Inicio / Formación / Miniotitoriais / Que facer se un profesor cambia de centro escolar
.

Que facer se un profesor cambia de centro escolar

23 
Mar 
2011  |  

cambio_centroCando un profesor que xa está inscrito na plataforma eTwinning, cambia de centro escolar, non debe nin rexistrarse de novo nin modificar no seu perfil os datos do centro. Se  fai iso, modificará os  datos de todos os profesores  que estean inscritos en eTwinning con ese centro. O que debe facer é engadir un novo centro escolar no seu perfil.

 

 

O proceso é o seguinte:

1.- Accede ó Escritorio eTwinning.


cambiar_centro1


2.- Fai clic en modificar o perfil  e poderás ver toda a información do teu perfil nunha pantalla como ésta:


cambiar_centro2


3.- A información preséntase en 4 campos distintos: información persoal, do centro escolar, as túas preferencias e a Galería de fotos (inicialmente visualizarás a túa información persoal). Pica na  pestana Centro escolar e  verás a información do centro co que estás inscrito en eTwinning nunha pantalla como ésta:

cambiar_centro3

4.- Para introducir os datos do teu novo centro, fai clic en ENGADIR UN CENTRO ESCOLAR. Iniciarás o proceso de rexistro dun novo centro ó perfil que xa tes.

a.- Selecciona o país, a rexión e a cidade, e debaixo aparecerache un listado de centros que xa están rexistrados en eTwinning.  Comproba en dito listado se o teu novo centro xa está  rexistrado  na plataforma. Nese caso, pica no vínculo “Este é o meu centro escolar”,  que aparece ó lado do nome do teu novo centro. Deste xeito, aforrarás tempo neste proceso.

cambiar_centro4

b.- Se o teu novo centro non está no listado, fai clic no botón “Faga clic aquí para inscribir un novo centro escolar” e aparecerá un formulario, como na imaxe de abaixo,  no que hai que introducir os datos do novo centro escolar, e outros relacionados coas preferencias de asociación.

cambiar_centro5

 

5.- Unha vez completado o formulario, non te esquezas de facer clic en    cambiar_centro6

6.- Volve á páxina de INICIO do Escritorio e verás que xa aparece no teu perfil o novo centro escolar.

cambiar_centro7

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar