Inicio / Ideas / Recomendacións / Rúbrica para un proxecto de calidade: 5. Uso da tecnoloxía
.

Rúbrica para un proxecto de calidade: 5. Uso da tecnoloxía

07 
set 
2015  |  
 

uso tecnologia magnifying glass

Para a inmensa maioría dos docentes, eTwinning identifícase con tecnoloxía. En efecto, a actividade nos diversos niveis da plataforma basease no uso de ferramentas tecnolóxicas. Porén, non debemos olvidar que eTwinning é, por encima de todo, un programa educativo.

A tecnoloxía ten un papel importante, pero só como instrumento, como un medio para alcanzar los obxectivos didácticos que nos teñamos formulado. O importante nun proxecto eTwinning non son as ferramentas que se usan, se son máis ou menos complexas, sofisticadas ou novidosas; o realmente importante é cómo se usan, se axudan a alcanzar los obxectivos, se facilitan a colaboración e a creatividade, se se usaron de forma orixinal.

 

 Normalmente, deseñamos un proxecto e as súas actividades a partir das ferramentas que coñecemos: se sei usar -por exemplo- Power Point, expoño unha actividade na que o obxectivo sexa dar algunha información nese formato. Porén, aínda que sexa o enfoque máis común, é erróneo: planificar un proxecto a partir das ferramentas que coñecemos pode supoñer unha limitación significativa. Fagámolo ó revés: "¿Que quero conseguir nesta actividade?" "¿Como quero organizar o traballo dos alumnos: parellas, grupos, individual?" "¿Como me gustaría que compartiran os resultados?" Cando teñamos decidido as respostas a estas preguntas, e non antes, busquemos as ferramentas que poidan servirnos; con casi total seguridade, existen e teñen versións gratuítas que nos permitirán experimentar. Dese xeito, non limitaremos o noso proxecto ó que sabiamos con antelación; ampliaremos os nosos coñecementos sobre ferramentas e conseguiremos facer un proxecto máis eficiente desde o punto de vista educativo.

Ante esta proposta surxe a dúbida de ónde podemos buscar as ferramentas que necesitamos. Sabemos que existen, pero ¿cales son? ¿onde están? ¿como buscalas? Para empezar, temos grupos de alumnos que dominan e se senten motivados por algunhas ferramentas que os docentes non coñecemos; preguntémoslles a eles. Seguro que nos poden ofrecer suxerencias. Por suposto, temos tamén outros compañeiros. Non se trata de atopar a alguén que coñeza máis ferramentas ca  min; chega con atopar a alguén que domine unha ferramenta que eu non coñeza, algo que engadir á miña equipaxe dixital. Por suposto, está Google (ou calquera outro motor de busca); se facemos as preguntas correctas, teremos las respostas axeitadas. Por comezar por algún sitio, podemos propoñerche a lista de eTwinning en List.ly. Se filtras coa etiqueta "Ferramentas" encontrarás recursos interesantes. Podes encontrar unha lista máis amplia neste Symbaloo realizado de forma colaborativa por diversos embaixadores eTwinning. Como último exemplo de ónde buscar, "ICT4U", un proxecto eTwinning que trata precisamente sobre cómo usar diversas ferramentas na aula. É de 2009, pero segue sendo perfectamente válido e vale a pena botarlle un bo vistazo.

Finalmente, se estamos falando do uso, non todo é cuestión de ferramentas. Temos que educar ós nosos alumnos (e educarnos a nós mesmos) no uso correcto de internet, en cómo e qué comunicar: a privacidade, a seguridade dos datos, o respecto ós dereitos de autor e de reprodución, o uso de materiais con licenza Creative Commons, ou as normas de comportamento básicas na comunicación en liña son tamén aspectos que deben ser cuidados nos nosos proxectos. A continuación, tes os diferentes descritores de calidade do criterio "5. Uso da tecnoloxía":

0. Non existe ningunha interacción e non se comparte nada. Non se usa nin o TwinSpace nin ningunha outra ferramenta.

1. Escaso uso de ferramentas comunicativas tales como el TwinSpace ou outras.

- Os alumnos non están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas. 

- Os documentos elaborados polos alumnos e docentes non se almacenan no lugar axeitado. 

- Non existe unha distribución do traballo. Un docente encargouse de publicar todos as mensaxes nos blogs, por exemplo. 

- Cando se amosa información, non se teñen en conta aspectos relativos á seguridade en Internet tales como: non publicar fotos dos alumnos, listas cos seus nomes, imaxes ou música con copyright, etc. 

2.   - Únicamente algúns alumnos están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas. 

- Utilizáronse algunhas ferramentas comunicativas ou do TwinSpace: ferramentas básicas para intercambio de información (textos, fotos e posiblemente vídeo-presentación de imaxes). 

- Non todas as entradas son producións auténticas dos alumnos (por exemplo, documentos que conteñen información copiada directamente de Internet). 

- Existe certa conciencia sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables, pero non hai preocupación sobre asuntos de copyright en imaxes, música…

 

3.     - Úsanse algunhas ferramentas de comunicación do TwinSpace. 

- Úsanse blogs comerciais pero non se tivo en conta a publicidade nos mesmos. 

- Úsanse ferramentas creativas para o intercambio entre alumnos.

- Créanse documentos con software para presentacións, vídeo, etc.

- Existe certa conciencia sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables; tivéronse en conta aspectos relativos ó copyright da música e imaxes utilizadas pero non en todos os casos

 

4.     - Úsanse ferramentas de comunicación do TwinSpace ou externas.

- Úsanse blogs comerciais sin publicidade nos que se ve un alto grao de participación por parte de TODOS os alumnos implicados no proxecto. 

- Úsanse ferramentas creativas para intercambiar información. 

- Prodúcense documentos multimedia co software apropiado, edición de vídeo…

- Úsanse wikis…

- Existe conciencia plena sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables; tense sempre en conta aspectos relativos ó copyright da música e imaxes utilizadas.

 

5. Igual que no punto anterior, pero ademais levouse á práctica cun uso especialmente intelixente e creativo por parte dos alumnos.

Se queres ver un exemplo especialmente bo e reciente do uso das TIC,  recomendámosche AIMS (Alternatives for Innovative Math Study), da profesora Valentina Cuadrado, do IES "Alonso de Madrigal", en Ávila, Premio Nacional eTwinning 2015.

 

Fonte das imaxes: SNA eTwinning.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar