¿Y por qué no un intercambio escolar?/ E por que non un intercambio escolar?
Premio categoría idade : 12 a 16 anos
Título: E por que non un intercambio escolar?
Etapa educativa: Secundaria
Materia: Linguas Estranxeiras
Centro: La Anunciata-FESD, Tudela (Navarra)
Coordinadora do Proxecto: María Ángeles Rincón
Trátase dun proxecto bilingüe franco-español cuxo obxectivo fundamental é establecer un contacto regular entre os dous centros, coñecerse e finalmente facer un intercambio escolar de dúas semanas completas. Tanto para os docentes como para os estudantes, este traballo significou unha nova forma de ensino e aprendizaxe. O amplo uso das herramientas TIC fixo posible practicar de forma continua a lingua estranxeira nun contexto real, dispoñer de documentos a calquer hora, organizar de maneira estruturada e sinxela o intercambio, traballar de forma colaborativa, etc. Tamén supuxo unha innovación que a propia profesora relata, xa que fai uns anos usaban cintas de cassette e agora usan podcasts.
Ademais disto hay que engadir a promoción da creatividade dos alumnos a través de actividades como a creación do logo, do libro dixital, do diario de viaxe, composicións musicais, etc.
Pero deixemos que sexan os verdadeiros protagonistas do proxecto, representados pola súa coordinadora, María Ángeles Rincón, os que nos conten qué supuxo o desenvolvemento e recoñecemento do proxecto no contexto de centro.
O Colegio La Anunciata FESD de Tudela participou durante o curso escolar 2012/13 no programa eTwinning co proxecto ¿E por que non un intercambio escolar?, enmarcado na materia de Francés. O obxectivo principal que se propón desde fai varios anos é o intercambio físico dos nosos alumnos de 2º e 3º de ESO cos dun centro francés, o colexio Saint Georges de Salbris. A actividade central do proxecto consisitiu en expoñer un intercambio virtual como paso previo e actividade motivadora antes do intercambio real. En ocasións anteriores, puxemos en contacto ós alumnos de ambos centros por medio de cartas durante os primeiros anos do desenvolvemento da actividade, así como por medio de correos electrónicos, nos últimos tempos. O descubrimento de eTwinning, levounos a pensar que podía resultar a maneira ideal de realizar intercambios a través da rede entre o alumnado dos dous centros e intercambiar información e correspondencia antes de facer o intercambio físico. A partir desta idea surxiu o proxecto. Decidimos que aproveitaríamos o espazo virtual de Twinspace para comezar a establecer lazos de unión entre alumnos franceses e españois empregando as ferramentas que nos ofrecen as TIC.
As profesoras coordinadoras dos dous centros propuxémonos como obxectivo principal establecer un contacto activo e permanente entre os dous colexios para, así, irnos coñecendo antes do encontro cara a cara a realizar durante dúas semanas, unha en cada país.
Queríamos utilizar as situacións concretas e próximas para os alumnos orixinadas pola súa relación de intercambio como ferramenta de motivación e exercicio na aprendizaxe da lingua estranxeira. Quíxose realizar unha auténtica reflexión sobre a cultura estranxeira, mediante a análise das informacións e comentarios proporcionados polos nosos colaboradores. Tamén, entre os nososs obxectivos, destacamos o fomento do traballo en equipo dentro e fóra das nosas fronteiras así como mellorar o coñecemento e perfeccionamento da práctica coas TIC por parte do alumnado.
Comezamos a realización do proxecto en setembro de 2012 cos primeiros contactos entre as profesoras,e concluiuse no mes de xuño de 2013, unha vez efectuadas as viaxesós dous países. O desenvolvemento da actividade atopou, ó largo do curso, algunhas dificultades e momentos de desánimo, motivados principalmente pola falta de tempo. Unha hora de clase dedicada a empregar eTwinning como ferramenta de traballo resultaba escasa e tampouco podían adicarse as tres horas semanais de Francés o desenvolvemento do proxecto. Grazas á colaboración dos profesores de plástica, de tecnoloxía y titores que cedían parte do seu tempo ou dos seus alumnos para traballar en horas “extras” e a que algunhas das actividades relacionabanse coa propia tarefa da materia, puidose avanzar e acelerar as actividades propostas. A esta falta de tempo súmanse outras dificultades ó longo do desenvolvemento do proxecto. Así, no quixemos que os alumnos se rexistraran nas distintas aplicacións debido a súa idade, tiñamos que facer o traballo na clase por medio de varios correos das profesoras, co que se ralentizaba a realización dalgunhas actividades. Pero o máis duro foi a existencia dun par de momentos algo angustiosos cando se produciu unha perda importante do traballo acumulado. Algún alumno, de forma accidental, borrara toda a actividade que tan laboriosamente estaba realizada nun Wiki, que resultou irrecuperable. Noutra ocasión, sen saber moi bien cómo puido suceder, desapareceu un esquema de Mindomo no que se reflectían os gustos musicais dos participantes. Entón, tivemos a tentación de deixalo sen máis por canto parecía irreparable, pero grazas á colaboración e esforzo de todos, puidemos facelo de novo.
Para as profesoras, que non somos expertas informáticas, supuxo una gran satisfacción descubrir e aprender, junto cos alumnos, algunhas das aplicacións que resultaron tan útiles como vistosas tales como Sliderocket, Mindomo, Slidely, Issuu etc. O uso do foro e do chat foi fundamental nun principio para que os alumnos atoparan o “seu correspondente” e comentaran aspectos de toda índole polo que a participación resultou moi activa e motivadora. O xogo de “Quen é quen” mediante o emprego de Voki para realizar una autodescrición física, resultou especialmente divertido. Un intercambio de obsequios no Nadal e os vídeos realizados por agradecemento dos mesmos encheron momentos especiais. Moi útil e práctico foi o uso da aplicación Wallwisher (Padlet) para intercambiar información sobre o colexio. O concurso de logos foi moi entretido. Do mesmo xeito a exposición deses traballos con Mixbook, así como a posterior votación e entrega de premios durante a estancia dos alumnos franceses en Tudela proporcionaron momentos agradables e emotivos para todos.
A continuidade na participación dos alumnos de ambos centros ó largo do curso resultou desigual. Así, a intervención en foros e chats foi moi intensa naqueles alumnos máis comunicativos, pero noutros quedaba máis limitada. A participación nas diferentes tarefas, dependendo de temas e da propia atracción do traballo, podía ser desigual. Aínda que a participación en xeral foi satisfactoria.
![]() |
![]() |
Para os alumnos, o uso de TwinSpace supuxo unha gran novidade na dinámica das clases, posto que puideron aprender francés para utilizalo na práctica continuamente e coñecer en profundidade ós seus compañeiros antes de ir ó seu país. A maioría opinaba que “este ano ían máis tranquilos a Francia porque coñecían moitas cousas dos seus socios, das súas familias e costumes; incluso falaran con eles”. “Foi moito máis doado comunicarnos cos nosos compañeiros franceses, disfrutamos das numerosas actividades que fixemos e ademais gañamos amistades” din Aura y Marta, alumnas que participaron no proyecto. Por todo isto, pensamos que os obxectivos viron amplamente cumpridos.
Personalmente, prodúceme unha gran satisfacción o premio concedido.É unha recompensa polo trabajo laborioso e gratificante que supuxo a introdución desta metodoloxía así como unha dose de ánimo para seguir traballando na liña da colaboración e dea innovación. Por suposto, para o Centro e a Comunidade Educativa foi unha boa noticia. Outros profesores vanse interesando por eTwinning, algúns inscribíronse e ten intención de iniciar proxectos nun futuro próximo. Pero os maiores beneficiarios fomos os participantes por canto traballamos intensamente a aprendizaxe dunha lingua, intensificamos o noso mundo de relacións e, ademais, divertímonos.
Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto e fotocomposición SNA a partir de imaxe libre de elegantthemes.com.
Premios eTwinning 2014
- Europia-Europe tomorrow-looking at the present for an improvement in the future
- Talking Pictures
- Cine-tura: de cine a literatura
- T´es au courant? 2013
- VMM (Virtual Monster Museum)
- Guadalquirhône
- Entrega de Premios Europeos eTwinning 2014
- eTwinning Challenges for Teachers II
- Nota de prensa sobre la entrega de premios europeos eTwinning 2014
- A short Latin movie
- Music and songs from around the world
- ¿Y por qué no un intercambio escolar?/ E por que non un intercambio escolar?
- Ganadores de los premios europeos eTwinning 2014
- Ganadores de los Premios Nacionales eTwinning 2014