Documentación 6.b. Perfís do profesorado e o alumnado. Perfil de visitante

De eTwinning

Volver á Unidade 6


O rol dun usuario de TwinSpace outorga unha serie de permisos para facer determinadas accións ou non poder facelas. Por exemplo, cun determinado rol poderemos crear actividades pero con outro non. Incluso segundo o rol que teñamos veremos opcións de TwinSpace que con outro rol non aparecen.

Esta é a lista dos perfís cos que un usuario pode acceder ó TwinSpace dun proxecto:

Profesor-administrador: ten control e acceso absolutos a todas as partes do TwinSpace: poderá dar de alta novas actividades, novos usuarios e, en xeral, realizar todas as accións posibles no TwinSpace. Entre outras cousas, é o único que pode decidir que partes son mantidas escondidas e que partes son feitas públicas. Os socios fundadores dun proxecto son automaticamente TwinSpace profesores-administradores.

Profesor-membro: aínda que posúe algúns privilexios máis que o alumno membro, o seu labor é moi parecido. Pode participar nas distintas ferramentas, colaborando coas súas imaxes, documentos, engadindo mensaxes en blogs, wikis e foros, unha vez que todas estas ferramentas foran creadas por un administrador. Tampouco poderá dar de alta novos usuarios. Participará tamén na sala de profesores e noutros espazos habilitados para este perfil que iremos descubrindo. Cando se engade un socio anexado ó proxecto, por defecto o sistema outórgalle o rol de profesor-membro no TwinSpace.

Aínda que posúe algúns privilexios máis que o alumno-membro, o seu labor é moi parecido.

Alumno-administrador: este alumnado pode engadir novas actividades, modificar os elementos da sala de alumnos, etc. A principal diferenza co rol de profesor administrador é que non pode dar de alta a novos usuarios.

Alumno-membro: Aquel alumnado que pode participar no “Recanto do alumno”, contestar nos foros, participar en chats e subir arquivos e imaxes.

Visitante: Mediante un nome de usuario e un contrasinal este tipo de visitante poderá acceder ós contidos que desexemos, aínda que non se fixesen públicos. Posteriormente, podemos restrinxir o acceso do "visitante" ás áreas que non queiramos que vexa. Este usuario non ten dereito de escritura nin edición en ningunha sección do TwinSpace.

Ás veces, traballar con TIC e, principalmente, con Internet pode xerar certa desconfianza entre pais e outros compañeiros. Con este perfil, os pais poderán ver qué están facendo os seus fillos, cómo traballan e en qué consiste exactamente o proxecto. O papel de visitante pode ser tamén utilizado para invitar ó teu director a ver o que estás facendo cos teus alumnos, se el non vai traballar no proxecto. Tamén é un perfil recomendable se queremos presentar o proxecto a Selo de Calidade; dese xeito, permítese o acceso dos avaliadores a todo o traballo realizado e o proceso seguido.

Asignar dereitos de usuario

Antes de engadir a un docente ó TwinSpace, debemos decidir qué perfil outorgarlle, dependendo do traballo que vaia realizar. En caso de necesidade pódense modificar estes papeis en calquera momento.

Algúns consellos:

  • Daremos dereitos de profesor-administrador a todos aqueles que estimemos conveniente, sobre todo para que participen dunha manera activa, tendo ben clara a responsabilidade que entraña o acceso a todas as ferramentas: edición, creación, eliminación... Polo tanto os administradores deberán ter coñecementos básicos da xestión de TwinSpace e coñecer as súas atribucións e posibilidades, para evitar posibles conflitos e erros.
  • Debemos dar dereitos de administrador ó profesorado que desempeñe funcións organizativas no proxecto, que dirixa grupos de alummos e queremos que os xestionen. En proxectos con moitos socios, é conveniente que haxa tamén varios profesores-administradores, co fin de evitar que un grupo reducido se cargue de excesivo traballo e se compartan as responsabilidades.
  • É conveniente que o profesorado que se inicia en eTwinning e o TwinSpace, sobre todo se non ten moita experiencia no manexo das TIC, teña de inicio perfil de profesor-membro. Posteriormente poderanse ampliar as súas atribucións e responsabilidades. Ter un perfil de membro non significa menos atribucións no proxecto; é un paso previo a asumir responsabilidades completas na xestión e levar a bo fin e con compromiso o traballo deseñado.
  • O de membro tamén pode ser un perfil apropiado para os profesores que vaian facer contribucións puntuais ó proxecto, sen participar completamente nel.
</div></div>
Ferramentas persoais
Contacto