Inicio / Ideas / Recomendacións / Dá a coñecer o teu proxecto eTwinning
.

Dá a coñecer o teu proxecto eTwinning

02 
set 
2014  |  

promociona tu proyecto 2014 1Es probable que muchos de vosotros estéis terminando un proyecto eTwinning y quizás no hayáis abordado una fase muy importante como es la de dar a conocer vuestro trabajo y difundir resultados.

 

 

 

 

 

É probable que moitos de vós esteades rematando un proxecto eTwinning e quizais no teñades abordado unha fase moi importante como é a de dar a coñecer o voso traballo e difundir resultados.

Neste artigo analizaremos as distintas maneiras coas que podedes promocionar e potenciar o impacto do voso proxecto eTwinning. Para isto, tomaremos como referencia unha presentación realizada por Claire Morvan (Servizo Central de Bruselas) e a embaixadora eTwinning Daniela Bunea durante a última Conferencia eTwinning en Lisboa (2013) ‘Making ripples, creating more impact with your eTwinning project.’

Por que promocionar un proxecto eTwinning?

En xeral, o desenvolvemento dun bo proxecto pedagóxico contribúe a mellorar o recoñecemento dun centro escolar, xa que ten un impacto positivo na renovación de prácticas metodolóxicas docentes e na motivación do alumnado.

ripples

Por tanto, promocionar un proxecto destas características implica multiplicar os efectos e resultados obtidos e que sirvan de inspiración a novos proxectos ou actividades, non só no ámbito do centro senón en centros cercanos. ¿Formulácheste algunha vez que o intercambio de prácticas educativas innovadoras é capaz de impulsar cambios importantes nos sistemas educativos a nivel local, incluso alimentar novos modelos pedagóxicos cos que redeseñar políticas educativas nacionais?

Pero vaiamos paso a paso. Empezaremos por distinguir catro fases clave que vos suxerimos abordar na promoción dun proxecto eTwinning:

 

planificar promociona proyeecto

 

Planificación

 

 

Trátase dunha fase de reflexión sobre o proxecto na que caben as seguintes interrogantes:

 

Que queremos alcanzar co noso desenvolvemento de proxecto e quen se beneficiaría disto?

 

Identificar obxectivos e beneficiarios. Aquí incluiríamos desde un grupo concreto de alumnos a toda a comunidade educativa ou promoción no ámbito local/rexional.  En canto obxectivos, os puramente curriculares (desenvolvemento de competencias básicas) pero tamén os de desenvolvemento persoal e profesional tanto en docentes como alumnos participantes (traballo en equipo, mellora da comunicación, fomento da autonomía, sentimento de logro e motivación, incremento da autoestima, espírito crítico, crear un sentimento europeo, etc.)

 

Cales son os aspectos significativos do noso proxecto que merece a pena destacar? Que resultados se obtiveron?

 

Referímonos non só ós resultados tanxibles de calidade como poden ser a realización dun blog ou página web, pósteres, un audiolibro, vídeo-clip, obra teatral, un glosario multilingüe, material promocional do proxecto, unidades, etc… Tamén outros aspectos destacables como por exemplo, se no desenvolvemento de proxecto participan outros axentes (policía municipal, director dun museo local, un artesán, o alcalde,  as familias dos alumnos, etc), se o tema que se propón é orixinal ou a metodoloxía é innovadora dentro da área/áreas curiculares coas que se traballa, se se usa un amplo abano de ferramentas de comunicación e colaboración, se se crean lazos entre escolas máis alá  do proxecto (intercambios e mobilidades entre centros), a creación de equipos de traballo de nacionalidade mixta entre os propios alumnos, redes profesionais docentes, etc.

 

Que tipo de mensaxe se envía dacordo co grupo de beneficiarios ós que queremos chegar?

 

Por exemplo,  non usaremos a mesma linguaxe e estratexia para dar a coñecer o noso proxecto na revista escolar que para difundilo nun centro de profesores.  O ideal é adaptar  a mensaxe e expoñer  estratexias de difusión distintas en función do grupo/grupos ós que nos diriximos, este aspecto será tamén decisivo para a elección de soportes e deseño do material.

 

Con que  tipo de competencias e recursos contamos no noso entorno local?

 

Trátase de analizar e sacar partido non só ós recursos e espazos materiais que nos van axudar a impulsar e dar a coñecer o noso proxecto no propio centro, senón tamén explotar eficientemente os coñecementos, habilidades e recursos na nosa Comunidade Educativa e local.

 

Que necesitamos para a consecución de obxectivos, quen fai que? Este apartado esixe planificación e división de tarefas orientada ás diferentes accións a realizar.

 

dar visibilidad promociona proyeecto

 

Visibilidade

 

 

Trátase de darvos a coñecer e ter presenza no ámbito público cunha mensaxe clara e suxerente, é o que se denomina creación dunha identidade o imaxe de proxecto. Se non pensastes nun logo, quizais sexa agora o momento de idear un co que vos sintades identificados e que reflicta os valores do proxecto e a identidade dos socios. Unha imaxe sinxela e fresca que acompañe a un bo título de proxecto  e- ¿por que non?- un bo lema de grupo.

 

Non descuidedes tampouco a vosa presenza nas redes sociais  e nos medios de comunicación locais ¿Que vos parece unha conta de Twitter coa identidade de proxecto a través da que os vosos participantes e outros axentes externos poidan interactuar?

 

Aquí van algunhas propostas que vos poden axudar a gañar terreo en canto a visibilidade de proxecto: inclusión dun apartado de benvida no TwinSpace/blog/portal web onde contedes quen sodes e o que vos define, un boletín mensual de noticias de proxecto con distribución local, un apartado de vídeos  destacados ou cómic do mes, entrevistas a expertos externos, a creación dun tráiler do proxecto, etc.

 

Mirade un exemplo de promoción usando un tráiler no proxecto eTwinning 'A short Latin Movie'.

 

 

difunde  proyeecto 3

 

  Difusión de resultados

 

 

Buscade  o soporte máis idóneo que vos permita amosar o voso traballo. Ás veces o proxecto é amplamente difundido no centro escolar a través de sesións de presentación ó resto do claustro e a pais de alumnos, exposicións e presenza no desenvolvemento de xornadas temáticas. ¿Pero por que quedarse só niso? Seguro que o voso proxecto merece a pena ser difundido ó exterior, valorade a posibilidade de aloxar os materiais resultantes no blog do centro ou nun propio, contactade coa prensa e televisión local para que dean a coñecer o ben que o fixestes no ámbito rexional, etc.

 

E, por suposto, non esquezades presentar a vosa solicitude de selo de calidade ó voso Servizo Nacional de Apoio eTwinning, xa que se é avaliado favorablemente permitiravos participar nas convocatorias de premios eTwinning nacional/europea, co  que vos daredes a coñecer a toda Europa.

 

explotar resultados promociona proyeecto

 

  Explotación de resultados

 

 

Tan importante como difundir resultados é asegurar a súa reutilización e adaptación a outros contextos, que sirvan para inspirar a outros e contribuír á mellora de sistemas educativos. Para isto, antes de lanzarvos a difundir resultados é necesario que reflexionedes se o contido do proxecto está ben organizado e presentado, tanto no TwinSpace como noutros espazos de almacenamento, comprobade que o material é público,  que a estrutura de proxecto permite ó lector unha fácil lectura e están visibles os enlaces ós espazos de almacenamento do proxecto. O voso proxecto pode constituír un modelo replicable para outros docentes se proporcionades un apartado relativo á planificación do proxecto que estea ben documentado (descrición de obxectivos e contidos curriculares, temporalización, metodoloxía abordada, asignación e distribución de tarefas entre participantes, criterios de cualificación e avaliación).

 

Incluímosvos un exemplo do proxecto Cine-tura, que conta cunha planificación detallada e cada unha das fases abordadas atópase recollida e descrita nunha útil ferramenta denominada Mishistro, que permite incrustar elementos multimedia nunha liña temporal virtual.

 

Outra opción moi idónea é a de transmitir de forma directa o coñecemento aprendido a outros, contactade co voso asesor de centro de profesores cercano para que coñeza o desenvolvemento do proxecto e promova a vosa participación como ponentes en xornadas e seminarios rexionais, implicade ó voso equipo directivo de centro no proxecto para que sexan partícipes do mesmo e saiban transmitir os seus beneficios á Inspección Educativa correspondente. Este  último aspecto é fundamental para detectar prácticas educativas de éxito e poder transferilas a outros centros, etc.

 

Esperamos que o artigo vos proporcionase unha idea clara do valor de promocionar  un proxecto eTwinning. Se vos surxira algunha dúbida ó respecto xa sabedes que podedes usar as tarxetas de proxecto do voso escritorio eTwinning , a través das que o voso asesor/a do Servizo Nacional de Apoio vos guiará e asesorará  durante  o desenvolvemento do proxecto.

 

Incluímosvos algúns enlaces útiles a ferramentas da web 2.0 e artigos do noso portal que vos axudarán na promoción do voso proxecto:

 

Creación de infografías

 

Experimentar con diferentes soportes web para publicar resultados

 

Creación de libros electrónicos

 

Integrar diagramas de distribución de tarefas ou de explicación de pasos (Cacoo)

 

Creación de mapas mentais

 

Creación de logos: online logo maker, logo ease, the free logo makers, flaming text, simwebsol, Cooltext, Logotipogratis.

 

 

 

Fonte das imaxes: fotocomposicións do Servizo Nacional de Apoio eTwinning con imaxes libres de dereito de Freevector.com, Streamline, Freepik

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar