Inicio / Ideas / Recomendacións / Nuevos grupos en eTwinning Live
.

Nuevos grupos en eTwinning Live

13 
Out 
2015  |  
 

 

grupo freepik image

Tras o lanzamento de eTwinning Live reorganizáronse e remodeláronse os grupos eTwinning, concebidos para debater temas específicos entre docentes nun entorno privado da plataforma.

 

 

 

 

 

Estes entornos  permiten ós seus participantes conversar, compartir exemplos, debater métodos pedagóxicos e recibir apoio para o seu desenvolvemento profesional docente.

 

Os novos grupos están moderados por usuarios de eTwinning que fixeron o  curso de moderadores de eTwinning. En cada grupo prepáranse actividades e tarefas para realizar e debatir. Os temas van desde o ensino de idiomas ou o espíritu emprendedor na educación ata as ciencias, tecnoloxía, enxeñería ou as matemáticas. Animámosvos a que naveguedes por todos eles e seleccionedes aqueles nos que vos gustaría participar.

Como me apunto a un grupo eTwinning?

Apuntarse é moi sinxelo, chega con entrar no teu escritorio e ir á sección ‘Grupos’ e acceder desde alí, tal e como che mostramos na seguinte imaxe.

eTwinningLive grupos acceso

 

Grupos populares que se trasladaron a eTwinning Live

Bringing eSafety into eTwinning projects

Modera: Aneta Wilk

Os obxectivos xerais do grupo son os de proporcionar, por un lado ós docentes orientación en canto a seguridade na rede que lles permita desenvolver materiais didácticos en liña e, por outro, concienciar ós alumnos sobre o uso responsable dos medios dixitais, especialmente no contexto dos proxectos eTwinning.

Creative Classroom
Modera: Irene Pateraki

Unha comunidade de docentes con máis de sete anos desde a sua creación onde se comparten  experiencias e ideas e se participa en actividades creativas e sesións tipo webinars.

English as a Second Language
Modera: Jan Christer Sannes

Grupo de interese para calquer docente de eTwinning que ensine inglés como lingua estranxeira. Un lugar no que atopar inspiración e cooperación.

Entrepreneurship in education
Modera: Kornelia Lohynova

Este grupo sobre o espíritu emprendedor na educación. Traballan as competencias clave do sentido da iniciativa e espíritu de empresa e trabállase para integrar estes contidos nas materias educativas de todos os niveis.

Game-based classroom
Modera: Glykeria Gkouvatsou

Este grupo pretende aproveitar o interese común que despertan os xogos na xuventude e integrar esas dinámicas lúdicas, a cooperación e o pensamento crítico nos procesos de ensino/aprendizaxe.

Inclusive education
Modera: Marijana Smolčec

Un grupo para calquer docente que desexe mellorar as súas habilidades pedagóxicas e competencias de cara ó ensino de alumnos con  necesidades educativas especiais. Un grupo de apoio no que comparte experiencia docente, materiais e actividades orientadas á inclusión educativa.

Non-formal education
Modera: Violeta Hortensia Solomon

Un grupo docente para descubrir e propoñer estratexias e pedagoxías interactivas e lúdicas que fagan da aprendizaxe un proceso significativo e ameno, un proceso que ten que ver moito máis con coñecerse a sí mismo e o mundo que nos rodea.

On s'amuse en classe FLE
Modera: Lydia Huskens

¿Buscas actividades divertidas para darlle vida as túas clases de francés? ¿Buscas ideas novas para animar ós teus estudantes a aprender a lingua de Molière? ¿Pregúntaste cómo se ensina francés noutros países europeos? Se é así, encontra inspiración  neste grupo para docentes que impartan francés.

STEM
Modera: Rafael Montero

Un grupo para docentes de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (CTIM) de todos os niveis. Este grupo constitúe un punto de encontro onde compartir e aprender sobre ámbitos do máis variado como nanotecnoloxía, TIC, astronomía, aprendizaxe baseado  na investigación, intelixencias múltiples, fomento das vocacións científicas, cooperación, ferias de ciencias...

Sustainability Education Network Service eTwinning (SENSE)
Modera: Agustín Bastida Rodríguez

¡Educa en verde! Conservemos un planeta do que poidan disfrutar xeracións futuras. Pegada de carbono, efecto invernadeiro, cambio climático, reciclaxe, enerxía, auga... son só algúns dos aspectos máis comúns que se tratan cando falamos do medio ambiente, pero a educación para a sostenibilidade vai máis alá. ¡Que non cho teñan que contar! Ven  comprobar de primeira man o que é. You know it makes SENSE!

 

Agustín Bastida Rodríguez, coordinador do grupo SENSE, cóntanos máis cosas sobre o traballo que desenvolven neste grupo  no seguinte documento:

Sense group etwinning a bastida color from SNA_etwinning

Como puideches ler neste artigo, a oferta de grupos é numerosa e variada. ¡Anímate e participa nos novos grupos!!

Fonte de las imaxes: eTwinning Live e imagen Diseñado por Freepik.es

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar