Inicio / Ideas / Recomendacións / Rúbrica para un proxecto de calidade: 1. Innovación
.

Rúbrica para un proxecto de calidade: 1. Innovación

24 
Feb 
2015  |  
 

 Innovacion magnifying glass1

 

 

Hai uns días, publicamos un artigo recollendo os criterios para a avaliación dos Selos de Calidade (podes velo aquí). Eses criterios non son únicamente un instrumento para a avaliación por terceiras persoas: tamén pretenden servirnos de axuda ós docentes á hora de planificar e levar a cabo os nosos proxectos.

 

 

 

 

  

 A calidade non implica necesariamente un proxecto grande, con moita complexidade; a calidade é formularse obxectivos que sexan educativamente efectivos e ser capaces de alcanzalos. Por iso, coñecer e entender estes criterios pode resultar unha ferramenta útil, unha lista de “calidades” que deberíamos intentar introducir nos nosos proxectos desde o principio, aínda que non esteamos pensando en presentarnos logo a Selos de calidade, Premios ou outros recoñecementos.

 

En semanas próximas, iremos publicando unha serie de artigos sobre os 6 criterios nos que incluiremos unha serie de indicadores a modo de rúbrica, non só para avaliar e auto-avaliar o proxecto na súa etapa final, senón tamén á hora de planificalo desde os seus pasos iniciais.

 

Comezaremos co criterio 1: “Innovación pedagóxica e creatividade”. A pesar do título, non se trata de inventar novos métodos de ensino en cada proxecto; xa hai moito inventado que podemos incorporar a nosa docencia. Do que se trata aquí é de apartarse un pouco da práctica habitual da aula. Estamos usando unhas ferramentas que non son as cotiás: ordenadores, internet, traballo con alumnos doutros centros… Aproveitemos estas circunstancias para introducir tamén metodoloxías distintas ás do día a día.

 

Cada criterio ten 6 descritores que responden a distintos niveis de calidade. No caso da innovación pedagóxica e creatividade, son os seguintes:

 

0. Non hai ningunha participación de alumnos ni doutros docentes.

 

1. A maior parte das actividades están deseñadas polos docentes  realízanas os alumnos. Non se ofrecen posibilidades para que estes participen de maneira máis activa.

 

2. Polo menos algunhas actividades deséñanse utilizando metodoloxías distintas da clase expositiva. Os métodos de traballo permiten que os alumnos interactúen co seus socios (por exemplo, comparando información, traballando xuntos para obter un produto común...).

 

3. O proxecto deséñase e impleméntase para que os alumnos interactúen cos seus compañeiros e ademais organicen o traballo de forma variada (individualmente, en subgrupos, en equipos internacionais...).

 

4. O proxecto promove unha pedagoxía interactiva e colaborativa: os métodos de aprendizaxe identifícanse con claridade (recollida de información, traballo comparativo, resolución de problemas, creación colaborativa: literaria, artística, técnica, científica, periodística...).

 

5. Ademais de todo o descrito no punto 4, existe unha forte relación entre o rigor académico e a creatividade na xestión e desenvolvemento do proxecto. Hai orixinalidade no tema de traballo elixido.

 

Un exemplo de calidade neste aspecto é o proxecto "Cyberdiscovery", de M.ª del Carmen Rodríguez, no IES "Viera y Clavijo", San Cristobal da Laguna, que foi Premio Nacional eTwinning 2015. Podes ver un artigo sobre este proxecto, incluíndo enlaces ós seus resultados, picando aquí.

 

Como ves, os tres conceptos principais son a variedade metodolóxica, a colaboración e o protagonismo ós alumnos (máis alá do papel de simples "realizadores de actividades") ¿En que nivel clasificarías a túa práctica docente habitual? ¿Ata onde queres chegar no teu proxecto?

 

Fonte de las imaxes: Servizo Nacional de Apoyo eTwinning.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar