A historia da miña casa

13 
Nov 
2014  |  
 

 

 

historia de mi casa header

A historia da miña casa é un proxecto eTwinning realizado entre un centro español (CEIP San Xoán-Galicia), dúas escolas portuguesas (Agrupamento de Escolas nº 3 de Elvas, Escola Básica Francisco Ornelas da Câmara)  e unha escola turca (Nazilli Özel Eğitim Mesleki Eğitim Merkezi Okulu).

 

 

 

 

O proxecto intégrase dentro do Plan Anual de Centro (CEIP San Xoán) como unidade curricular dirixida a alumnado con necesidades educativas específicas (8 a 16 anos). Persegue fundamentalmente o desenvolvemento de competencias básicas desde unha perspectiva multidisciplinar.descripción alumnos historia cas

 

Trabállase o vocabulario relativo ó entorno da casa familiar, descrición de distribución da vivenda, mobiliario, materiais de construción, entorno rural ou de vila na que se ubica o domicilio, etc. Neste proceso os alumnos narran historias familiares e vivencias relacionadas coa casa, aprenden sobre os movementos demográficos nos entornos rurais e descobren diferenzas e similitudes das súas vivendas e entorno con respecto ó resto de socios.

bathroom la historia casa

.

Os alumnos familiarízanse coas TIC  e desenvolven competencias dixitais a través do uso de  correos electrónicos, presentacións (Power Point, ISUU), editores de imaxes, procesadores de texto, vídeos en Youtube, entradas en blog, uso de la PDi na aula e ferramentas de xeolocalización (Google Street view).

 

comparinghouses

O proxecto conta con documentos de planificación  en torno a obxectivos, contidos,  temporalización , asignación de tarefas e a metodoloxía usada no desenvolvemento do proxecto. Trátase de actividades moi guiadas pero á vez moi idóneas segundo as necesidades do alumnado participante. Lógrase que haxa reacción ante o material elaborado polo socio que permite que o alumno compare  e coñeza outras realidades do ámbito europeo. Destacamos tamén  a boa diseminación de resultados realizada a través da revista escolar, o blog e a exposición de materiais durante a celebración de eventos escolares.

planfic historia casa

Susana Vázquez, coordinadora do proxecto no  CEIP San Xoán, destaca:

" Para nós foron moi importantes dúas liñas de traballo que tiveron "efectos colaterais" moi interesantes, pois partían da participación das familias, que podemos dicir que se volcaron, e desta forma involucráronse na educación dos seus fillos no ámbito escolar.

As dúas liñas de traballo son 

-a creación do libro "os secretos da miña casa"
-a enquisa sobre poboación "familiar" nas xeracións avós-pais-fillos para estudar a súa evolución (despoboamento rural evidente). Esta enquisa foi, ademais, causa de "difusión etwinning" pois compartímola con outros centros dos tres países, ós que pedimos colaboración."

Felicitamos ós docentes do proxecto por proporcionar ós alumnos de educación especial  autonomía na súa aprendizaxe,  fomentar o traballo en equipo , o acceso a diferentes fontes de información, o respecto polo entorno cercano e a comunicación con outros países e culturas.

 

Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto.

 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar