Europe on string
Europe on string é un proxecto Comenius-eTwinning cuxa temática xira en torno á expresión artística e o intercambio de aspectos socioculturais. Un dos fundadores do proxecto é o CEIP San Fernando (Aranxuez) que desenvolve este traballo en colaboración con outras 8 escolas de Ensino Primario e Preescolar de Bélxica, Reino Unido, Francia, Turquía, República Checa e Finlandia.
Un dos obxectivos fundamentais de Europe on string é a promoción da liberdade de expresión, sentimentos e valores, así como o respecto cara outras linguas e culturas de Europa. Para os docentes participantes, tamén constitúe unha oportunidade única para coñecer a fondo o sistema educativo de cada un dos países participantes e intercambiar ideas e impresións.
O proxecto centra o seu traballo fundamentalmente no teatro de títeres como escusa e fonte de coñecemento para dar a coñecer aspectos culturais, historia, tradicións e folclore de cada país. O alumno participa activamente da posta en escena, desde os diálogos, historias e decorados ata os personaxes, unhas divertidas marionetas feitas polos propios alumnos que a través de historias, cancións e viaxes imaxinarias, van descubrindo as singularidades de cada país ó resto dos socios.
Os alumnos aprenden a traballar en equipo, toman conciencia da importancia da comunicación visual e do uso da lingua estranxeira e, sobre todo, aprenden a desenvolverse no uso de ferramentas de comunicación (correos, chat, videoconferencia,participación en blogs, etc) e audiovisuais (creación de logos e presentacións, álbumes de fotos, películas, marionetas de debuxo animado, etc)
Felicitamos a profesores e alumnos pola súa participación activa nun proxecto que estimula a imaxinación e a liberdade de expresión artística, que contribúe ó desenvolvemento de competencias lingüísticas nun contexto de aprendizaxe lúdica e significativa, e o sentimento dunha identidade europea común.
Fuente de las imágenes: TwinSpace.