 

   

La importancia del aprendizaje visual: infografías en el aula

18
Out
2013
 

 

cabecera articulo infografiasVivimos inmersos nunha cultura predominantemente visual. Nos distintos medios de comunicación, nas redes sociais, así como nos distintos soportes susceptibles de aportar información ó público xeral, atopámonos a miúdo  con suxerentes infografías que atrapan a  nosa atención.

 

 

 

   

Inxenio e Talento eTwinning: usar Pinterest nun proxecto eTwinning

20
set
2013

Ángel Luis Gallego, embaixador eTwinning e docente de Latín no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz) ensínanos a usar Pinterest usando como exemplo  o desenvolvemento do seu proxecto eTwinning-Comenius ‘A Short Latin Movie’.

 

 

 

 

 

Unha das actividades complementarias que realizamos no proxecto Etwinning-Comenius “A Short Latin Movie”, desenvolto no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz), foi How do you see Europe?

Para isto empregamos Pinterest.

 

Pinterest funciona como unha rede social na que os usuarios poden compartir imaxes (chamadas pins), repinealas e incluso votar con un “gústame”, ó modo de Facebook ou Twitter. O seu funcionamento é tremendamente sinxelo, como veremos a continuación. O éxito de Pinterest marcou o camiño a outros sites como Flickr, que incorporou funcións similares, como a creación de álbumes propios e a elección de imaxes favoritas.

Pinterest fue deseñado en principio como plataforma para pequenos negocios. Alí os  empresarios utilizaban os taboleiros ou boards para amosar os seus produtos dunha forma gratuíta. Deste modo, Pinterest converteuse nun escaparate para produtos orixinais, artesanais ou incluso de moda alternativa.

Recorda que tamén podes utilizar Pinterest desde o teu móbil, descargando a aplicación desta ferramenta gratuitamente. O uso dun taboleiro de Pinterest desde un dispositivo móbil pode ser un aliciente para os alumnos en moitos casos.

 

Rexistrarse en Pinterest é tarefa fácil. Podes facelo a través da túa conta de Facebook ou co teu correo. Neste último caso soamente tes que encher un breve formulario: 

Unha vez que teñas feita a conta, accede escribindo o teu correo electrónico e o teu contrasinal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escolle  os teus intereses: Escolle polo menos cinco taboleiros dándolle ó botón “seguir”. Dentro de cada categoría hai infinidade de taboleiros.

 

Despois de escoller os taboleiros, o programa levarate á túa páxina principal, onde podes ver os pins de todos os taboleiros que escolliches. Se queres seguir algún taboleiro en concreto, só tes que buscalo na esquina superior esquerda, escoller o taboleiro e darlle ó botón de seguir.

 

 

Para crear o teu propio tableiro dá ó signo + que está na esquina dereita superior, ó lado do teu nome e escolle “crear taboleiro”. Ponlle nome, descrición e categoría.

 Se xa tes outros taboleiros, tamén podes facelo desde a mesma páxina.

 

Para a actividade “How do you see Europe”, creamos un taboleiro no que pedíamos ós alumnos que amosaran e explicaran nunha imaxe cómo ven eles Europa, non só o bo do noso continente, senón tamén as cousas que se poden mellorar, as cousas que nos unen e nos separan, que podemos facer para sentirnos todos parte dun mesmo proxecto común. 

 

Unha vez creado o taboleiro, o primeiro que temos que facer é invitar ós alumnos (quen previamente se crearon a súa conta en Pinterest). Para isto editamos o taboleiro,  incluímos ós alumnos e gardamos os cambios.

 

 

Unh vez que os alumnos acepten a invitación, dentro do seu perfil aparecerá este taboleiro.

 

Para engadir a imaxe, simplemente hai que dar a “engadir un pin” que podemos subir desde o noso ordenador, desde internet (copiando a URL) ou “repineando unha imaxe de Pinterest.

 

 

Cando pineamos (engadimos unha imaxe) temos que seleccionar o taboleiro e describir a imaxe. O alumno pode expresar aquí a súa opinión.

 

 

Para rematar, o alumno pode repinear a imaxe no outro taboleiro, darlle a “gústame”, e incluír un comentario. Para isto último só ten que pulsar sobre a imaxe e comentar.

 

Como podedes comprobar, Pinterest é unha ferramenta fácil de usar e con grandes posibilidades para a colaboración Por exemplo, pode servir como unha ferramenta útil para amosar os diferentes estilos de vida do noso continente. Podemos crear unha serie de taboleiros independientes onde os alumnos comparen  paisaxes, roupas, receitas, hobbies, todo o que se nos ocorra.

Tamén podemos crear taboleiros temáticos, como é o noso caso, arredor dunha proposta. Campos diversos como a historia, o medioambiente, a solidaridade, a noción de Europa son temas nos que os alumnos poden expresarse, expoñer debates sobre pins, etc

Por último, podemos dar un paso máis e utilizar un taboleiro como un espazo de creación, onde os alumnos suban os seus propios traballos e o resto vote a través de “ gústame”.  

 

Fonte imaxes: Cabeceiro SNA. Corpo do texto: imaxes da rede Pinterest e o desenvolvemento do proxecto eTwinning-Comenius ‘ A Short Latin Movie

 

   

Inxenio e talento eTwinning: presentacións ferramentas 2.0 Conferencia Lisboa 2013

24
Maio
2013
 

 

ideasIncluímosvos as presentacións sobre ferramentas 2.0 realizadas durante a Conferencia eTwinning 2013 (Lisboa) por tres dos nosos docentes galardoados nos premios nacionais eTwinning 2013: Margarita Gentil Benítez, Sergio González Moreau y Marta Pey Pratdesaba.

 

 

   

Páxina 2 de 6

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar