Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Viaxa con Syrius por toda Europa
.

Viaxa con Syrius por toda Europa

12 
Abr 
2010  |  

Título: The diary of Syrius’ travels

Etapa educativa: Primaria

Materia: Ciencias Medioambientais, Lingua Estranxeira, Xeografía, Matemáticas e Xeometría, TIC, Ciencias Naturais.

The diary of Syrius’ travels é un proxecto coordinado pola profesora Cristina Asensio Soriano do CEIP Les Aigües de Cataluña, e a Szkoła Podstawowa Nr 1 (Polonia), ó que posteriormente se uniron outros centros.

syrius

O protagonista deste proxecto, Syrius, serve de fío condutor para presentar o proxecto ós alumnos. Syrius viaxou por toda Europa co seu GPS, pero ó final da súa viaxe só ten as coordenadas dos lugares que visitou e pide axuda ós alumnos dos nove países participantes para recompilar toda a información, para o que os alumnos deben deseñar e resolver diferentes actividades relacionadas cunha ampla gama de actividades.

Moodle

Aparte do TwinSpace, o proxecto utiliza unha plataforma Moodle para levar a cabo o traballo, que  fixo ó alumno consciente do seu traballo. Ademais, entre outras ferramentas TIC, os alumnos empregaron: Google Earth, para localizar lugares e atopar as coordenadas, Camstudio para grabar a “carta de Syrius”, Photobucket para presentar as fotografías, JCloze para facer cálculos reais de distancia e tempo,  JQuiz para a velocidade, a ruta e o tempo, o JMatch para emparellar fotografías dun mesmo país.

Alumnos_trabajando 

Os alumnos seguiron este plan de traballo:

  1. En primeiro lugar, recibiron unha postal de Syrius, enviada por outro dos participantes.
  2. Despois de ler a carta de Syrius, os alumnos deseñaron a etapa da viaxe que lles correspondía, buscaban as coordenadas dos lugares importantes do seu país e engadían información para facilitar a tarefa ós socios.
  3. Fíxose unha presentación PowerPoint de cada país.
  4. Elaboraron problemas de matemáticas.
  5. Os socios resolveron as tarefas propostas.
  6. Os alumnos xogaron a “Syrius’ game” e grabouse a carta de Syrius en distintos idomas.

No seu conxunto, “The diary of Syrius’ travels” formula o traballo de contidos relacionados coas matemáticas desde una perspectiva interdisciplinar, incluíndo aspectos relacionados coas Ciencias Sociais, as Ciencias da natureza, a Lingua Estranxeira e as TIC. Cabe destacar como característica principal o traballo en colaboración entre os socios participantes no proxecto, que centrou a súa atención no protagonismo dos alumnos na elaboración e resolución das actividades,  o papel mediador das profesoras, e a variedade de ferramentas TIC.

Foron capaces os alumnos de axudar a Syrius a recompilar toda a información da súa viaxe? Non o dubides e bótalle un vistazo ó proxecto.

Enlaces:

TwinSpace

Plataforma Moodle

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar