Inicio / Ideas / Recomendacións / Trucos e consellos para o TwinSpace
.

Trucos e consellos para o TwinSpace

10 
Xuñ 
2011  |  

twinspace

O TwinSpace é un excelente entorno para a comunicación entre os socios e o desenvolvemento de actividades nun proxecto eTwinning. Na páxina do Servizo Nacional de Apoio atoparás moitos titoriais e guías que che axudarán a aproveitar todas as súas posibilidades. Ademais, hai uns cantos trucos e consellos que nos permiten sacar un maior rendemento da plataforma. Aquí tes uns cantos:

 Actividades e ferramentas

  • Considera o TwinSpace coma unha aula. Cando organices grupos para traballo en equipo, non é necesario ter en conta que os alumnos estean no mesmo centro, tan só as súas afinidades, intereses ou destrezas. As ferramentas de comunicación do TwinSpace permiten traballar en colaboración independientemente da distancia. Cando organices ós alumnos, fomenta os equipos de nacionalidades mixtas.
  • Os wikis son a ferramenta perfecta para traballar colaborativamente a distancia; permiten que varios membros do equipo interveñan sobre un documento común e que o comenten. Ademais, a sección de "Historia" de cada páxina dun wiki permite saber qué aportacións individuais se fixeron e en qué momento, o que facilita o control do profesor sobre a implicación de cada alumno ¡Aprovéitao!
  • Na versión actual do TwinSpace, as páxinas de actividades amósanse en orde cronolóxica segundo a  súa creación. Ás veces, esta orde non coincide co desenvolvemento real do proxecto. Nesas ocasións, pode ser conveniente renomear as páxinas engadindo ó principio o número de orde no que se levaron a cabo as actividades. Iso facilitará a comprensión do proxecto por parte de calquera visitante.
  • Ó por o nome nunha páxina de actividades, podemos elixir o tipo de letra, tamaño,cor, os códigos html correspondentes. Podes atopar algúns exemplos deses códigos en http://www.w3schools.com/html/ ou http://www.devx.com/projectcool/Article/19816.
  • Se borras unha ferramenta accidentalmente ¡non te preocupes! Se volves a instalala na mesma páxina, todo o contido que tiñas recuperarase automáticamente.

Privacidade

  • Algunhas páxinas nunca poden facerse públicas (Sala de Profesores, Recanto do Alumno, páxina de inicio, chat). Se queres amosar calquer produto final ou calquer discusión, debes facelo nunha páxina de actividades.
  • Podes usar o Recanto do Alumno para que os estudantes intercambien información persoal, á que só poden acceder os membros do proxecto. É tamén conveniente que permitas que eles xestionen o seu propio espazo, para o cal terás que crear algúns usuarios co perfil de alumno-administrador (ver abaixo).

Usuarios

  • Antes de invitar a un profesor ó TwinSpace pensa se é mellor suxerirlle que se rexistre en eTwinning e engadilo desde o escritorio como socio anexado. Desa forma, terá acceso a outras ferramentas como o Diario de Proxecto e poderá compartir todos os recoñecementos oficiais que se outorguen ó proxecto (selos de calidade, premios...)
  • Cando se engade un socio anexado a un proxecto, a plataforma inclúeo no TwinSpace como profesor-membro. Se queres que ese socio teña unha maior marxe de manobra no proxecto, é aconsellable cambiar o seu perfil a profesor-administrador.
  • Hay 5 perfís distintos no TwinSpace. A diferenza fundamental entre eles é que só os administradores (profesores ou alumnos) poden crear páxinas de actividades e implementar ou borrar ferramentas. Os profesores-administradores son os únicos que poden invitar ou borrar a membros do equipo, cambiar os perfís e decidir qué se publica e qué se mantén en privado.
  • Usa o perfil de visitante para que os pais e nais de alumnos coñezan o proxecto e vexan cómo se traballa nel. Tamén é útil para membros do equipo directivo ou outros compañeiros que teñan curiosidade por eTwinning.
  • Ten coidado ó borrar usuarios: podes borrarte a ti mesmo accidentalmente.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar