Ferramentas TIC

Actividades de colaboración con Voicethread

06
Maio
2010

Voicethread é unha ferramenta para elaborar presentacións nas que poden combinarse imaxes, documentos e vídeos. A posibilidade de  engadir comentarios ás diferentes páxinas da presentación en formato de texto, audio ou vídeo, convírtena nunha excelente aplicación para o desenvolvemento de traballos colaborativos.

voicethread


No proxecto Let’s give Breath to Earth!, levado a cabo por catro centros de Polonia, Grecia e Reino Unido, podemos ver un exemplo da súa funcionalidade. Neste caso Voicethread permitu que nenos de entre 5 e 7 anos, non só crearan unha historia conxunta  mediante ilustracións, senón que ademais eles mesmos compartiran cos seus compañeiros o que cada unha das viñetas lles suxería, nas súas diferentes linguas maternas. Un traballo precioso, sen dúbida.

Ademais, Voicethread soporta arquivos PDF,  de Microsoft Word, Excel e PowerPoint e puede incluso importar imaxes de Flickr e Facebook.

Para saber máis sobre Voicethread podes visitar a súa web oficial e o seguinte titorial.

 

Engade subtítulos a calquera Vídeo con dotSUB

23
Mar
2010

Esta ferramenta permite, dun modo sinxelo, transcribir e crear subtítulos en multiples idiomas para calquera arquivo de video.

dotsub

Dotsub é unha ferramenta á que se lle pode sacar moito partido. Ángel Luis Gallego empregouna en dúas propostas diferentes no seu proxecto “An ET (winning project) between us”: unha primera en Adeste fideles, coñecidísimo vilancico, no que os subtítulos permiten ó alumno aprender novas palabras e incluso traducilas, entendendo o seu significado navideño.

No segundo dos casos seleccionou un video musical dunha canción moi coñecida, “I gotta feeling”, e subtitulouo en latín en latín. Con qué obxectivo? Primeiro, que os alumnos recoñezan o contido da canción a través do latín (utilizado como lingua viva), cunha metodoloxía inductiva contextual sobre un vocabulario accesible. Nun segundo nivel podemos procurar a interacción dos alumnos dos diferentes centros, dividindo a canción e intentando que canten cada un unha parte diferente ¡¡¡en latín!!! e xuntalas despois. Probablemente cando rematemos a experiencia os alumnos terán aprendido algunhas cuestións de gramática que aparecen na canción (demostrativos, imperativos, oracións de infinitivo, etc) dunha forma motivadora e perdurable.

Ángel Luis suxírenos, ademais, outras posibilidades: grabar un video e pedir ós alumnos que o subtitulen noutra lingua; sobre unha conferencia, que sinalen onde e cales son os contidos principais... É cuestión de imaxinación.

Aprende a utilizar a ferramenta accedendo ós titoriais de dotSUB desde aquí.

   

Convirte os teus documentos en presentacións atractivas con Issuu e Scribd

12
Mar
2010

Ambas consisten en aplicacións Web 2.0 que convirten rápida e facilmente un arquivo nun documento Web. Mentres Scribd transforma case calquera arquivo (Word, Excel, PowerPoint, PDF, etc.) para poder amosalo e compartilo na web, Issuu convirte un documento PDF nun flash que se visualiza con grande calidade e permite lelo como se dunha revista se tratara.

Isuu_logo


Os alumnos de 4º de ESO do IES Marina Cebrián, xunto con compañeiros de varios centros europeos, recurriron  á ferramenta Scribd para publicar o periódico "EU-topical", integrado no proxecto Into news! Deste xeito conseguiron editar diversos números, en cada un dos cales os  estudantes colaboraron no tratamento e publicación de diferentes temas.

Por outro lado, o uso da aplicación Issuu aparece exemplificado no proxecto EU online magazine  no que participaron 14 centros de diferentes países, entre eles o Colexio Rural Agrupado de Aragón. Neste caso optouse por comparar algúns aspectos culturais (Nadal, símbolos nacionais, Semana Santa, etc.) dos países socios en varias edicións realizadas con esta ferramenta.

É importante ter en conta que a aplicación Issuu ten unha limitación de 100 Mb ou 500 páxinas por arquivo.

Nas páxinas web oficiais de cada unha delas podes ampliar o teu coñecemento sobre estas ferramentas TIC:

Scribd

Issuu

Ambas contan cos seus propios titoriais para facer máis fácil o seu uso. Desde aquí podes acceder directamente ó titorial de Scribd e ó de Issu

 

   

Comunícate con Skype

11
Mar
2010
Ferramentas TIC

Trátase dun software gratuíto para poder falar, enviar mensaxes instantáneas ou facer videochamadas gratis a través de Internet. Pode usarse nun equipo de PC ou descargalo no teléfono móbil, para manterte comunicado onde queira que esteas.

Skype_logo

No caso do proxecto TRIÁNGULO recurriuse ó servizo de videochamadas gratuíto que ofrece Skype. Alumnos de Vic (Cataluña) e Faro (Algarve, Portugal) puxéronse dacordo para realizar unha videoconferencia. Fixada a hora, comezou co saúdo das profesoras Marta Pey e Isabel Monteiro, para dar paso á presentación, un a un, dos alumnos de ambos países. Segundo nos contan eles mesmos no Blog principal do seu proxecto, foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu coñecerse uns a outros tras varios meses de traballo conxunto.

Skype_Triangulo1

E é que co desenvolvemento desta videoconferencia a comunicación converteuse nunha linguaxe audiovisual que, por riba da comunicación textual, visual ou auditiva, permitiu o uso de diversos medios audiovisuais e multimedia.

Skype_Triangulo2

Se desexas coñecer algo máis desta versátil ferramenta TIC visita a súa páxina web oficial. Ademais, existen numerosas ferramentas que complementan a funcionalidade de Skype como SuperTintin (para grabar videoconferencias).

 

   

Páxina 6 de 6

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar