Inicio / Proxectos / Proxectos destacados
.

Proxectos destacados

So Far, So Near, unha atractiva comunicación

05
Xul
2010

Título: So Far, So Near

Estapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Materia: Lingua estranxeira (Inglés)

A estupenda comunicación establecida entre os profesores polacos e navarros implicados neste proxecto, permitiu conseguir resultados variados e moi vistosos. O obxectivo inicial de lograr unha auténtica práctica da lingua estranxeira, combinado coa utilización de diversas ferramentas TIC,   conseguírono con creces.

fotografia_sofar_sonear


As actividades propostas neste proxecto non son moi diferentes ás que se fan habitualmente na materia de inglés, pero sí o é a metodoloxía utilizada para levalas a cabo. Así, con temas como, o Nadal, a música, a comida, o cine, eles mesmos, etc., mantiveron unha auténtica comunicación cos seus socios. Os alumnos reflexionaron sobre cada un deles, pero tamén sobre as características que aportan distintas ferramentas TIC e así poder traballar estes cos  seus compañeiros europeos dun xeito máis atractivo. Como consecuencia da alta motivación dos estudantes cara este traballo, eles mesmos propuxeron novas tarefas de colaboración cos seus compañeiros, como a creación  dun minidiccionario.

Entre as actividades destaca o concurso de fotografía, a través de que ambos centros  compartiron a  súa cultura. O resultado do concurso é dunha calidade, que nada ten que envidiar ó realizado por profesionais.

Na seguinte presentación podes ampliar información sobre este proxecto, contada polos propios alumnos:


Tamén podes visitar o seu TwinSpace e o Blog do profesor, José Javier Baile.

 

I, you, we, blog

20
Maio
2010

iyouweblog3Título: I, you, we blog!

Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Materia: Lingua estranxeira (Inglés)

O título deste proxecto é fiel reflexo do que contén: un blog elaborado polos alumnos de 5 centros escolares europeos, entre eles o I.E.S. Bioclimático de Badaxoz, que sen darse conta e dunha forma moi creativa desenvolveron diferentes destrezas  da lingua estranxeira. Artigos sobre a familia, a cidade, os temas favoritos, o cine, o deporte, a música, as vacacións, a gastronomía dos países participantes...van aparecendo en decenas de documentos de texto, presentacións, vídeos, imaxes, fotos e posters. Estas mensaxes provocaron os comentarios dos compañeiros socios interesándose polos deportistas máis famosos, por unha receita, por héroes xuvenís, cantantes de moda ou os lugares para ir de vacacións. A excelente colaboración entre os profesores coordinadores deu como resultado un blog moi extenso, variado e ben organizado en categorías.

Cabe decir que este sitio web é unha bitácora, un caderno que os docentes puxeron a disposición dos alumnos para que relaten o  desenvolvemento do curso escolar. Un blog educativo que serve de modelo para outros docentes. Ir ó Blog

 

 

   

Hello Europe! Welcome Europe!

21
Abr
2010

Etapa educativa: Educación Primaria

Materia: Interdisciplinar

Famosas, funcionais, fáciles de lembrar..., as voces inglesas Hello e Welcome convertéronse nas estrelas protagonistas dun proxecto artístico no que participaron escolas de 12 países europeos, entre eles o CEIP Argantonio de Sevilla. Ó estilo das actrices, a parella de palabras estivo de promoción polas aulas dos centros escolares de  Europa, onde compartiron cartel coas súas homólogas Ciao, Merhaba, Benvenuti, Hola, Sdravo, Bienvenidos, Bonjour, Γεια σας  καλώς ήρθατε,  Bienvenu, etc., e  todo o elenco ó completo se uniu co obxectivo de  difundir a riqueza e variedade cultural do continente.

1

Dito obxectivo empezou sendo modesto: simplemente que os anfitrións se saludaran nos distintos idiomas dos países participantes; pero vendo a boa acollida do público fíxose máis ambicioso e os profesores responsables da xira aproveitaron as celebracións máis relevantes en Europa, -Nadal, Carnaval, Semana Santa, o Día da Paz, o Día da Nai, o día de San Valentín, entre outros-  para presentar ós personaxes nos diferentes actos organizados polos centros educativos para festexar estes días. Así, Hello e Welcome estiveron en sesións gastronómicas, en procesións, en declaracións de amor, nos desfiles de carnaval, nas exposicións de artesanía e/ou cos Reis Magos.

As destrezas plásticas e artísticas dos alumnos-axudantes do proxecto, combinadas coas ferramentas TIC de que dispuñan, xeraron un sinfín de materiais  para acompañar ás estrelas na súa estancia nos colexios: postais, carteis, rompecabezas, tarxetas de felicitación, símbolos, vídeos, fotos, imaxes e a canción Hello Europe ambientaron as aulas-escenario polas que desfilaron  as protagonistas.

2

A crítica valorou positivamente este periplo europeo, que requiriu  meses de intenso traballo colaborativo e destacou dous aspectos relevantes: non houbo servizo de tradución, de aí que os asistentes e participantes se tivesen que esforzar para comunicarse na lingua acordada, o inglés. Ademais, a presenza deste espectáculo non distorsionou o plan de traballo establecido meses atrás polo Claustro de profesores-organizadores senón que se integrou perfectamente nel.

Podes seguir a estela das celebridades accedendo a estes enlaces:

TwinSpace

   

Viaxa con Syrius por toda Europa

12
Abr
2010

Título: The diary of Syrius’ travels

Etapa educativa: Primaria

Materia: Ciencias Medioambientais, Lingua Estranxeira, Xeografía, Matemáticas e Xeometría, TIC, Ciencias Naturais.

The diary of Syrius’ travels é un proxecto coordinado pola profesora Cristina Asensio Soriano do CEIP Les Aigües de Cataluña, e a Szkoła Podstawowa Nr 1 (Polonia), ó que posteriormente se uniron outros centros.

syrius

O protagonista deste proxecto, Syrius, serve de fío condutor para presentar o proxecto ós alumnos. Syrius viaxou por toda Europa co seu GPS, pero ó final da súa viaxe só ten as coordenadas dos lugares que visitou e pide axuda ós alumnos dos nove países participantes para recompilar toda a información, para o que os alumnos deben deseñar e resolver diferentes actividades relacionadas cunha ampla gama de actividades.

Moodle

Aparte do TwinSpace, o proxecto utiliza unha plataforma Moodle para levar a cabo o traballo, que  fixo ó alumno consciente do seu traballo. Ademais, entre outras ferramentas TIC, os alumnos empregaron: Google Earth, para localizar lugares e atopar as coordenadas, Camstudio para grabar a “carta de Syrius”, Photobucket para presentar as fotografías, JCloze para facer cálculos reais de distancia e tempo,  JQuiz para a velocidade, a ruta e o tempo, o JMatch para emparellar fotografías dun mesmo país.

Alumnos_trabajando 

Os alumnos seguiron este plan de traballo:

  1. En primeiro lugar, recibiron unha postal de Syrius, enviada por outro dos participantes.
  2. Despois de ler a carta de Syrius, os alumnos deseñaron a etapa da viaxe que lles correspondía, buscaban as coordenadas dos lugares importantes do seu país e engadían información para facilitar a tarefa ós socios.
  3. Fíxose unha presentación PowerPoint de cada país.
  4. Elaboraron problemas de matemáticas.
  5. Os socios resolveron as tarefas propostas.
  6. Os alumnos xogaron a “Syrius’ game” e grabouse a carta de Syrius en distintos idomas.

No seu conxunto, “The diary of Syrius’ travels” formula o traballo de contidos relacionados coas matemáticas desde una perspectiva interdisciplinar, incluíndo aspectos relacionados coas Ciencias Sociais, as Ciencias da natureza, a Lingua Estranxeira e as TIC. Cabe destacar como característica principal o traballo en colaboración entre os socios participantes no proxecto, que centrou a súa atención no protagonismo dos alumnos na elaboración e resolución das actividades,  o papel mediador das profesoras, e a variedade de ferramentas TIC.

Foron capaces os alumnos de axudar a Syrius a recompilar toda a información da súa viaxe? Non o dubides e bótalle un vistazo ó proxecto.

Enlaces:

TwinSpace

Plataforma Moodle

   

Comproba as posibilidades que ofrece a música con Songs, Language & Culture

29
Mar
2010

Título: Songs, Language & Culture.

Etapa educativa: Secundaria postobrigatoria.

Materia: Linguas estranxeiras, Tecnoloxía.

Songs, Language and Culture é un proxecto coordinado pola profesora Marta Pey do IES Jaume Callis de Cataluña, e o ITAS D'Annunzio (Italia), ó que posteriormente se uniron outros institutos. A música é o eixe en torno ó cal xiran aspectos culturais e sociais dos países socios á vez que serve de atractivo gancho para que os alumnos traballen e se comuniquen nunha lingua estranxeira utilizando as TIC. 

songs_language_culture

Ferramentas propias da Web2.0 tales como presentacións en PowerPoint e Slideshare, audios con Slidecast e Voki, vídeos con Youtube, fotos con Picasa enquisas con Polldaddy ou Widgets como Clustrmap e Vodpod serviron para presentar letras de cancións, cantautores, cantantes de actualidade, artistas consagrados, así como para contextualizar os temas: a canción protesta, os problemas das sociedades e a falta de liberdades, entre outros. Beyoncé e Metallica, Madonna e LLuis LLuch, Rihanna e S-Kape comparten o mesmo entorno sen desafinar.

 

Os alumnos organizáronse en equipos de nacionalidade mixta, estiveron moi motivados polo tema seleccionado e o contido das cancións e foron máis alá destas. Presentaron o entorno no que viven, a personaxes relevantes, os símbolos nacionais, a gastronomía, o ocio, etc. A satisfacción e o interese dos estudantes polos temas seleccionados fomentaron o uso do idioma inglés sen reticencias como ferramentas de comunicación nun contexto real.

A publicación dos materiais producidos está moi ben organizada e é de fácil acceso; un excelente modelo para outros proxectos. As ferramentas do Twinspace (taboleiro de anuncios, caixa de correo, foro e chat) e os blogs (nacional e internacional) estimularon a responsabilidade dos socios na elaboración dos documentos, a presentación dos resultados e o estupendo nivel de coordinación a pesar do elevado número de socios. Esta estruturouse  a través dun wiki para que os docentes, partindo dun esquema xeral escrito no taboleiro de anuncios, foran suxerindo ideas e tomando decisións, que eran notificadas semanalmente vía correo electrónico ó distintos socios. 

  

Os mozos lituanos escoitan a mesma música que os italianos? Coñecen os mozos letóns a canción L’ Estaca? E,  Quen se atreve a cantala en inglés?   E se o fan xuntos todos os participantes? Bota unha ollada ó proxecto, premiado na Convocatoria de Premios eTwinning 2010, e sairás de dúbidas.

Enlaces:
Wiki
Blog
Blog da profesora española
Blog do grupo de República Checa

 

   

Páxina 12 de 13

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar