Inicio / Formación / Miniotitoriais / Público e privado dentro do TwinSpace
.

Público e privado dentro do TwinSpace

12 
Xan 
2011  |  

Unha das características fundamentais da plataforma de traballo eTwinning é a privacidade e flexibilidade que ofrece ós docentes á hora de traballar en internet con alumnos. Cando se traballa con menores nunha "aula online" formúlanse moitas dúbidas. En xeral queremos facer públicos os contidos pero non os datos persoais dos alumnos nin quizais as súas fotos aínda que se desexen intercambiar cos socios do outro centro. Así mesmo, os profesores poden desexar elaborar documentos de traballo ou avaliacións que non ten porqué estar dispoñibles para os alumnos aínda traballando no mesmo proxecto.

O TwinSpace dá resposta a un deseño de proxecto que se propoña ter contidos privados e públicos.

Páxinas públicas e privadas dentro dun TwinSpace

Para publicar unha páxina de actividades completa, faremos clic na pestana Actividades do proxecto, de tal forma que poidamos Publicar/Ocultar cada actividade (páxina do TwinSpace) do proxecto. Máis información. Por exemplo, poderíamos ter unha páxina privada (oculta) chamada Presentacións na que os alumnos dos centros asociados compartan de forma segura as fotos, vídeos ou descricións que os leve a coñecerse mellor ó comezo do proxecto.

paginasTS2

ATT00264

Elementos públicos e privados dentro dunha mesma páxina do TwinSpace

Dentro dunha mesma páxina podemos ter actividades a compartir só cos socios (ocultas) e actividades públicas. Por exemplo, poderíamos facer privado un foro no que os alumnos discuten sobre a forma de organizar un blog sobre o seu entorno (detrás de bambalinas) e público ese blog  no que se traballa a tarefa unha vez planificada. 

 ATT00267

Zona reservada para profesores

Cada TwinSpace créase cunha área de uso restrinxido para os profesores, a Sala de profesores. Será o lugar perfecto para que se comuniquen, planifiquen as tarefas do proxecto ou garden datos de xestión da aula, como avaliacións, cualificacións, etc. Os alumnos tamén ten unha área "privada", O Rincón do alumno (aínda que os profesores non poden escribir ou modificar contidos aí, si que poden velos).

salas de profesores y alumnos

A plataforma permite unha configuración moi flexible que se adapta a calquera exposición de proxecto. Os docentes só tedes que decidir e sopesar qué parte do proxecto debe ser difundida e qué contidos se manterán privados e seguros.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar