Inicio / Ideas / Recomendacións / Melloras no escritorio eTwinning
.

Melloras no escritorio eTwinning

09 
Abr 
2012  |  

nube copia

O pasado día 4 de abril lanzouse a nova versión do escritorio eTwinning.  Implementaronse notables melloras en diversas seccións que especificamos a continuación.

 

 

 

                                                       

Image_gestionarnotificaciones

1. Páxina de inicio
As notificacións aparecen agora no recadro esquerdo. Este cadro non pretende substituír o menú despregable na barra superior senón facelo máis visible. Agora poderás consultar as túas notificacións máis recentes a un golpe de vista e xestionalas picando no enlace ''manage notifications'' (''xestionar notificacións'') que hai na parte superior do listado. Lembrámosche que, se o desexas, podes subscribirte ás notificacións e recibir un correo electrónico para estar ó tanto.
 

 

 

2. Salas de Profesores


Image_missalas

a. Anuncios. Os creadores destas salas poden engadir anuncios na páxina principal das salas co fin de publicar noticias, resumos, etc. Estes anuncios pódense editar en calquer momento e son visibles a todos os membros ¡Anímate e emprega esta funcionalidade! Seguro que a atopas útil.

b. Subscribirse ás notificacións. Calquer usuario pode subscribirse ás distintas salas e recibir notificacións sobre cada nova entrada escrita en ditos foros. Esta posibilidade estaba oculta no cadro de notificacións. Para subsanar este problema, agora é visible desde a páxina principal das salas. Subscríbete ás notificacións das túas salas e non te perdas o que ocorre nelas.


suscribete

c. Crear unha nova sala. Agora esta posibilidade non se atopa na páxina principal da sección. Se queres crear unha sala de profesores, debes picar primeiro en "As miñas salas".

Image_crear_nuevas_salas

3. Foro de busca de socios

Podes ver todas as túas mensaxes e as respostas que che deixasen cun só click. Para isto, debes ir á sección "Encontrar socios", no recadro superior dereito "Ver todas as miñas mensaxes" ¡Xa non terás que buscalas unha a unha!

Image_ver_mensajes

4. Rexistro de proxecto

A partir de agora, cando rexistres un novo proxecto, deberás seleccionar o centro educativo co que queres rexistralo. Deste xeito, se tes varios centros no teu perfil, poderás seleccionar fácilmente en qué centro se desenvolverá o proxecto, evitando así erros.

Image_elección_centro_escolar

5. Desactivar o perfil

A plataforma lanza mensaxes de verificación a aqueles usuarios que seleccionasen a opción de desactivación de contas.


desactivarperfilymensaje


6. Invitación a un proxecto

Cando un usuario rexistre un proxecto na plataforma, o segundo socio fundador recibirá un correo informándoo para que entre no seu escritorio e acepte o proxecto. Esta utilidade mellora a comunicación entre os socios desde o primeiro momento do proxecto.
Esperamos que atopes útiles estas melloras. Todas foron deseñadas para facilitarche o uso da plataforma eTwinning. Visita o teu escritorio e comproba como funcionan.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar