Inicio / Ideas / Recomendacións / Rúbrica para un proxecto de calidade: 4. Colaboración
.

Rúbrica para un proxecto de calidade: 4. Colaboración

01 
set 
2015  |  
 comunicacion magnifying glass

 

Retomamos a nosa serie de artigos sobre os criterios de calidade en eTwinning co que probablemente sexa o máis importante da lista: a colaboración. 

 

As ferramentas, os consellos, as propostas de proxecto e, en xeral, todo o apoio e inspiración que podes atopar en eTwinning teñen como obxectivo principal que se xeren contextos de colaboración entre os centros asociados. É o criterio arredor do cal se articulan e cobran sentido os demais.

 

 

Comecemos establecendo o que NON é colaboración. Por suposto, non todas as actividades dun proxecto teñen por qué ser colaborativas, pero dalgunha forma deben polo menos preparar, facilitar ou aportar elementos para que esa colaboración teña lugar. Analizabamos no artigo anterior a comunicación entre os participantes. A colaboración necesita dunha comunicación eficiente, pero debe darse un paso máis. Colaborar non é só comunicarse, da mesma forma que tampouco é que os centros traballen por separado e que ó final se limiten a sumar os resultados do seu traballo, sexa acumulando arquivos nunha carpeta común ou uníndoos nun arquivo maior. Para que unha actividade sexa colaborativa, a comunicación debe ter un obxectivo operativo relacionado cun obxectivo concreto (por exemplo, videoconferencias para decidir o mellor formato de presentación dun traballo, ou carpetas comúns para subir documentos que os compañeiros necesiten). O traballo en paralelo debe sustituirse por traballo conxunto, coordinado, en equipo. Finalmente, o produto final non debe ser un simple suma, senón o resultado de aportacións entremesturadas, no que sexa difícil determinar qué partes foron elaboradas por quén, porque todas estean estreitamente relacionadas.

 Precisamente, o produto final é clave para o deseño dunha actividade colaborativa. Se pretendemos facer un libro organizado en capítulos por países, xa estamos poñendo desde esa exposición límites ó nivel de colaboración que poderemos alcanzar; chéganos cunha simple suma de traballos parciais. Debemos aspirar a produtos que obriguen á comunicación, a interacción e a transmisión de coñecementos entre os componentes do grupo. A división de tarefas non debería organizarse por países, senón a partir da variedade de destrezas e habilidades dentro dun grupo, cuxos componentes deben apoiarse na necesidade mutua. Básicamente, trátase tan só de cambiar un parámetro: cando iniciamos un proxecto en eTwinning, non estamos xa en dúas clases distintas, cun profesor e 30 alumnos en cada unha. O que temos en eTwinning é unha única aula, con dous docentes e 60 alumnos. O espazo xa non o determinan as paredes, nin a distancia física: a aula é a rede. Se imos dividir ós alumnos en grupos, non hai motivo para que os seus membros teñan que estar sentados en mesas contiguas; chega con que poidan comunicarse entre sí. Podes ver unha explicación máis detallada no seguinte vídeo.

 Vexamos os descritores dos diferentes niveis de calidade para o punto "4. Colaboración entre os centros participantes."

 

0. Non se propón nin existe ningún tipo de colaboración

 

1. No se propón actividades ou produtos colaborativos pero existen intentos, aínda que fallidos.

 

2. Igual que o punto anterior, pero non todos os intentos son fallidos e existe algunha colaboración esporádica.

 

3. Existen mostras claras de actividades colaborativas. Esta colaboración amósasenos  nun TwinSpace, blog ou outra ferramenta de comunicación ben organizada, que amose o traballo dos alumnos (clasificado por temas, por exemplo), confirindo unha idea clara dos intercambios e da colaboración entre eles.

 

4. As actividades de colaboración deron como resultado un traballo ou un produto final realizado empregando ferramentas especialmente axeitadas (wiki, por exemplo).

 

5. Igual que o punto anterior, pero cunha calidade especialmente alta; as producións son orixinais, o traballo internacional é riguroso...

 

Ás veces, parécenos que os niveis de colaboración máis altos só poden alcanzarse con alumnos maiores. Porén, isto non é así. Temos un bo exemplo dun proxecto de Primaria con actividades colaborativas de gran calidade en "Booky's Books for you", da profesora Maite Elejalde, del CEP "Virgen de la Guía", en Portugalete, Premio Nacional eTwinning 2015.

 

Fonte das imaxes: SNA eTwinning

  

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar