Inicio / Formación / Preguntas frecuentes - Temas xerais
.

Preguntas frecuentes - Temas xerais

Podo enlazar un proxecto eTwinning cunha asociación Comenius ou un proxecto Leonardo?

26
Mar
2010

Por suposto que se pode. De feito, eTwinning pode ser unha magnífica ferramenta para atopar socios cos que levar a cabo estas outras accións.. Ademais, a plataforma eTwinning pode usarse como lugar de traballo no que desenvolver as actividades deses proxectos.

Para saber máis: http://www.etwinning.es/curso/index.php/Documentos_1.c:_eTwinning_en_Comenius

 

Quen pode rexistrarse en eTwinning?

25
Mar
2010

Poden rexistrarse todos os profesores de ensino non universitario: Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, ou outras modalidades como Escolas Oficiais de Idiomas ou Conservatorios. Só é necesario estar traballando nalgún centro de ensino supervisado polas autoridades educativas correspondentes.

   

Como podo solicitar axuda e/ou información?

18
Xan
2010

Podes empregar os formularios de Información (para información xeral sobre o programa) e Asistencia (para asesoramento) que aparecen na páxina principal da web e na sección "Contacto". Asegúrate de escribir correctamente o teu enderezo de correo electrónico.

   

Que é eTwinning?

14
Xan
2010

eTwinning é un programa educativo que promove e ofrece ferramentas para establecer proxectos educativos conxuntos a través da Internet entre dous ou máis centros educativos de distintos países de Europa, baseados no traballo en colaboración, o uso das TIC e a potenciación da dimensión europea na educación.

eTwinning comezou no ano 2005 como parte do programa eLearning da Unión Europea para a integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) nos sistemas de educación e formación en Europa. Actualmente, constitúe unha medida de acompañamento da acción Comenius dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente (Lifelong Learning) posto en marcha en xaneiro de 2007 e que rematará a súa actual fase en 2013. A plataforma eTwinning conta na actualidade con  apróximadamente 90.000 profesores rexistrados en Europa (dos cales máis de 8.300 son españois) e uns 5.000 proxectos activos (datos de marzo de 2010).

Os proxectos escolares conxuntos, cada vez máis frecuentes en Europa, motivan ós estudantes de países distintos para que traballen en colaboración. Éstes aprenden doutras culturas á vez que practican destrezas relacionadas coas novas tecnoloxías e as linguas estranxeiras e desenvolven contidos curriculares de calquer materia.

Os profesores teñen a oportunidade de coñecer a outros docentes europeos e intercambiar ideas, o que lles permite mellorar os métodos de ensino propios comparando e aplicando distintos enfoques, ampliar o coñecemento dun campo concreto ou, simplemente, compartir información.

En 2010, o número de países participantes era de 32, dos cales 5 non pertencen á Unión Europea (UE): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia (non UE), Chipre, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia,  Holanda, Antiga República Iugoslava de Macedonia (non UE), Francia, Grecia, Hungría, Islandia (non UE), Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega (non UE), Polonia, Portugal, Rumania, Suecia, Turquía (non UE) e Reino Unido.

   

Onde podo atopar proxectos eTwinning xa iniciados?

12
Xan
2010

Visite na páxina europea o Twinspace, onde atopará todos os proxectos que fan público parte ou todo o seu material. Ademais, pode visitar tamén os Módulos e os Kits, que lle servirán como exemplos. Por último, se quere ver todos os proxectos que están activos pode utilizar o buscador de proxectos da páxina europea.

proyectosyainiciados

   

Páxina 2 de 3

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar