Documentos 3.d: Preguntas Frecuentes

De eTwinning

Volver á Unidade 3


F.A.Q. (Preguntas Frecuentes)

Sobre o Rexistro

Rexistrarme no directorio de eTwinningcomprométeme a algo?


Non compromete a nada ao docente que se inscribe ni ao centro ao que pertence. Unicamente proporciona os seus datos para que poidan entrar en contacto con vostede outros docentes. Se o desexa, pode consultar a política de protección de datos de eTwinning.


Realizou a preinscrición pero non me chegou ningún correo electrónico de confirmación.


O correo de confirmación envíase ao finalizar a preinscrición pero pode tardar un pouco en chegar. Se a conta de correo que utiliza ten filtros para o correo non desexado, revise tamén esta posibilidade, xa que o correo puido terse considerado 'non desexado'.


Que ocorre se cambio de centro escolar? Teño que inscribirme de novo?


Posteriormente, desde o Escritorio de eTwinning, poderase actualizar calquera dato que introducira, entre eles, engadir un novo centro ó seu perfil. Polo tanto, non é necesario inscribirse de novo.


O meu centro non estaba inscrito e tiven que introducir os seus datos. Algúns deles eran obrigatorios pero descoñézoos (enderezo de correo electrónico do centro, correo electrónico do director,...). Que debo facer?


Tras rexistrarse, pode modificar calquera dato desde o Escritorio de eTwinning. Por tanto, pode concluír o seu proceso de inscrición poñendo datos ficticios e posteriormente modificalos cando os coñeza.


Sobre o Escritorio e a Busca de Socio

Non recordo o meu nome de usuario ou meu contrasinal para acceder ao Escritorio.¿Que podo facer?


Pica en http://www.etwinning.net (Portal do Servizo Central de Apoio). Facendo clic neste enlace pídesenos o noso enderezo de correo electrónico e mándasenos os nosos datos a dito enderezo.


Engadín unha imaxe que non desexo ao meu perfil, ¿como se pode eliminar?


Entramos na sección "Mi perfil", seguidamente en "Modificar el perfil" e facemos clic no enlace 'Galería de fotos' que aparece na ventá. Na nova pantalla sae a galería de fotos, seleccionamos a que queremos eliminar e na parte inferior dereita da imaxe, presionamos no botón "Borrar la imagen".


É posible rexistrar un proxecto con outro centro do meu propio país?


Non, os socios fundadores teñen que ser de países distintos. Tras inscribir o proxecto si é posible engadir novos socios do noso país.



Volver a la Unidade 3 Siguiente: Documentos 3.e: Coñecer compañeiros, atopar socios
Ferramentas persoais
Contacto