Inicio / Ideas / Recomendacións / Rúbrica para un proxecto de calidade: 6.Resultados, impacto e documentación.
.

Rúbrica para un proxecto de calidade: 6.Resultados, impacto e documentación.

05 
Out 
2015  |  
 

resultados magnifying glass

O punto de partida ideal no deseño dun proxecto eTwinning é empezar polo seu final. Como se dunha viaxe se tratara, fixamos o destino  antes de decidir as etapas; o resultado tanxible ó que queremos chegar antes de tomar decisións sobre os pasos que nos levarán ata el. 

 

O criterio "Resultados, Impacto e Documentación" é  o sexto e último criterio da Rúbrica para un proxecto eTwinning de calidade. (Pica aquí para acceder a todos os criterios)

 

 

O produto final dun proxecto eTwinning, presentado en formato dixital, permitiranos determinar os obxectivos e  contidos, tanto temáticos como procedimentales, necesarios para a súa consecución. Teremos que organizar e secuenciar eses contidos  e planificar os procedementos a seguir nas distintas actividades, así como seleccionar as ferramentas dixitais que se convertirán en instrumentos para conseguilo.

 Un factor de calidade que distingue a un proxecto, é aquel que  ademais de amosar o produto final, documentou o proceso de maneira clara,   deixando constancia ou evidencia das distintas fases da  construción do proxecto.  Como parte desa documentación non se debe olvidar indicar  a implicación  dos distintos axentes participantes, especialmente a  dos alumnos.   Ó deseñar o proxecto, debemos pensar en actividades que motiven ó alumnado e que lles axuden a   involucrarse  na construción do proxecto,  convertíndoos nos verdadeiros protagonistas.

Por outra parte, é imprescindible deseñar  instrumentos de avaliación que sirvan para medir os resultados non visibles do proxecto. Instrumentos que axuden a medir de qué maneira o proxecto ampliou as destrezas dos docentes, as destrezas e coñecementos dos alumnos  e  favoreceu a adquisición  das competencias básicas.  Avaliar tamén  os beneficios conseguidos no social e personal a través da súa participación no proxecto.

 Por último,  é recomendable ser xenerosos e compartir a nosa experiencia co noso entorno cercano: a nosa comunidade educativa,  a nosa localidade, con outros docentes e comunidades, utilizando distintos recursos ou espazos  ó noso  alcance para difundir  o proxecto: os corredores do centro escolar, a web do centro, prensa local , redes sociais.…

 

Vexamos os descritores dos diferentes niveis de calidade para o último criterio  da Rúbrica para a avaliación dos Selos de Calidade “Resultados, impacto e documentación”

 

0             No hai resultados visibles, ni actividade do alumno, nin documentación do proxecto.    

 1             Pobre – Escasos resultados obtidos (procesuais ou finais) ou os resultados claramente non foron elaborados polos alumnos (senón polo docente). Pouca ou nula implicación do alumno nas actividades que se documentaron. Non existe unha documentación do proxecto o esta está fragmentada. 

 2             Aceptable –Preséntanse algúns resultados do proxecto (procesuais ou finais), existe unha intervención esporádica dos alumnos. A documentación do proxecto está incompleta ou non é consistente co material presentado.     

 3             Ben- Preséntanse moitos resultados do proxecto (procesuais ou finais), foron creados polos alumnos, utilizando, na súa maioría, ferramentas adecuadas básicas. A documentación do proxecto contempla a avaliación (polo menos os alumnos reflectiron as súas opinións que poden servir como propostas de mellora). Ademais, existen reflexións sobre a medida na que se alcanzaron os obxectivos. O material, na súa maior parte, axústase á documentación e recolle algunhas notas sobre o impacto (alumnos, docentes e resto da comunidade).           

 4             Moi ben – Preséntase gran variedade de resultados do proxecto algúns de excelente calidade, creados polos alumnos con ferramentas axeitadas. A documentación do proxecto está completa e recolle unha avaliación (capacidades e impacto nos alumnos, reflexións dos docentes) e amosa que os obxectivos establecidos  conseguíronse así como o impacto favorable no resto da comunidade. O material presentado é consistente coa documentación.             

 5             Excelente – Existe gran variedade de resultados presentados, a maior parte deles de calidade excepcional. A documentación do proxecto é exhaustiva xa que recolle moi ben a información e a avaliación (da maioría ou de todas as partes do proxecto), recolle tamén a información sobre o impacto nos alumnos e nas súas capacidades /aprendizaxe, nas capacidades do docente así como no resto da comunidade. Os obxectivos establecidos conseguíronse claramente e documentouse de maneira detallada. O material presentado axústase á documentación.

 O proxecto “Cuído mi entorno” do profesor Juan Peñas Viso do  CPEIP San Babil  en Abilitas, Navarra é un exemplo claro  de cómo desenvolver cada un destes tres aspectos: resultados, impacto e documentación.  (Pica aquí para acceder ó TwinSpace do proxecto)

 Documentación: o proxecto iníciase  cunha actividade “Planificando”, na que comparte de maneira clara os obxectivos, contidos, actividades e resultados finais  esperados para o proxecto.  Ademais, no caso deste proxecto, o TwinSpace completo convírtese nunha evidencia  estruturada e clara que  documenta todo o desenvolvemento do proxecto.

 Impacto:  no mesmo TwinSpace , na actividade “Avaliación”, documéntase o proceso e resultados da avaliación. Cos resultados pódese medir o  impacto que tivo o proxecto e  os resultados non visibles derivados del. 

 

Por último, o proxecto foi difundido no centro escolar e no entorno. A difusión dada ó proxecto por parte de todos os membros documéntase nunha páxina chamada"Difusión"creada especialmente con ese obxecto.

 

 

Fuente de las imágenes: SNA eTwinning.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar