A habitación de Fermat

09 
Maio 
2011  |  

P1060071Inspirados pola película homónima, os profesores españois Francisco Javier Martín, José María Gallego e a rumana Lucia Dorina Gutu e Marzanna Miąsko iniciaron un proxecto ambicioso para retar ós seus alumnos e despertar neles a intuición matemática.
O argumento xira en torno a un grupo de matemáticos que, armados con PDAs, acoden a unha cita misteriosa nunha granxa. Encerrados nunha habitación luxosamente decorada empezan a recibir nos seus dispositivos móbiles rompecabezas e adiviñas. Cando tardan máis dun minuto en resolver un puzzle... ¡a habitación encolle! As súas paredes  desprázanse, limitando un espazo interior cada vez máis oprimente.

O argumento xira en torno a un grupo de matemáticos que, armados con PDAs, acoden a unha cita misteriosa nunha granxa. Encerrados nunha habitación luxosamente decorada empezan a recibir nos seus dispositivos móbiles rompecabezas e adiviñas. Cando tardan máis dun minuto en resolver un puzzle... ¡a habitación encolle! As súas paredes  desprázanse, limitando un espazo interior cada vez máis oprimente.

Os profesores comezaron recompilando e planteando adiviñas de distinto nivel de dificultade, inspirados nos da película, pero o proxecto é moito máis ambicioso: construír a habitación.  Á hora de deseñar a maqueta, os propios alumnos puxéronse en contacto con Luís Piedrahita, un dos directores da película, para desvelar algunhas das claves dos mecanismos.

Este proxecto fue un dos seis seleccionados polo MediaLab-Prado de Madrid para a súa exposición interactiva Xogando con números. Javier e Xosé María describen o seu proxecto:

Xa teñen unha primeira versión do videoxogo (é necesario ter instalado Geogebra) e unha maqueta da habitación conectada ó ordenador e controlada por unha placa Arduino. Pero necesitan colaboradores e socios: programadores, profesores de tecnoloxía, matemáticas, física, electrónica... Animádesvos a participar? as aportacións ó catálogo de xogos e adiviñas son igualmente benvidas. Podedes poñervos en contacto con eles a través do Escritorio ou do seu blog.

Enlaces

Web do proxecto (inglés e polaco):http://class.vel.pl/room

Blog do proxecto (inglés): http://fermatroom.blogspot.com/

Videoxogo online(é necesario ter instalado Geogebra): http://instrumentales.webcindario.com/jmelis-web/fermat.html

Xogando con números, exposición en MadiaLab Prado: http://medialab-prado.es/article/jugando_con_numeros_proxectos_seleccionados

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar