Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Comproba as posibilidades que ofrece a música con Songs, Language & Culture
.

Comproba as posibilidades que ofrece a música con Songs, Language & Culture

29 
Mar 
2010  |  

Título: Songs, Language & Culture.

Etapa educativa: Secundaria postobrigatoria.

Materia: Linguas estranxeiras, Tecnoloxía.

Songs, Language and Culture é un proxecto coordinado pola profesora Marta Pey do IES Jaume Callis de Cataluña, e o ITAS D'Annunzio (Italia), ó que posteriormente se uniron outros institutos. A música é o eixe en torno ó cal xiran aspectos culturais e sociais dos países socios á vez que serve de atractivo gancho para que os alumnos traballen e se comuniquen nunha lingua estranxeira utilizando as TIC. 

songs_language_culture

Ferramentas propias da Web2.0 tales como presentacións en PowerPoint e Slideshare, audios con Slidecast e Voki, vídeos con Youtube, fotos con Picasa enquisas con Polldaddy ou Widgets como Clustrmap e Vodpod serviron para presentar letras de cancións, cantautores, cantantes de actualidade, artistas consagrados, así como para contextualizar os temas: a canción protesta, os problemas das sociedades e a falta de liberdades, entre outros. Beyoncé e Metallica, Madonna e LLuis LLuch, Rihanna e S-Kape comparten o mesmo entorno sen desafinar.

 

Os alumnos organizáronse en equipos de nacionalidade mixta, estiveron moi motivados polo tema seleccionado e o contido das cancións e foron máis alá destas. Presentaron o entorno no que viven, a personaxes relevantes, os símbolos nacionais, a gastronomía, o ocio, etc. A satisfacción e o interese dos estudantes polos temas seleccionados fomentaron o uso do idioma inglés sen reticencias como ferramentas de comunicación nun contexto real.

A publicación dos materiais producidos está moi ben organizada e é de fácil acceso; un excelente modelo para outros proxectos. As ferramentas do Twinspace (taboleiro de anuncios, caixa de correo, foro e chat) e os blogs (nacional e internacional) estimularon a responsabilidade dos socios na elaboración dos documentos, a presentación dos resultados e o estupendo nivel de coordinación a pesar do elevado número de socios. Esta estruturouse  a través dun wiki para que os docentes, partindo dun esquema xeral escrito no taboleiro de anuncios, foran suxerindo ideas e tomando decisións, que eran notificadas semanalmente vía correo electrónico ó distintos socios. 

  

Os mozos lituanos escoitan a mesma música que os italianos? Coñecen os mozos letóns a canción L’ Estaca? E,  Quen se atreve a cantala en inglés?   E se o fan xuntos todos os participantes? Bota unha ollada ó proxecto, premiado na Convocatoria de Premios eTwinning 2010, e sairás de dúbidas.

Enlaces:
Wiki
Blog
Blog da profesora española
Blog do grupo de República Checa

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar