Inicio / Inicio / Últimas noticias / Pecha-Kucha. Para presentacións eficaces.
.

Pecha-Kucha. Para presentacións eficaces.

26 
Out 
2015  |  
 

 

profesor con varita

Idea brillante -e sinxela- que surxiu en Japón no ano 2003 e foise extendendo polo mundo. Trátase de facer unha presentación cunha norma ríxida: presentar 20 diapositivas e dedicar exactamente 20 segundos a cada unha. Tempo total do discurso: 6 minutos e 40 segundos.

 O brillante da idea non é que o tempo estea limitado (na maioría das presentacións  está e todos vemos cómo o/a ponente segue falando e falando). A clave está no  “20×20″. Limitar a exposición dunha diapositiva a 20 segundos garante ó ponente e ó seu público unha exposición dinámica e sistemática de todas as ideas relevantes que merece a pena compartir e destacar. Este formato, xa probado e con éxito, esixe ó ponente  un maior esforzo que o que tería que facer nunha presentación tradicional; ten que poñer en valor o esencial e descartar o superfluo. 

pechacucha 1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ilustración 1: PechaKucha, presentacións áxiles e fluídas. Por Néstor Alonso

Quizáis no sexa un formato axeitado para calquer ponente pero sí que o é para calquer tipo de audiencia, que se asegura que o ponente non vai improvisar, non ten tempo para regodearse nas súas palabras, e vai ir directo ó gran.

Aquí tes un exemplo no que se fai un breve recorrido polas funcións que desempeña o SNA eTwinning.  

O máis interesante e útil do formato pechacucha non é a situación na que hai una soa exposición, senón sesións nas que se suceden varias presentacións cun intervalo de tempo de debate despois de cada unha. Esta estrutura expositiva ten interesantes aplicacións didácticas na aula e nos proectos de colaboración. Os alumnos teñen que ser capaces de organizar de maneira lóxica o pensamento, resumir a información, seleccionar as imaxes máis adecuadas e estar preparados para unha eficiente interacción cos seus compañeros. No caso de que estean traballando nun proxecto e utilicen unha lingua estranxeira, terán que esforzarse por adquirir un vocabulario específico e facerse entender. 

Nun proxecto colaborativo, pechakucha é útil para actividades nas que os alumnos socios fan exposicións sobre un mesmo tema e en contextos diferentes. P.ex. presentan distintas cidades de forma separada, posteriormente hai un turno de preguntas e comentarios e sácanse conclusións (diferenzas, semellanzas). No caso da elección dun logo para un proxecto, -actividade habitual nos proxectos de colaboración eTwinning- acostuma haber numerosas propostas porque cada alumno ou cada grupo de alumnos presenta a(s) súa(s). Neste caso, pódense organizar sesións pechakucha con presentacións por país (ou por un determinado elemento) nas que se destaquen as características de cada proposta de logo e así o votante pode decidir o seu voto, tanto se é do seu centro como dun socio.

Se se quere avaliar a creatividade dos alumnos, ó tempo que a competencia lingüística (a destreza oral) en lingua estranxeira, pódense dar 20 palabras clave, pedir ó alumno (grupo de alumnos) que as asocien coas 20 diapositivas, e que elaboren e desenvolvan un discurso baseado en 20 imaxes asociadas. Con isto, e nun breve espazo de tempo,  avalíase a riqueza creativa dos alumnos (un poema, un conto, a letra dunha canción, unha narración, a fluidez comunicativa, o dominio do vocabulario, outros). No caso de traballar cos alumnos socios, é recomendable organizar a actividade para que todos interveñan no proceso: tradución das palabras, selección das imaxes, secuenciar as imaxes, elaboración de textos,outros). Nunha sesión de clase pódese traballar sobre varias propostas pechakucha

Se se trata de facer difusión do proxecto, seleccionar as 20 imaxes máis representativas, e xustificar a súa selección. 

En calquer circunstancia, os alumnos desenvolverán a competencia dixital e o tratamento da información, a competencia social, a autonomía e a iniciativa persoal.

Atréveste cunha presentación PechaKucha? Aquí van algúns consellos útiles: 

1. Ideas. Distribúe a presentación entorno a 3 o 4 ideas forza. Organiza a narración e as diapositivas en base a esas ideas.  

2. Narrar. Expón as túas ideas como se se tratara dunha narración, un conto. Non axustes o discurso a cada diapositiva, a mensaxe debe fluir. Enlaza cada punto co seguinte de forma natural.

3. Utiliza fundamentalmente fotos, e intenta que procedan da experiencia que estás contando. As imaxes deben ser de calidade, que ilustren á vez que adornen a túa locución. O importante é a narración, pero as imaxes axudan a captar a mensaxe.

4. Busca a sinxeleza e a simplicidade. Evita incluír información en cada diapositiva, só imaxes e ideas. Usa textos só se son imprescindibles ou moi importantes para transmitir a túa mensaxe. Emprega tipografía clara e cun tamaño de fonte suficientemente grande para que sexa lexible desde calquer lugar da sala.

5. Ensaia lo que preparaches. Proba que cada diapositiva a puedes desenvolver en 20 segundos. Se algunha é complexa, fai un esforzo de síntese, e se as hai máis simples, inclúe algún “detalle/guiño”; aproveita a ocasión para disfrutar e facer que disfrute a audiencia, estás contando algo que coñeces e te apasiona. Incluso, se podes, grábate en vídeo.

 

Se os asistentes a una exposición pechakucha non coñecen este formato, é conveniente que lles expliques previamente en qué consiste, e aínda que só sexa pola novidade, seguro que  terás ganado un tanto. O tempo empieza a contar xa! 6’40”....5’30”.....0’0". Terás conseguido transmitir coñecemento de maneira eficiente, amena e ata divertida.

reloj

 

 

 

 

 

 

 

 

 Imaxe libre de dereitos. www.morguefile.com. Por missyredboots

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar