Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / AIMS Alternatives for Innovative Maths Study
.

AIMS Alternatives for Innovative Maths Study

27 
Feb 
2014  |  
 

 

logo AIMS projectTrátase dun proxecto multidisciplinar dirixido ó alumnado de 11 a 16 anos, no que participa a docente Valentina Cuadrado Marcos e outros docentes do seu centro (IES Alonso de Madrigal, Ávila)  que persigue incrementar a motivación e o interese hacia o estudo das matemáticas desde unha perspectiva pedagóxica innovadora.

 

 

O proxecto fundaméntase na teoría das intelixencias múltiples (MI) co obxectivo de detectar e axudar a potenciar as habilidades particulares de cada alumno, descubrir os seus intereses, e adaptar os métodos de ensino idóneos a cada caso particular. Desta maneira o proxecto non só contribúe a aumentar a autoestima do alumno senón que ademais promove o respeto mutuo, a tolerancia e a comprensión hacia capacidades diferentes de aprendizaxe.

 

 

A través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o alumno participa activamente creando os seus propios materiais de aprendizaxe dacordo as súas necesidades e características como aprendiz. Estimúlase no alumnado o espíritu de investigación, o desenvolvemento de competencias dixitais  e lingüísticas, á vez que se lles proporciona oportunidades para descubrir a conexión entre as matemáticas e o entorno que os rodea. A capacidade para usar as matemáticas para comprender e resolver problemas do mundo real promove a súa autonomía e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Realízanse dous tipos de actividades:

- Locais: durante un período de 2 meses cada escola asociada desenvolve e comparte actividades en liña diversas para o mesmo tipo de intelixencia: crucigramas, mapas mentais, historias matemáticas, WebQuests, rompecabezas, codificación de mensaxes, vídeos e cancións inspiradas en conceptos matemáticos, análises de construccións matemáticas, etc.  Establécense relacións entre as matemáticas e outras áreas: deporte, Bioloxía, Xeografía, recoñecemento de Xeometría na Arte, estudo da simetría na natureza, as matemáticas na arquitectura, etc.

dipityAIMS

- A nivel transnacional proponse reunións en todas as escolas asociadas: España, Francia, Italia, Polonia, Grecia, Países Baixos e Rumanía. Durante cada reunión do proxecto, todos os participantes traballarán en actividades específicas para un  tipo de intelixencia.

geolocalizacion AIMS

 

geogrebraAIMSSorprendenos a cantidade de ferramentas e soportes dixitais empregados no desenvolvemento do proxecto (nubes de palabras, uso do software de Xeogebra, líñas temporais virtuais, xeolocalización, presentacións, vídeo, podcasts, blogs, wikis, etc)

Como resultado final do proxecto, se proponse a realización dun kit de materiais pedagóxico apropiado para cada tipo de intelixencia co que estimular o interese do alumnado polas matemáticas. Todas as actividades aloxaranse en formato blog e tamén se distribuirán en soporte DVD. Tamén se pretende a creación dunha guía docente para que os métodos e estratexias acometidos poidan ser reutilizados por futuros docentes. Outros produtos finais pretendidos engloban un diccionario plurilingüe común de térmos matemáticos en formato wiki, xogo de mesa, exposicións, álbumes dixitais de fotos, folletos e carteis varios, así como cancións e vídeos.

blogAIMS

Desde o SNA felicitamos a docentes e alumnos participantes neste proxecto pola calidad e variedade dos materiais e soportes usados e por apoiar formas innovadoras de achegamento ó mundo matemático.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar