So Far, So Near, unha atractiva comunicación
Título: So Far, So Near
Estapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria
Materia: Lingua estranxeira (Inglés)
A estupenda comunicación establecida entre os profesores polacos e navarros implicados neste proxecto, permitiu conseguir resultados variados e moi vistosos. O obxectivo inicial de lograr unha auténtica práctica da lingua estranxeira, combinado coa utilización de diversas ferramentas TIC, conseguírono con creces.

As actividades propostas neste proxecto non son moi diferentes ás que se fan habitualmente na materia de inglés, pero sí o é a metodoloxía utilizada para levalas a cabo. Así, con temas como, o Nadal, a música, a comida, o cine, eles mesmos, etc., mantiveron unha auténtica comunicación cos seus socios. Os alumnos reflexionaron sobre cada un deles, pero tamén sobre as características que aportan distintas ferramentas TIC e así poder traballar estes cos seus compañeiros europeos dun xeito máis atractivo. Como consecuencia da alta motivación dos estudantes cara este traballo, eles mesmos propuxeron novas tarefas de colaboración cos seus compañeiros, como a creación dun minidiccionario.
Entre as actividades destaca o concurso de fotografía, a través de que ambos centros compartiron a súa cultura. O resultado do concurso é dunha calidade, que nada ten que envidiar ó realizado por profesionais.
Na seguinte presentación podes ampliar información sobre este proxecto, contada polos propios alumnos:
Tamén podes visitar o seu TwinSpace e o Blog do profesor, José Javier Baile.