Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Steps to improve the environment
.

Steps to improve the environment

26 
Dec 
2011  |  

Imagen_logo_proyecto

Este mes presentámosvos un proxecto interdisciplinar sobre temática medioambiental coordinado por Mari Carmen García, do IES Puerta de Pechina (Almería), en colaboración con centros de Portugal, Chipre, Finlandia, Lituania, Rumanía e Reino Unido

 

 

 

 

O proxecto, premiado recientemente con selo de calidade nacional,  ten como obxectivo fundamental fomentar iniciativas que contribúan a despertar a conciencia ecolóxica entre o alumnado, que lles axuden a apreciar  o patrimonio natural e  a identificar similitudes e diferenzas no  medio natural entre distintos países europeos. Destacamos a participación de distintas materias no proxecto: Ciencias da Natureza, Tecnoloxía, Inglés, Informática, Educación Plástica, Lingua Castelá e Literatura, etc. incluso a hora de titoría tivo o seu espazo no proxecto para elaborar un cuestionario medioambiental e tratar sobre a alimentación ecolóxica. Este carácter interdisciplinar do proxecto esixiu por parte dos participantes unha gran coordinación e colaboración, que se baseou nunha acertada dinámica de traballo e que favoreceu unha equilibrada participación, traballo en equipo e intercambio de documentación entre os participantes.

Polas súas características, o proxecto intégrase dun xeito eficiente no currículo escolar e relaciónase con outras iniciativas  existentes  actualmente no centro educativo español (por exemplo, unha agrupación escolar ARCE). A metodoloxía  de traballo  desenvolveuse básicamente a través de asignación de tarefas (avaliacións, cuestionarios, medicións, etc.) co obxectivo de involucrar, responsabilizar e facer que o alumno desenvolva unha actitude activa de aprendizaxe en cada unha das fases de desenvolvemento.

 

Image_recogiendo_datos_1comparisons

O proxecto permitiu ós alumnos empregar ferramentas  específicas tales como sensores portátiles, GPS e cámaras de fotos sincronizadas destinadas á medición e comparación de niveis de CO2 dos distintos países participantes. O foro, o chat do TwinSpace, Skype, e a rede Ning  empregáronse extensivamente como soportes de interacción, debate e intercambio de documentación, de xeito que cada participante puido elaborar as diversas análises coas medicións remitidas por alumnos doutros centros. Para a presentación e difusión de resultados empregouse Google Earth,  editores de texto, software de presentación, vídeos, o TwinSpace, a rede Ning e a plataforma Moodle. Os intercambios e visitas entre centros tamén contribuíron notablemente a que os participantes de distintas nacionalidades puideran compartir impresións e crear presentacións comúns.

 

datosco2

En xeral, percíbese que ambos docentes e discentes se amosan satisfeitos cos resultados e participaron activamente no desenvolvemento de propostas de desenvolvemento sostible. Remover conciencias e promover actitudes e hábitos respetuosos co medioambiente desde a escola é, sen lugar a dúbidas, un paso en firme cara a formación integral dos futuros ciudadanos europeos.

Consulta o proxecto: TwinSpace

Fuente imágenes: proyecto 'Steps to improve the environment'

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar