eTwinning:Acerca de

De eTwinning

O proxectoeTwinning é unha iniciativa que fomenta o establecemento de irmandamentos escolares e o desenvolvemento de proxectos de colaboración a través de Internet entre dous ou máis centros de países europeos diferentes sobre calquera tema acordado polos participantes. Está integrado no Programa de Aprendizaxe Permanente como medida de acompañamento de Comenius. eTwinning está organizado a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (SCA), con sede en Bruxelas (http://www.etwinning.net) e a nivel nacional está coordinado polos respectivos Servizos Nacionais de Apoio. En España, o Servizo Nacional de Apoio (SNA) está integrado no Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación, c/Torrelaguna, 58, 28027-Madrid-
Tf: 0034913778377
http://www.etwinning.es

Ferramentas persoais
Contacto