Anotaciones a un bosque

31 
Mar 
2014  |  

Logo anotaciones bosque2Anotaciones a un bosque es un proyecto eTwinning-Comenius, que coordina la docente, Alicia López Palomera (IES Salvador Gadea en Aldaia-Valencia) junto a sus socios de proyecto de Italia, Rumanía e Italia.

 

 

 

 

Anotacións a un bosque é un proxecto eTwinning-Comenius, que coordina a docente, Alicia López Palomera (IES Salvador Gadea en Aldaia-Valencia) xunto ós seus socios de proxecto de Italia, Rumanía e Italia.

O proxecto desenvólvese como unha viaxe por centros europeos ubicados en zonas de interese pola súa proximidade a diversas familias boscosas: mediterráneas, de montaña, de rexións tépedas…

postales anotaciones bosque

Os socios inician a súa investigación en busca de árbores ás que estudan como fonte de vida e recursos, e como fonte de inspiración de historias, lendas e música. Como resultado deste itinerario polos bosques, os alumnos elaboran un Caderno de Viaxe que ilustran cos seus apuntes, bocetos, fotografías, mapas de sendeiros e impresións persoais. (Pica sobre a imaxe da esquerda para acceder ás postais)

 

 

Un dos aspectos máis destacables do proxecto é o seu carácter multidisciplinar conseguindo con éxito integrar varias materias con actividades extraescolares dos centros participantes e á vez traballar con alumnado de distintas idades e niveis educativos.

 

ver sentir bosque Contidos diversos como a vida dos bosques e o seu ecosistema, o seu reflexo na literatura e as artes, intégranse  no currículo desde un enfoque CLIL que permite ós alumnos usar a lingua estranxeira nun contexto real de uso, compartir aspectos do seu entorno e comparalos cos dos centros socios.

 

 

 


 

O proxecto presenta unha boa planificación e organización dos resultados. Os distintos documentos visualízanse de forma casi cronolóxica. Sen dúbida, as mobilidades físicas de alumnos e profesores contribuíron de maneira positiva a esta boa coordinación.

Resaltamos a participación activa dos alumnos en todas as tarefas propostas, creando materiais a partir de reflexións individuais e posta en común de resultados. Neste sentido, o proxecto brindoulles a oportunidade de experimentar qué significa ser membro activo dunha comunidade e os beneficios de traballo en equipo.

pagina anotaciones bosque

O proxecto foi desenvolto  no TwinSpace e no Diario de proxecto. Todas as actividades e mobilidades realizadas poden consultarse ademais no apartado   Anotacións a un Bosque da página web do instituto.

 

 

 

 

 

 

 

 

Desde o SNA felicitamos a docentes e alumnos participantes pola súa participación nun proxecto que promove a dimensión europea, a creatividade, as relacións humanas e o traballo ben feito en equipo. 

 

Fonte imaxes: TwinSpace e espazo web do proxecto.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar