Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Inxenio e talento eTwinning: Sync.in para escritura síncrona colaborativa
.

Inxenio e talento eTwinning: Sync.in para escritura síncrona colaborativa

29 
Abr 
2013  |  
 

 

ideas

Esta nova sección 'Inxenio e talento eTwinning', pretende ser un espazo de interacción e aprendizaxe entre iguais. Un recanto para destacar as boas prácticas dos nosos   'eTwinnólogos' ávidos  por experimentar e probar novas estratexias, ferramentas e propostas didácticas nos seus desenvolvementos de proxecto eTwinning.

 

 

 

Comezamos cunha veterana no programa eTwinning, a docente, Valentina Cuadrado Marcos, do IES Alonso de Madrigal (Ávila), que nos conta paso a paso, o proceso de traballo cunha ferramenta da web 2.0 para escritura colaborativa que usou recentemente no seu proxecto, Leyends Across Europe.

etw noticias valentina

Na última fase do proxecto Comenius-eTwinning, que estamos desenvolvendo no IES Alonso de Madrigal (Ávila), Leyends Acros Europe, necesitamos un  sistema para escribir un acto dunha obra de teatro, atopamos Sync.in.

 

 

 

 

Sync.in é unha ferramenta de escritura colaborativa sincrónica, é dicir en tempo real. A pesar de non ter  sido deseñada para o ensino,  unha vez máis e como noutros casos, por exemplo Mixbook, o mercado ofrécenos unha posibilidade moi útil.

Anteriormente, utilizaramos entre profesores Google docs, pero, para os estudantes, queríamos un sistema máis atractivo. Ó atopar Sync.in, pensamos que lles motivaría. Esta ferramenta, ademáis, permitiunos traballar co alumnado en grupos separados en canto a espazo e tempo.

Ofrece dúas opcións: unha gratuíta, que sempre é Pública, e outra Pro, que non é gratuíta. Esta opción ten 30 días gratis de proba. O noso equipo optou por utilizar a versión de proba e xeramos o enderezo: amadrigal.sync.in, que xa non está operativo posto que era a versión de proba.

Para crear unha conta de administrador, hai que rexistarse cunha conta de correo.

O administrador invita á colaboración mediante contas de correo. Cando as persoas invitadas reciben a mensaxe e acceden, xa poden comezar a colaborar.

Cada proxecto de traballo colaborativo recibe o nome de NOTE. Poden existir varios na mesma conta, aínda que todos eles terán os mesmos usuarios. A cada proxecto asignaráselle un título diferente, aínda que o enderezo sexa o mesmo.

sync.valentina.1

 

O sitio presenta unha barra de ferramentas horizontal na parte posterior cos seguintes elementos: Note List, onde aparecerán os diferentes proxectos nos que se está traballando; Security, con opcións para o acceso a cada proxecto; Note Options, coas posibilidades para compartir; Export, que permitirá exportar o traballo en calquer momento do proceso; Saved Revisions, que facilitará a revisión de todos os momentos gardados; Time Slider, que posibilitará coñecer en qué momento se realizaron todas as colaboracións.

sync.valentina.2

Cada participante selecciona unha cor, o cal permite recoñecer a autoría do escrito de forma inmediata e clara. Todas as colaboracións se gardan mediante o botón Save Now que aparece á esquerda a pantalla en cor azul, podendo volver a elas en calquer momento da edición con só picar en Saved Revisions. Abrirase unha barra con todas as aportacións gardadas, e entrando en cada unha delas podemos comprobar, corrixir ou avaliar.

A ferramenta proporciona un chat que aparece na parte inferior dereita. As conversacións  visualizanse na cor que previamente se escolleu. Isto supón un valor engadido á tarefa de colaborar.

As correccións que se fagan tamén aparecerán sinaladas en cor. Esta característica facilita a tarefa de autoavaliación por parte do participante e da avaliación por parte do administrador.

Todo o traballo realizado pode revisarse en calquer momento, entrando en Saved Revisions.

sync.valentina.3

O administrador ou administradora establece as vías de acceso, que poden cambiarse cando se desexe. Para isto, na barra de ferramentas da parte posterior, Security, fará o proxecto Privado -e polo tanto só terán acceso os membros do equipo de traballo- o Público, que admitirá invitados na rede. Neste caso pódese establecer un contrasinal ou deixalo Público.

sync.valentina.4

Todo o traballo realizado pode exportarse como HTML o Plain Text mentres dura o proceso. Para isto entramos en Export e marcamos a opción desexada.

sync.valentina.5

E pódese repasar entrando en Saved Revisions.

sync.valentina.6

Time Slider é unha Liña de tempo que nos permite saber o momento no que realizou unha colaboración e a autoría da mesma. Axuda a organizar o material cronolóxicamente e a facer un seguimento do desenvolvemento xeral do proxecto, tanto desde o punto de vista das ideas como das autorías.

sync.valentina.7

Finalmente, o botón en verde Share this Now ábrenos unha ventá con varias opcións para compartir, xa sexa en redes sociais ou mediante un enlace que pode enviarse por correo.

sync.valentina.8

Desde o punto de vista do traballo, Sync.in é unha ferramenta sinxela de empregar que ofrece oportunidades non só de colaboración senón de debate e creatividade. Facilita o traballo en equipo e achega ós participantes de forma motivadora.

 

Fonte imaxes: Fotocomposición de cabeceira do Servizo Nacional de Apoio eTwinning e imaxes da ferramenta Sync.inc remitidas por Valentina Cuadrado.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar