Inicio / Ideas / Recomendacións / Participa nas Salas de Profesores
.

Participa nas Salas de Profesores

08 
Mar 
2011  |  

Atópanse activas cincuenta e tres Salas de Profesores creadas por un tempo limitado,  nun principio de dous meses. ¿A súa finalidade?  non só que os profesores compartan materiais, experiencias , dificultades e as correspondentes ideas para a súa resolución; tamén, servir de espazo de debate e discusión dos máis variados temas, facilitar a preparación de seminarios e talleres ou compartir a experiencia dos xa realizados trala súa finalización.

salas_de_profesores_lista

Cun número de membros que varía de dous, no caso das máis pequenas, a novecentas cincuenta e unha, no caso da máis numerosa, e diferentes linguas de comunicación, tales como inglés, alemán, francés, turco, entre outras, as salas convertéronse nun activo medio de comunicación para os distintos axentes implicados en proxectos eTwinning: profesores, embaixadores, membros do SNA e do SCA,…

As salas máis populares

Unha das Salas máis activas é a relativa ó Helpdesk: nesta sala, de carácter público,  os etwinners formulan a outros colegas dúbidas relacionadas co funcionamento do escritorio e atopan resposta ás mesmas, o que constitúe un bo exemplo de colaboración:

Salas_de_profesores_Helpdesk

Tamén houbo unha grande participación na Sala dedicada a Web 2.0 applications and IT-tools for projects, de carácter  restrinxido (para poder contribuír necesítase estar invitado),  que tivo  a súa continuación nunha nova edición creada para este ano:

Salas_de_profesores_web_2.0_applications

Nela os profesores propón, buscan e intercambian información sobre ferramentas 2.0 útiles para usar nos seus proxectos: Issuu, Slideshare, myebook, Flashmeeting, Voicethread e moitas máis.

Accede ás salas desde o teu escritorio, anímate e participa, uníndote a unha ou creando a túa propia en función dos teus intereses; hai salas para todos os gustos: promocionar eTwinning, A lectura é divertida,  Seguridade na rede, Drama,… pero, ata o momento, ¡ningunha en español!

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar