Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Os números invaden a cidade en My town in numbers
.

Os números invaden a cidade en My town in numbers

23 
Mar 
2010  |  

Título: My town in numbers

Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Materia: Matemáticas / Xeometría

Cantos litros de auga caben no pilón da fonte da miña cidade? Que superficie mínima é necesaria para sementar medio kilo de cenorias? Podo calcular a altura dun edificio se coñezo a dun transeúnte? A preguntas como estas enfrentáronse estudantes de entre 12 e 14 anos de escolas da República Checa, Rumanía e Holanda e respondéronas mediante un divertido proceso de investigación.

Todo isto dentro dun proxecto de Matemáticas como é My town in numbers, finalista da categoría de 12 a 15 anos dos Premios Europeos eTwinning 2010. Os tres profesores socios, moi ben coordinados, planificaron e organizaron as tarefas e o resultado foi excelente: a aportación de documentos está moi equilibrada en número, homoxénea nos temas tratados e variada nas actividades propostas. Cada centro seleccionou un conxunto de exercicios, os outros dous  fixéronos e compartíronos os tres. Ditos exercicios están contextualizados no entorno no que se ubican os centros escolares.

My_town

Fotos, imaxes e presentacións serviron para traballar conceptos matemáticos cunha actitude motivadora: lonxitude, área, volume, mensaxes encriptadas, escala, velocidade, etc. van facendo a súa aparición na arquitectura, na horta, nos mapas e nos textos. Algo máis que unha excusa para dar a coñecer a riqueza social e cultural dos tres países. Algún alumno tería reparado nas dimensións colosais do parlamento rumano? Ou na lonxitude da ponte de Darkov? Sabería descifrar este texto, Ymnx nx sty inkknhzqy?

E os escolares non se limitaron a completar as tarefas matemáticas; tiveron presentes ós seus compañeiros europeos e xuntos elxiron un logo identificativo, compartiron os  seus gustos, deseñaron tarxetas de nadal e ensianron a súa aula. E todo facendo uso dunha ampla gama de TIC.

Mtinn3

Neste sentido, aparte do uso das ferramentas do TwinSpace, crearon un blog para a comunicación constante entre profesores e unha páxina web ben organizada e ilustrativa para a publicación dos resultados das actividades.

Os alumnos estudaron Matemáticas dunha forma diferente (adiviñas, animacións, rompecabezas, mensaxes encriptadas, xogos, etc.), aprenderon o valor do traballo en colaboración, melloraron a súa competencia en lingua inglesa e viron como a integración das TIC impregnou de creatividade o seu traballo e o dos docentes.

Mtinn2

 

Enlaces:

Páxina web

Blog

TwinSpace público (plataforma TwinSpace antiga)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar