Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Desarrolla a túa creatividade cos mapas mentais 2.0
.

Desarrolla a túa creatividade cos mapas mentais 2.0

23 
Dec 
2011  |  

mind-mapping_lPalabras, ideas, conceptos, tarefas, imaxes ou debuxos… Todo ten cabida no deseño  dos mapas mentais, probablemente, unha das ferramentas que máis contribúe ó desenvolvemento da nosa creatividade.

 

 

 

 

 

Técnica ideada polo científico inglés Tony Buzan, consiste nunha representación estruturada e clasificada de calquera tipo de información, mediante a visualización gráfica desta nun diagrama e a súa disposición de forma radial. No centro do diagrama destácase unha palabra ou idea central e partindo dela os elementos da información agrúpanse e organízanse segundo a súa importancia e relación. As frechas e as cores sempre foron un perfecto aliado á hora de plasmar sobre o papel estes mapas mentais, xa que facilitan a asimilación da información neles contida.

Tradicionalmente asociados ó estudo e á elaboración de resumos, polo apoio que prestan á aprendizaxe, ós mapas mentais non se lles pode negar a súa versatilidade. E máis se temos en conta a reciente explosión de ferramentas online que fan máis sinxela a elaboración destes mapas e a sús aplicación a distintos ámbitos: presentacións e informes, toma de decisións, creación de novos proxectos, solución de problemas, distribución de tarefas, etc.  Outro aspecto positivo destas ferramentas é que permiten a inserción de documentos, vídeos, enlaces web, animacións, etc., tanto na idea central coma nos distintos nodos que dela parten. Así mantense organizada e priorizada a información. Agora é posible publicar e compartir con outros usuarios os mapas mentais vía Internet grazas ás opcións que nos ofrecen estas ferrramentas.

logos_mindmapping2

Freemind é unha ferramenta de software libre que permite engadir imaxes, fondos, enlaces web, etc. nos distintos nodos de información dos mapas mentais.  Ademais ,ofrece a posibilidade de exportalos a distintos formatos (PDF, imaxes, gráficos vectoriais, formatos web) e compartilos vía Internet. Unha vez descargada da súa páxina oficial e instalada correctamente, podemos crear o noso mapa mental personalizando os nodos, cambiando a súa apariencia, engadindo enlaces a webs, carpetas locais ou ficheiros executables, relacionando os nodos entre sí, etc. Se queres saber máis sobre esta ferramenta non deixes de consultar este completo titorial do Observatorio Tecnolóxico do ITE.

Pola súa parte Cmaptools, outra ferramenta libre e de fácil instalación, ademais de todo o que Freemind ofrece, permite cambiar a icona para un enlace dun recurso baixo un concepto e engadirlle unha lista de discusión. Ademais Cmaptools admite engadir anotacións descritivas de texto a un mapa, co fin de lembrar datos que non se usaron durante a creación inicial do mapa ou para comentar ou suxerir algo no mapa doutra persoa. Este dinámico titorial realizado por Eduteka ou este outro da páxina oficial da ferramenta, permitiranche convertir os teus mapas mentais nunha auténtica rede organizada de datos.

Mindmeister permite crear ata tres mapas mentais na súa versión gratuíta –ofrece outras versións segundo os destinatarios pero todas elas de pago –. Destacamos esta ferramenta polo seu carácter altamente colaborativo, xa que os seus mapas poden ser compartidos por correo electrónico ou a través dun enlace seguro. O máis destacable  desta aplicación é que os usuarios poden colaborar sobre un mapa mental en tempo real, destacándose mediante cores as intervencións de cada un deles e intercambiar opinións e ideas a través do chat de que dispón. Presenta ademais un interfaz moi intuitivo e medidas para garantir a seguridade dos datos contidos nos mapas. O centro de axuda existente na súa páxina web oficial pon á túa disposición as solucións a todas as dúbidas que poidan surxirche na creación dos teus mapas.

Bubbl.us é unha ferramenta completamente online, non sendo necesaria a súa descarga nin instalación previa. Só tes que rexistrarte e poderás crear ata tres mapas na súa versión gratuíta. Consulta este videotitorial realizado por Educared para coñecer as características desta aplicación e fíxate no exemplo da súa utilización que se amosa a continuación.

A última desta lista de ferramentas é Spicynodes. Tras darte de alta na súa web podes comezar a crear mapas mentais, especificando certos detalles, elixindo o estilo do interfaz e editando o contido en nodos de diferentes niveis. Finalmente podes previsualizar  os resultados, obter código HTML ou incrustrado (embed) co fin de insertalos nun sitio web ou nun blog.

E é que os mapas mentais foron sempre moi recurrentes na educación, exercen un importante papel en diferentes ámbitos pedagóxicos e por suposto, poden ser de gran utilidade nos proxectos eTwinning nun contexto colaborativo. Exemplos da súa utilización atopámolos no proxecto Na rede que non te pesquen. Neste caso, recorreuse á ferramenta Spicynodes para recompilar dunha maneira organizada as tarefas que desenvolveron cada un dos centros participantes –dous españois, un portugués e outro sueco-, tanto as levadas a cabo por cada un dos centros como as comúns e colaborativas. Dado que esta ferramenta permite adxuntar en cada un dos nodos documentos, imaxes, sonidos, resulta verdadeiramente sinxelo visualizar as fases, actividades e resultados  deste excelente proxecto. A modo de exemplo de uso da ferramenta, podes ver unha das páxinas de actividades do Twinspace do proxecto.

spicynodes_red2

En Celebrating eTwinning Football Across Europe levouse a cabo unha das actividades facendo uso desta mesma ferramenta. En concreto os alumnos tiñan que investigar acerca da vida dos futbolistas máis renomeados do seu país. Así, a infancia, carreira deportiva, gustos e aficións, etc. destes personaxes quedaron plasmados en diferentes nodos permitindo ó alumno participante visualizar os resultados de maneira clara e estruturada. Bótalle un vistazo a este mapa mental no Twinspace do proxecto.

spicynodes_foot3

Os mapas mentais teñen múltiples aplicacións en eTwinning, e poden ser empregados no deseño, desenvolvemento e avaliación dos proxectos, plasmando neles aspectos a contemplar e incluír no informe de estado, a proposta de proxecto, o proceso de coñecemento mutuo entre docentes socios, o proxecto de traballo, o informe de seguimento, etc.

Fuente imagen: Foter  

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar