Documentos 3.c: Escritorio

De eTwinning

Volver á Unidade 3


Índice

O Escritorio eTwinning


Escritorio de eTwinning é unha plataforma virtual que permite xestionar a nosa participación en eTwinning.

As funcións básicas que se poden realizar desde o escritorio de eTwinning son:

  • Xestionar o  noso perfil. Poderemos modificar os datos empregados na inscrición en eTwinning, tanto os referentes a nós como os referentes ó noso centro de traballo.
  • Busca dun socio. Trátase de atopar un ou máis docentes europeos que teñan o perfil que desexemos para iniciar un proxecto de eTwinning.
  • Xestionar os proxectos existentes. Poderemos ver novidades sobre eles, acceder ó seu entorno de traballo, etc.


Acceso ó Escritorio de eTwinning.


Unha vez que teñamos confirmado o noso rexistro en eTwinning, disporemos dun nome de usuario e un contrasinal para entrar no Escritorio de eTwinning.

Se te inscribiches na plataforma de prácticas/training, accede desde este enlace http://training.etwinning.net

Se o fixeches na plataforma real, para acceder ó escritorio partimos do portal do SNA español de eTwinning, cuxo enderezo é http://www.etwinning.es (tamén podes facelo desde o SCA, http://www.etwinning.net). Unha vez alí, na parte superior dereita despregaremos o panel “Enlaces rápidos” e no centro apareceranos o lugar onde introduciremos o nome de usuario e o contrasinal que eliximos no momento que fixemos a nosa preinscrición en eTwinning.



Unha vez introducidos os nosos datos, facemos click no botón "Conectar" e xa estaremos dentro.

*A primeira vez que se intenta acceder ó Escritorio, aparece unha mensaxe que solicita ó usuario a lectura e aprobación do estatuto de privacidade e o código de conduta de eTwinning:

'



Unha vez aceptado, esta mensaxe non aparecerá máis.

Ver en pantalla completa



Seccións do Escritorio.


Na parte superior do Escritorio de eTwinning aparecen unha serie de pestanas que permiten acceder a cada unha das seccións que o compoñen, e que describimos a continuación.

 

Inicio

Inicio é a páxina que aparece ó entrar no Escritorio. Proporciona unha serie de accesos directos ós apartados máis importantes do Escritorio.



As áreas que se destacan na imaxe anterior son:

  1. Pestanas de selección. Permítennos cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Nesta imaxe estás vendo a sección 'Inicio'.
  2. Imaxe persoal. É unha área reservada para que engadamos unha fotografía e poida ser vista por outros usuarios de eTwinning.
  3. Mensaxe de benvida.
  4. Edición do Perfil do profesor. Pódense cambiar os datos persoais, os do centro educativo, as preferencias e/ou engadir fotos nosas ou do noso centro.
  5. Cerrar sesión. Abandonas o Escritorio.
  6. Caixa de correo electrónico. Acceso directo á caixa de correo, indicándonos se temos algunha mensaxe nova.
  7. Noticia destacada do SCA. P.e. a Convocatoria dun Encontro Didáctico. .
  8. Noticias de España. Aparecerá un listado con noticias e novidades que o SNA de España publicará para informar a todos os usuarios do máis relevante que ocorre na acción eTwinning.
  9. Recursos. Trátase dun repositorio de recursos educativos.
  10. Grupos. Os grupos eTwinning son comunidades de profesores centradas nun tema de interese común. Este é un novo desenvolvemento desta plataforma e analizarémolo en detalle ó final da unidade 6 deste curso.
  11. Encontros Didácticos. Son actividades de formación para profesores, encontros virtuais curtos e intensivos –de entre unha e dúas semanas- que tratan sobre diferentes temas de varios niveis e disciplinas docentes. Este apartado é un novo desenvolvemento desta plataforma e analizarémolo en detalle ó final da unidade 6 deste curso.
  12. Salas do Profesor. Son espazos que crea o usuario para debater dunha maneira informal temas de interese.

Notificacións. Ubicado na esquina superior dereita de todas as pestanas. Aparecen mensaxes de diversos tipos:

  • Contactos. Notifícanos se algunha persoa nos pediu ser o seu contacto (podemos aceptar ou declinar a oferta), ou se algunha persoa aceptou ser  o noso contacto (nós previamente terémoslle enviado unha solicitude para selo).
  • Proxectos. Infórmase de novidades nos proxectos que estamos realizando (os novos usuarios, baixas, etc.).
               


Na parte inferior da ventá aparece Suscribe e Organizar os avisos.


Facendo clic co rato en Organizar os avisos, o usuario pode suscribirse ó Diario dos seus contactos e ás Salas de profesores. Recibirá un aviso cada vez que un contacto escriba unha mensaxe no seu Diario, e tamén no caso de que algún membro escriba unha nova mensaxe nunha das Salas de Profesores ás que está suscrito.

Ó picar en “Suscribe”, o usuario recibirá unha mensaxe de correo electrónico diario cun resumo de todas as notificacións, incluídas as respostas ó seu propio Diario.


 

Ver en pantalla completa


Vexamos agora a seguinte pestana que aparece na Portada.

Perfil

Esta sección do Escritorio de eTwinning ofrece información sobre o usuario (centro escolar, linguas de comunicación, os contactos que ten, a súa traxectoria eTwinning…), e permítelle modificar os datos que introduciu ó darse de alta no directorio de eTwinning, tanto os persoais como os referentes ó centro, as preferencias e a galería fotográfica persoal e do centro escolar.



As áreas que se destacan na imaxe anterior son:

      1.   Pestanas de selección. Permítennos cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Neste caso estariamos na sección 'Perfil'.

      2.   Fotografía que identifica ó profesor rexistrado.

      3.   Quén son. Unha serie de datos sobre o usuario (centro escolar, cidade, país, linguas de comunicación...).

      4.   A miña vida eTwinning. Este apartado marca os eventos de eTwinning nos que estamos implicados. Por exemplo, que alguén nos inclúe nos seus contactos, inscrición dun proxecto, etc. Observa que debaixo aparecen estas afirmacións:

Estou dispoñible para un proxecto eTwinning   Non   Sí

Estou dispoñible para un proxecto Comenius  Non   Sí

É importante que selecciones SI na primeira para que os profesores doutros países te poidan atopar e se poñan en contacto contigo para iniciar un proxecto; se non a marcas, non aparecerás no Buscador de socios e non te poderán atopar os compañeiros europeos que teñan intereses afíns á túa idea de proxecto. Perderaste moitas oportunidades.

     5.   eTwinning e eu. O meu diario. Neste apartado podemos ir incluíndo mensaxes de interese ou novidades para que sexan lidas por outros usuarios de eTwinning que visiten o noso perfil. Tamén podemos escribir notas no taboleiro de anuncios doutros usuarios, así como outros usuarios poden deixar notas no noso.

     6.  'Osmeus 'contactos. Amosa unha relación dos meus contactos, -profesores que seleccionei no buscador e que aceptaron formar parte dos meus contactos-, que estiveron activos recientemente. Na parte baixa aparece o enlace para engadir novos contactos e para ver todos os que ten o usuario.

     7.   'Os 'meus 'Proxectos'. Listado dos proxectos activos do profesor. Os enlaces de abaixo permiten crear un novo proxecto e ver todos os proxectos nos que participou o docente. Os dous enlaces van á pestana Proxectos.

     8.  'As miñas Salas 'de profesores. Amosa unha relación das salas do profesor ás que pertence o usuario, e na parte inferior, os enlaces levan á pestana Salas de profesores, que veremos máis en detalle posteriormente.

Ver en pantalla completa


Proxectos

Esta sección permite xestionar os proxectos que xa esteamos realizando, así como iniciar outros novos.



As áreas que se destacan na imaxe anterior son:

    1.   Pestanas de selección. Permítennos cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Neste caso estariamos na sección 'Proxectos'.
    2.   Proxectos. Describe brevemente o conxunto de accións que se poden facer desde esta área cos proxectos (invitar a novos membros, solicitar un Selo de Calidade, etc.). Todas estas xestións están detalladas paso a paso na Unidade 4.
    3.  Abertos. Pechados. Pendentes. Facendo clic en cada apartado, apareceranos a relación de proxectos eTwinning que estamos realizando, os que xa están cerrados e os que aínda están pendentes de aprobación, respectivamente.

De cada proxecto aparece a seguinte información:

  • Imaxe identificativa, se subimos dita imaxe.
  • Nome do proxecto e data de inscrición.
  • Selos de calidade do proxecto. O Selo de Calidade é unha mención especial ós mellores proxectos de eTwinning que se están realizando. Desde esta sección pódese solicitar o Selo de Calidade.
  • Accións. Aparecen enlaces para dar de alta a novos socios, modificar aspectos do proxecto, entrar ó TwinSpace, etc.

   4.   Busca. Pódese facer unha busca dun proxecto eTwinning por descrición, tema, idade e/ou idioma de traballo.

    5.  Crear un proxecto novo. Este enlace envíanos a un formulario para inscribir un novo proxecto.


Atopar socios

O primeiro paso que se ten que facer trala inscrición en eTwinning é buscar un socio co que consensuar un proxecto de traballo. Para atopar un socio que se adapte ás nosas expectativas, o Escritorio de eTwinning pon a disposición dos seus usuarios a sección 'Atopar socios'. Nesta sección inclúense dúas ferramentas útiles para a busca: busca por palabras clave e foro de busca de socios.


As áreas que se destacan na imaxe anterior son:
  1. Pestanas de selección. Permítennos cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Neste caso estariamos na sección 'Atopar Socios'.
  2. Busca rápida. Busca por palabras clave. Permite buscar a outros usuarios de eTwinning a partir dunha serie de palabras clave (pódese utilizar directamente para atopar a alguén que xa conocemos, nome, apelido, nome do centro...).
  3. Busca avanzada. Permite filtrar as palabras por campos (función no centro escolar, país, rexión, materia, etc.)
  4. Foro. Permite ler mensaxes doutros usuarios onde expresan as súas ideas de proxecto e invitan a participar nel. Tamén podemos deixar nós unha mensaxe indicando as nosas preferencias para un futuro proxecto ou o perfil de docente que buscamos. Quizais sexa éste o mellor recurso para atopar un socio se non coñecemos a ninguen previamente. Observa que está organizado en apartados segundo a idade dos alumnos participantes no proxecto, máis outro específico para a busca de socios para iniciar unha asociación escolar noutra acción Comenius.
  5. Estás interesado en empregar un kit eTwinning? Se marcas esta casa, abrirase un despregable vertical no que aparecerán todos os kits dispoñibles no portal do SCA que che poden servir de idea e/ou inspiración para o futuro proxecto.
  6. Dispoñible para unha asociación doutra acción Comenius? Se marcas a casa, na relación de profesores que aparecen despois da busca estarán aqueles que no seu perfil seleccionaron “dispoñible para un proxecto Comenius", tal e como mencionabamos no apartado 4 da pestana Perfil/A miña vida eTwinning.
  7. Dispoñible para un proxecto eTwinning? Se activas esta casa, na relación de profesores da busca aparecerán aqueles rexistrados na plataforma eTwinning.

Salas de Profesores


Trátase de espazos creados polo profesor nos que se pode debater sobre temas específicos durante un periodo de tempo. As Salas péchanse 2 meses despois da súa última actividade (excepto no verán). Polo tanto, o tempo que estean abertas pode ser ilimitado. As Salas do profesor pueden ser públicas ou privadas. As públicas están abertas, o seu contido poderá ser visto por todos os usuarios e poderán contribuír á mesma sen ningunha restrición. As privadas poderanas ver todos os usuarios pero só poderán contribuír a elas se son invitados.



As áreas que se destacan na imaxe anterior son:

  1. Pestanas de selección. Permítennos cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Neste caso estariamos na sección 'Salas de Profesores'.
  2. Salas de profesores. Unha breve descrición do que son, que xa vimos no párrafo anterior.
  3. Ver todas as salas. Este enlace leva a un listado de todas as salas que están abertas.
  4. As miñas Salas. Na parte superior do recadro aparece o título ou nome da sala ea data en que foi creado. A frecha horizontal dentro do círculo leva a un listado das salas que cada usuario creou e/ou está participando.



            •Popular. Listado das salas que tiveron máis participación.

     5.  Busca. Permite buscar salas de profesores nas que podes estar interesado. A busca pódese facer por título da sala, materia de debate e/ou lingua de comunicación. Unha sala non aparecerá na busca ata que teña, polo menos, dous membros. Cando se cerra unha Sala, non aparece nas buscas; é invisible para os usuarios pero accesible para os seus membros.

Nube temática. Pódese buscar unha Sala desde a nube temática que está formada por aquelas etiquetas que se usaron ó rexistrar as Salas.


A información recollida neste apartado queda resumida na seguinte animación:

Ver en pantalla completa

Recursos

Trátase dun repositorio de recursos educativos que crearon os usuarios. Poderás utilizalos libremente e tamén poderás aportar os teu propios. Este material pódeche valer de modelo para deseñar unha actividade, decidir o uso dunha ferramena, planificar o tipo de colaboración cos socios, etc.


As áreas que se destacan na imaxe anterior son:

  1. Pestanas de selección. Permítennos cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Neste caso estariamos na sección 'Recursos'.
  2. Busca, carga e xestión dos recursos. Segundo observas na imaxe, pódense buscar recursos educativos xa etiquetados segundo a materia, a idade dos alumnos e o idioma no que están publicados;  tamén podes cargar os teus que consideres de utilidade para os demais,  e xestionalos (borrar, editar....).
  3. Últimos recursos engadidos ó repositorio.
  4. Recursos externos. Aparecen aquí algúns recursos que o SCA estima de interese para a comunidade eTwinning.


A información recollida neste apartado queda resumida na seguinte animación:

Ver en pantalla completa


Facemos agora un percorrido en profundidade polas pestanas e os enlaces máis relevantes e determinantes para unha participación satisfactoria en eTwinning. 


Actualización do perfil


Un paso importante antes de comezar a busca dun socio co que iniciar un proxecto de eTwinning é darnos a coñecer. Cando establezamos contacto con outro docente europeo, o primeiro que fará é mirar o noso perfil, polo que debemos comprobar que non existe ningún dato erróneo no mesmo, e intentar transmitir a maior información posible sobre as expectativas que temos ó empregar eTwinning.

Xa se describiu no apartado anterior os apartados existentes na sección 'Perfil', que son os que verán aqueles docentes que estean interesados por algún motivo en contactar con nós.

Nas pestanas Inicio e Perfil aparece o enlace de cor azul Modificar o perfil.



                            

No proceso de rexistro pódese ter introducido algún dato erróneo, ou pode que algunhas das circunstancias que nos rodeaban cambiaran (profesor, centro escolar, materias, alumnos…). Describimos agora en detalle a Edición do Perfil facendo un percorrido polos apartados que nos ofrece. Fai clic en Modificar o perfil


Edición do perfil de usuario


Esta sección do Escritorio de eTwinning permite modificar os datos que se introduciron ó darse de alta no directorio de eTwinning, tanto os persoais como os referentes ó noso centro, as preferencias e a galería fotográfica persoal e do centro escolar.




As áreas que se destacan na imaxe anterior son:

  1. Pestanas de selección. Permítennos  cambiar dunha sección a outra do Escritorio. Neste caso estariamos na sección 'Perfil'.
  2. Opcións do perfil: Persoal. O centro escolar. As preferencias. A Galería de fotos.É unha área reservada para modificar os datos que o usuario puxo ó rexistrarse na plataforma eTwinning. Trátase de indicar quén somos, a nosa forma de ser ou de traballar, intereses, aficións, e calquer información da nosa personalidade que queiramos que sexa coñecida por outros usuarios de eTwinning.

  

2.1. Persoal.

Refírese ós datos do docente. Podemos observar os nosos datos personais no centro da pantalla e modificar aqueles que vexamos incorrectos. É moi importante que saibas que o nome de usuario non se pode cambiar. Sí podes cambiar o contrasinal e o enderezo de correo electrónico, entre outros datos importantes. Se temos modificado algún deles, facemos clic no botón 'Gardar a información' e os datos quedarán modificados.

Gustaríache recibir o Boletín informativo de eTwinning?  É unha revista en liña, mensual,  na que se publican os eventos máis importantes que ocorren nos diferentes países e no Servizo Central de Apoio (cursos, talleres, campañas, etc.). Subscríbete a ela, atoparás ideas novas e interesantes.

Queres recibir notificacións por correo electrónico? Cando se dá unha circunstancia xeral para toda a comunidade de usuarios eTwinning, se tes activada esta opción, chegarache a notificación vía correo electrónico. Só se emprega o enderezo de correo electrónico que o usuario facilitou ó inscribirse na plataforma.

   

2.2. Centros escolares.



1.- Despregable vertical cos centros escolares nos que temos traballado e o que estamos na actualidade. Unha vez seleccionado un centro, na parte de abaixo aparece información sobre el e as materias que imparte o docente.

2.- Engadir un novo centro. Só debemos modificar os datos do noso centro se son erróneos ou cambiaron. Se cambiamos de centro, temos que engadir un novo.

¡IMPORTANTE!

Se unha vez rexistrado en eTwinning cambias de centro, non debes modificar os datos do centro anterior. Se fas iso, modificarás os rexistros de todos os profesores asociados a ese centro. O que debes facer é engadir un novo centro. O proceso é como no formulario de rexistro, primeiro buscándoo  nunha lista e, se non aparecese, dándoo de alta.

Unha vez feito, marcaremos os distintos centros como activos ou inactivos (se compartes centro, podes manter máis de un activo).


   

2.3. Preferencias.

Aparece un formulario cunha breve descrición das nosas preferencias de asociación. Nesta sección poderemos dar a coñecer datos básicos de qué queremos facer en eTwinning: se queremos empregar un kit de proxecto, áreas de traballo, idiomas cos que podemos traballar, idades dos alumnos e, sobre todo, unha breve descrición das nosas expectativas de proxecto. Se modificamos algún dato, faremos de novo clic no botón 'Gardar a información'.



A información recollida neste apartado queda resumida na seguinte animación:

Ver en pantalla completa 


Galería de fotos-Xestión de imaxes

Cando un posible socio acceda ó noso perfil para coñecernos mellor, o que apareza a nosa imaxe e a do noso centro permitirá que teña unha mellor impresión sobre nós.

Desde o noso perfil podemos engadir imaxes a dúas galerías:

  • Galería do Profesor, onde podemos incluír imaxes propias.
  • Galería do Centro Escolar, onde podemos incluír imaxes do noso centro de traballo (evita incluír imaxes dos alumnos).

Cando accedemos ó perfil dun usuario de eTwinning podemos ver na parte esquerda a súa imaxe (ou se subiu máis dunha imaxe á galería do profesor, poderemos ir cambiando dunha a outra). Se facemos clic no nome do seu centro escolar, poderemos ver as súas imaxes.

Imos explicar cómo engadir unha imaxe á 'Galería do profesor'. De igual maneira se actuaría para engadir unha imaxe á 'Galería do centro escolar'. O primeiro paso será facer clic no botón 'Cargue unha foto'.


     

Aparécennos varios datos que temos que completar:





  1. Facemos clic no botón 'Examinar' e buscamos a imaxe que queremos engadir á galería. O tamaño máximo da imaxe é 4MB.                                              
  2. En 'Título da imaxe' engadimos un título (este campo é obrigatorio).
  3. En 'Breve descrición' podemos engadir algún texto breve relativo á imaxe (este campo é obrigatorio).
  4. Ofrece a posibilidade de que esta imaxe sexa só visible para os usuarios de eTwinning ou para calquera persoa que visite a web do SCA. Eliximos a opción que prefiramos.
  5. Facemos clic no botón 'Enviar' para cargar a imaxe.

O resultado é éste:



Vemos que xa aparece a imaxe que temos seleccionado, dentro da galería. Podemos ir engadindo polo mesmo procedemento tantas imaxes como queiramos.

Cando seleccionemos unha imaxe, aparecerannos varias opcións:

                    

Imaxe por defecto. Mediante esta casa, podemos facer que ésa sexa a nosa imaxe por defecto, é dicir,  que sexa a  primeira imaxe que aparece no noso perfil cando éste sexa consultado por outros usuarios.

Modificar a imaxe. Mediante este botón poderemos modificar o título, a descrición e o ámbito no que   será vista a imaxe.

Borrar a imaxe. Se queremos eliminar a imaxe, facemos clic neste botón.

A maneira usual de actuar é engadir unha imaxe á galería do profesor e convertila en imaxe por defecto. Así os usuarios de eTwinning que consulten o noso perfil poderán ver cómo somos.

Finalmente, e volvendo á imaxe inicial da páxina Perfil, atopámonos na parte superior dereita,



Desactiva o teu perfil. Se desactivas o teu perfil, non estarás incluído no buscador de socios (non serás visible para os usuarios) e os profesores non poderán atoparte para iniciar contactos. Se o desactivas, podes activalo en calquera momento.

A información recollida neste apartado queda resumida na seguinte animación:

Ver en pantalla completa

Busca de socios


Para comezar un proxecto eTwinning é preciso atopar un ou máis socios que teñan un perfil que se adapte ás nosas expectativas de proxecto.

Nalgúns casos, o socio é un docente doutro país que xa conocemos por algún motivo particular. Pero na maioría dos casos, é necesario buscar e coñecer docentes doutros países que desexen traballar con nós.


Termos de busca


Unha das opcións que nos permite o Escritorio de eTwinning é buscar socios a partir de palabras clave, como poden ser o nome de socio, o seu centro escolar ou algunha outra palabra que apareza no seu perfil.
Este método é especialmente útil cando xa se coñece a alguén previamente e desexamos atopalo.
Para realizar unha busca deste tipo, seguiremos os seguintes pasos:
Dentro do Escritorio de eTwinning, entramos na sección Atoparsocios. Facemos unha busca rápida. Unha profesora que se chama Antonella. Unha vez escrita a palabra, facemos clic en Buscar.



Aparécenos unha lista cos centros e usuarios de eTwinning nos que aparece a palabra Antonella. 



De cada un dos usuarios de eTwinning aparecen diversos datos: enlaces ó seu perfil e ó do seu centro escolar, idiomas para o proxecto, temáticas para o proxecto, nacionalidade do seu centro e finalmente un enlace que nos permite invitalo a ser o noso contacto.  



Se estamos buscando socio mediante este sistema, é conveniente consultar o perfil do usuario para coñecelo mellor, e se responde ó que buscamos, invitalo a ser o noso contacto (e incluso contactar directamente por correo electrónico con el).

Tamén se ofrece a posibilidade de realizar unha busca avanzada, realizando un filtrado a partir dalgúns campos de busca (función dentro do centro escolar, país, materia, lingua de traballo, etc.). P.e., facemos a busca de todos os que van traballar a materia de Arte en español.



Ó facer clic en Buscar devólvenos esta pantalla:



Como se sinalaba en párrafos anteriores, de cada un dos usuarios de eTwinning aparecen diversos datos: enlaces ó seu perfil e ó do seu centro escolar, idiomas para o proxecto, temáticas para o proxecto, nacionalidade do seu centro e finalmente un enlace que nos permite invitalo a ser o noso contacto.

O sistema de busca avanzada permite obter unha lista de usuarios coas restricións que temos imposto. Novamente, a mellor forma de actuar é ir consultando o perfil de cada un deles e invitar a ser o noso contacto a aqueles que se axustan ós nosos intereses.

 

Ver en pantalla completa



Foro de busca de socios


Trátase dun foro onde os docentes inscritos en eTwinning fan propostas de proxectos, expón preferencias de idiomas ou temáticas, etc., co obxecto de atopar un socio que se adapte ó seu perfil. 
O foro é especialmente útil cuando non coñecemos a ninguén da plataforma previamente, e queremos atopar un socio que queira iniciar un proxecto con nós. 
A mellor forma de actuar é ler as últimas mensaxes que se teñan escrito no foro: se vemos que algún deles responde ás nosas ideas de traballo ou nos parece interesante, podemos responder á mensaxe e entrar en contacto con quen o escribiu; ou ben, se ningún se adapta ás nosas expectativas, podemos deixar unha nova mensaxe no foro e esperar que sexa respondida.

Se desexamos deixar unha mensaxe no Foro, convén ter en conta:

  • Non se deben cerrar excesivamente ás nosas expectativas. Convén que o proxecto se vaia perfilando de maneira paulatina coas propostas que nos vaian chegando.
  • Débese utilizar un idioma comprensible polos potenciais socios que lean a mensaxe. O inglés adoita utilizarse de maneira habitual, pero se queremos realizar un proxecto noutro idioma pódese empregar dito idioma para redactalo. Naturalmente, pode ser o español.
  • Un usuario pode borrar as súas propias mensaxes.

Para acceder ó Foro de Busca de Socios, seguiremos os seguintes pasos:

  1. Dentro do Escritorio de eTwinning, entramos no módulo Foro, na parte superior dereita da pestana Atopar socios.
  2. Seleccionar a categoría de idade dos alumnos cos que imos traballar. Facemos a proba co grupo de idade 12-15 anos.



Devólvenos esta imaxe:



    3.  Na parte inferior podemos ver os fíos de debate e os datos que aparecen de cada fío ou tema de debate: Título do tema, a última mensaxe que deixaron, autor/a e número de respostas que xerou a primeira entrada.

    4.  Para ler as mensaxes dun fío, chega con facer clic co rato enriba do título do mesmo.


 


    5.  Veremos o texto das mensaxes que contén cada fío e as respostas que recibiu ata o momento, xunto cos datos do autor. Á dereita de cada entrada aparecen dúas iconas que nos permitirán responder a unha intervención e poñer unha cita.


Crear un fío ou tema de debate novo

No caso de que ningunha das mensaxes que leamos no Foro nos pareza interesante, podemos crear nós un novo fío de debate. Neste segundo caso, tan só hai que esperar a que alguén nos responda: poden chegarnos respostas no propio Foro, propostas para incorporarnos ós contactos doutros usuarios ou mensaxes polo correo interno.

A.- Para iniciar nós unha nova liña de mensaxes dentro do foro, faremos clic co rato no botón da parte central dereita, crear mensaxe. Aparece un formulario no que hai que encher os campos. Unha vez escrito, faremos clic no botón inferior 'Enviar esta mensaxe/Post your message'.



O novo fío de debate aparecerá no foro ocupando unha nova fila.



A maneira máis conveniente de actuar para atopar socio mediante esta ferramenta é comezar a ler as últimas mensaxes que se foron incluíndo no Foro. Se unha das mensaxes responde ás nosas expectativas realizaremos dúas accións:




•  Visitar o perfil do profesor e analizar detidamente a información que proporciona sobre el e o seu centro escolar.

• Mediante a icona
podemos enviarlle unha mensaxe privada de correo electrónico á súa caixa de correo interna.
• Se coa información contida no perfil, consideramos que é un posible contacto, podémolo invitar a formar parte de "Os meus contactos". Así teremos os seus datos para comunicarnos con el en ocasións posteriores.
• Responder á mensaxe do Foro. Para isto, encheremos o formulario do que temos falamos en párrafos superiores.

Podes ver todas as túas mensaxes e as respostas que che deixasen facendo clic no enlace que aparece no recadro superior dereito "Ver todas as miñas mensaxes"

B.- Buscar un foro.

Se tes ben definida a  túa idea de proxecto, o país polo que estás interesado/a e/ou as materias implicadas, podes facer un filtrado das liñas de debate que hai abertas.



Subscrición a un fío temático

Se dentro dun tema de debate aínda non atopaches nada que che interese, podes subscribirte a el e recibirás información das novidades que se produzan; así será moito máis doado atopar algo que se axuste ó que buscas.

Ver en pantalla completa


Etiquetado


Dentro do perfil de cada usuario de eTwinning inclúese unha breve descrición das ideas de proxecto que ten para amosar de forma xeral as súa expectativas na acción eTwinning. É no proceso de rexistro na plataforma virtual cuando o profesor enche un campo obrigatorio con esa información e calquera usuario que visite o seu perfil poderá lela.




Caixa de correo


É posible que xa teñas reparado en que, en todas as pestanas do Escritorio hai unha icona que se repite: un sobre identificativo do correo electrónico interno da plataforma. Permite enviar mensaxes a outros usuarios inscritos en eTwinning, que normalmente serán aqueles que temos como Contactos ou que queiramos incluír  nesa lista.



Unha vez que teñas entre os teus contactos a algunhas persoas que respondan ó perfil que buscas, podes entablar con elas unha conversa a través do correo electrónico para decidir aqueles aspectos concernientes ó proxecto que ides realizar.

Podes acceder á 'Caixa de Correo' desde calquera pestana do Escritorio facendo clic na icona do sobre.

As partes que compón a Caixa de Correo son as que se amosan na seguinte imaxe:

    

    1.  Amósannos as tres carpetas de mensaxes que temos:

'Buzón de entrada': é a que se visualiza por defecto e contén as mensaxes recibidas.

'Enviados': contén as mensaxes que temos enviado.

'Eliminados':  contén as mensaxes eliminadas.

Ó hacer clic en calquera delass, amosaranse as súas mensaxes na área da parte baixa. Na zona da imaxe aparecen as mensaxes que temos recibido, aparecendo en negra aquelas que aínda non temos lido.

De cada mensaxe aparece o nome da persoa que nola envía, o asunto, a data de envío e unha icona para eliminar a mensaxe.

Para ler unha mensaxe abonda con facer clic no asunto/materia ou o/a autor/a.

Cando se amosa o contido dunha mensaxe, aparecen tres novas opcións sobre ela: 'Responder', para volver a escribir a quen nola enviou; 'Responder a todos', para enviar unha nova mensaxe a todos os que recibiron a mensaxe que estamos lendo, no caso de que houbese máis dun destinatario; 'Reenviar', para enviar a mensaxe íntegra a outro usuario de eTwinning; e borrar a mensaxe.

        

   2.  Facendo clic neste botón pódese redactar unha nova mensaxe. Aparecerá unha ventá como a seguinte:


                 


En primeiro lugar hai que indicar o destinatario (ou destinatarios) da mensaxe. Para iso, facemos clic na icona que está xunto ó campo 'A'  Image:Img40b new escritorio.png  . Aparece á dereita unha lista cos teus contactos e podes seleccionar nela ós destinatarios. Análogamente podemos encher se o desexamos os campos 'CC' (copia de carbón) e 'CCO' (copia de carbón oculta).

Cando teñamos cheos os campos 'Asunto' e o contido da mensaxe, faremos clic no botón 'Enviar unha mensaxe'.

Indicar finalmente que existe unha maneira rápida de enviar unha mensaxe a calquiera usuario de eTwinning aínda que non sexa noso contacto. Abonda visitar o seu Perfil e facer clic na icona con o sobre; devolveranos a fiestra co  destinatario xa cheo e só teremos que redactar a mensaxe.


    
 

Ver en pantalla completa



Volver a la Unidade 3 Siguiente: Documentos 3.d: Preguntas Frecuentes



Ferramentas persoais
Contacto