Sae fóra e aprende!

01 
Xuñ 
2011  |  

GOALGo outside and learn! (GOAL) Así  se chama o proxecto que levou a cabo un centro galego cos seus socios  europeos. Un proxecto perfectamente planificado e coordinado que, á vista dos resultados da avaliación final realizada, cambiou a percepción que moitos alumnos tiñan da materia de matemáticas.

Medir rampas, elaborar sextantes para calcular a altura de edificios,  reproducir o experimento de Eratóstenes para medir a circunferencia terrestre,  calcular o número de árbores na rexión son algunhas das moi variadas  actividades que desenvolveron os alumnos “sobre o terreo”. E é que, rebasando as fronteiras da aula, os alumnos saíron ó exterior a realizar traballo de campo.
As actividades, adaptadas ós distintos niveis dos estudantes, incorporan ademais aspectos como a educación en valores e o ensino entre iguais. Así, os sextantes creados por uns alumnos son utilizados polos socios, e os estudantes elaboraron titoriais sobre a utilización de diversas ferramentas TIC, cuxo número e variedade é  outro dos puntos fortes do proxecto. Ademais de recorrer ás ferramentas da plataforma eTwinning, como o TwinSpace e o Diario de Proxecto, usouse software específico,realizáronse videos, leváronse a cabo videoconferencias, chats e presentacións, e incluso se creou unha rede social con Mixxt.

As matemáticas son así tratadas dun  xeito novidoso e motivador, nun contexto real, ó tempo que se mellora a competencia lingüística e se traballa a dimensión europea da educación, todo isto no marco dun traballo de marcado carácter colaborativo.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar