Robots amigos do planeta

13 
Abr 
2011  |  

angostura

Os alumnos do CEIP A Angostura de Santa Bríxida (Gran Canaria) están moi preocupados polo deterioro do planeta como consecuencia da acción humana. Para afrontar este problema formularon o proxecto Let's be friends of the Earth, que  xira arredor do medioambiente, a súa conservación e os cambios que se producen polos efectos de procesos naturais  das accións humanas.

Desenvólvese nun centro escolar que participa  nunha asociación Comenius e no programa CLIL,  dunha maneira dinámica, divertida e adaptada metodolóxicamente ó nivel dos alumnos. Os nenos teñen unha implicación directa nas actividades levadas a cabo, aprendendo e disfrutando do entorno natural, do clima e dos eventos culturais relacionados coas estacións. Vendo cómo outros centros europeos fan o mesmo, e comparando os seus resultados, dan cohesión e unifican a concienciación dos alumnos ante a conservación do medioambiente, obxectivo principal do proxecto.

                 

Os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria poideron experimentar, nalgúns casos por primeira vez, con ferramentas TIC como procesadores de texto, presentacións, vídeos, cámara dixital, vídeoconferencia, foro,  Voicethread... ). Incluso, axudados pola profesora, colgaron documentos nas súas carpetas no Recanto do alumno.
A idea de elaborar robots con materiais reciclados surxe dos propios nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP A Angostura tras ver un vídeo na clase de Inglés. Cóntanos a  súa profesora, Cecilia Cantizano: "Quedaron moi  simpáticos e decidimos  inmortalizalos coa nosa cámara, incluílos no TwinSpace do noso proxecto Let´s Be Friends of the Earth e iniciamos esta actividade en Voice Thread co noso alumnado adscrito o proxecto CLIL (1º,2º e 3º de Primaria).
Voice Thread resultou ser a ferramenta ideal para fomentar a expresión oral en lingua estranxeira, tamén entre os máis pequenos, dándolle maior sentido á súa aprendizaxe mediante o uso comunicativo da mesma dun xeito que  divirte ós alumnos e alumnas destas idades, favorecendo ademais a autoavaliación mediante a escoita da propia gravación. O resultado foi unha actividade aberta no espazo, xa que nenos e nenas doutros centros e outros países poden participar cos seus comentarios, e no tempo,en horario escolar ou fóra del , e de forma indefinida... Como acabará?...Xa veremos!"

  

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar