Hello Europe! Welcome Europe!

21 
Abr 
2010  |  

Etapa educativa: Educación Primaria

Materia: Interdisciplinar

Famosas, funcionais, fáciles de lembrar..., as voces inglesas Hello e Welcome convertéronse nas estrelas protagonistas dun proxecto artístico no que participaron escolas de 12 países europeos, entre eles o CEIP Argantonio de Sevilla. Ó estilo das actrices, a parella de palabras estivo de promoción polas aulas dos centros escolares de  Europa, onde compartiron cartel coas súas homólogas Ciao, Merhaba, Benvenuti, Hola, Sdravo, Bienvenidos, Bonjour, Γεια σας  καλώς ήρθατε,  Bienvenu, etc., e  todo o elenco ó completo se uniu co obxectivo de  difundir a riqueza e variedade cultural do continente.

1

Dito obxectivo empezou sendo modesto: simplemente que os anfitrións se saludaran nos distintos idiomas dos países participantes; pero vendo a boa acollida do público fíxose máis ambicioso e os profesores responsables da xira aproveitaron as celebracións máis relevantes en Europa, -Nadal, Carnaval, Semana Santa, o Día da Paz, o Día da Nai, o día de San Valentín, entre outros-  para presentar ós personaxes nos diferentes actos organizados polos centros educativos para festexar estes días. Así, Hello e Welcome estiveron en sesións gastronómicas, en procesións, en declaracións de amor, nos desfiles de carnaval, nas exposicións de artesanía e/ou cos Reis Magos.

As destrezas plásticas e artísticas dos alumnos-axudantes do proxecto, combinadas coas ferramentas TIC de que dispuñan, xeraron un sinfín de materiais  para acompañar ás estrelas na súa estancia nos colexios: postais, carteis, rompecabezas, tarxetas de felicitación, símbolos, vídeos, fotos, imaxes e a canción Hello Europe ambientaron as aulas-escenario polas que desfilaron  as protagonistas.

2

A crítica valorou positivamente este periplo europeo, que requiriu  meses de intenso traballo colaborativo e destacou dous aspectos relevantes: non houbo servizo de tradución, de aí que os asistentes e participantes se tivesen que esforzar para comunicarse na lingua acordada, o inglés. Ademais, a presenza deste espectáculo non distorsionou o plan de traballo establecido meses atrás polo Claustro de profesores-organizadores senón que se integrou perfectamente nel.

Podes seguir a estela das celebridades accedendo a estes enlaces:

TwinSpace

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar