Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Conéctate con Our summer meeting point
.

Conéctate con Our summer meeting point

09 
set 
2010  |  

Pensas que xa o viches todo en eTwinning? Se o cres así, aquí che presentamos un proxecto con ideas renovadas e sorprendentes: o seu título é Our summer meeting point  e aínda que poida parecer estraño, levouse a cabo cando os centros educativos están de vacacións.

our_summer

Coma unha aventura de verán, Maria Sourgiadaki  da escola Vocational Lyceum of Ierapetra (Grecia)  e Aureo Torres, do colexio Marista Castilla (España), decidion poñer en marcha este proxecto, ó que se uniron nada máis e nada menos que outros 59 profesores,  para compartir parte do seu tempo, aproveitando a súa común profesión.


Coma se de alumnos se trataran, os profesores colaboraron no desenvolvemento dun blog cargado de interesantes artigos e posibilidades educativas.  Como na grande maioría dos proxectos eTwinning, os participantes poideron coñecerse e saber o entorno no que viven para, despois, compartir opinións e reflexións sobre distintos aspectos e ámbitos educativos: arte, música, poesía, innovación, cultura, recursos, metodoloxía, etc. e desenvolver ideas e coñecer socios para futuros proxectos eTwinning.

Sen olvidar o periodo estival no que se atopaban, tamén tiveron a oportunidade de buscar posibles destinos de vacacións, e é que qué mellor asesor turístico que os propios autóctonos destes 18 lugares europeos.

our_summer_2

Coa grande cantidade de portais e recursos educativos cos que contamos actualmente, o produto resultante de Our summer meeting point é un grande escaparate deles, coa vantaxe de contar coa opinión e experiencia directa de compañeiros de profesión. Para os profesores embarcados neste proxecto será máis doado transmitir ós seus alumnos as vantaxes e posibilidades que eTwinning ofrece, ademais de anticiparse ó inicio do curso escolar na planificación dos seus novos proxectos.

Para eTwinning é un orgullo ter sido elixidos para levar a cabo esta apaixoante viaxe pola educación europea. Visita su blog

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar