Rúbrica para un proxecto de calidade: 2. Integración Curricular

O artigo anterior sobre os criterios de calidade dun proxecto tratou sobre a innovación e a creatividade en eTwinning. Pica aquí para chegar ó artígo.
Neste artigo desenvolveremos o segundo criterio: a integración do proxecto no plan de estudos. (Podes ver os 6 criterios de calidade picando aquí)
eTwinning é un programa flexible que permite ós docentes socios construír o proxecto que se adapte ás circunstancias reais e as necesidades de aprendizaxe dos seus alumnos. Non existen vetos respecto ós contidos educativos, pero sí é conveniente que o desenvolvemento do proxecto sexa unha actividade integrada no entorno de aprendizaxe; non alonxado do que está ocurrindo na aula. Un proxecto de calidade é aquel que serve como outra estratexia máis de aprendizaxe no plan de estudos dos nosos alumnos.
É recomendable que os alumnos realicen o proxecto ou gran parte do proxecto en horario escolar, nunca basealo “únicamente” no traballo levado a casa como “deberes” ou en actividades extra escolares. Converter o proxecto nunha sobrecarga nas tarefas escolares dos alumnos ten un efecto contrario ó desexable.
Ademais do uso das TIC, ¿que competencias debo desenvolver? Iso vai depender do deseño do proxecto: os contidos, obxectivos e actividades planificadas polos socios. A integración de diferentes tipos de competencias nun mesmo proxecto eTwinning é outro factor de calidade. Esa integración permite que os nosos alumnos se acheguen ás diferentes áreas/materias do currículo a través dos distintos tipos de aprendizaxes: aprendizaxe formal (aprendizaxe segundo obxectivos didácticos relacionado con materias e etapa escolar), aprendizaxe non formal (aprendizaxe a través de axentes externos á comunidade escolar: especialistas, profesionais, membros da Comunidade onde viven…), aprendizaxe informal (a través da propia interacción con compañeiros, familiares, profesores; autoaprendizaxe; socialización; xogos…)
Outro factor de calidade no teu proxecto eTwinning é facer posible o traballo interdisciplinar. Isto implica incorporar diferentes materias do currículo nun mesmo proxecto, ampliando as vantaxes que cada unha ofrece e favorecendo o achegamento ó obxecto de estudo desde distintos campos perspectivas. Ademais, o traballo interdisciplinar contribúe a desenvolver unha cultura colaborativa entre profesores de distintas áreas, onde a súa tarefa non está limitada a impartir a docencia de forma aislada, senón a consensuar os obxectivos, contidos, actividades xunto ó resto dos docentes do proxecto.
Estes son os indicadores de calidade ordenados do mínimo ó máximo grao para o criterio de “Integración curricular” ¿Tes pensado iniciar un proxecto en eTwinning? ¿Tes algún proxecto en marcha? Aplica estes indicadores a túa idea e úsalos como unha rúbrica ¿En que posición estás?
0. Non se traballa ningún aspecto curricular.
1. Trabállase polo menos unha competencia curricular de maneira pobre, aínda que só sexa no referido ó uso das TIC.
2. O proxecto desenvólvese de maneira extracurricular mediante talleres, con alumnos voluntarios. A integración curricular non é unha prioridade. Os obxectivos teñen un carácter máis educativo que pedagóxico. A pesar diso, puede ser un proxecto excelente, creativo e orixinal no que os alumnos se implican enormemente, o que lle permitiría obter boas puntuacións noutros criterios de avaliación de calidade.
3. Presenta unha integración curricular obvia pero non queda explícita na descrición do proxecto, nin nas actividades dos alumnos.
4. A integración curricular está moi clara: o proxecto basease claramente na metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, cuxos obxectivos permiten que os alumnos desenvolvan destrezas e adquiran as aprendizaxes curriculares das áreas/materias traballadas.
5. Ademais do anterior, o marco pedagóxico no que se basea o proxecto está claramente explicado, por exemplo, describindo os obxectivos que se perseguen coas actividades propostas.
Un exemplo de calidade neste aspecto é o proyxecto “A table en Méditerranée!” coordinado pola profesora, María José Rodríguez de la Cueva, do IES “RUIZ GIJÓN” en Utrera, Andalucía. O proxecto está integrado en varias áreas de aprendizaxe: a lingua estranxeira (francés), a historia, a literatura, o latín, as matemáticas, a bioloxía e outras. Houbo participación de docentes de varios departamentos didácticos e levouse a cabo en horario lectivo na súa maioría. Os alumnos desenvolveron as competencias lingüísticas, de tratamento da información e competencia dixital, a competencia social e cidadá e outras. Podes ver un artigo sobre este proxecto, incluíndo enlaces ós seus resultados, picando aquí.
Conclusión: integra o teu proxecto eTwinning no entorno da aprendizaxe dos teus alumnos. ¿Como? Coa flexibilidade que caracteriza a eTwinning e dando cabida a todo tipo de aprendizaxes. Deseña obxectivos, contidos e actividades que favorezan o desenvolvemento das competencias, destrezas e aprendizaxes curriculares das materias e etapa dos alumnos. Recorda, non o convirtas nunha carga extra para profesores e alumnos e, se é posible, dota ó teu proxecto dun enfoque interdisciplinar.
Fonte das imaxes: SNA eTwinning.
Recomendacións
- Sinergias educativas: eTwinning como complemento al programa de Estancias Profesionales
- La evaluación en proyectos, ¡viva la rúbrica!
- Nuevos grupos en eTwinning Live
- Rúbrica para un proxecto de calidade: 6.Resultados, impacto e documentación.
- Rúbrica para un proxecto de calidade: 5. Uso da tecnoloxía
- Rúbrica para un proxecto de calidade: 4. Colaboración
- Balance eTwinning 2014/15
- La competencia digital en los alumnos
- Rúbrica para un proxecto de calidade: 3. Comunicación e interacción entre centros socios
- 33.000 usuarios registrados en School Education Gateway