Inicio / Ideas / Recomendacións / Semanas eTwinning: novo curso, novos proxectos
.

Semanas eTwinning: novo curso, novos proxectos

26 
set 
2012  |  

Image_semanas_etwinning

¡Benvidos ó novo curso escolar con eTwinning! Con este motivo preparamos un programa especial de actividades que agardamos consideredes interesante. Do 24 de setembro ó 10 de outubro publicaranse no portal do Servizo Nacional de Apoio e no do Servizo Central de Apoio propostas de formación en liña, convocatorias de premios, concursos e outras iniciativas. Visítaos con regularidade porque cada día podes atopar ideas novas e útiles para iniciar un proxecto de colaboración ou para mellorar a calidade do que xa tes en marcha. ¡Anímate e participa! Adiantamosche as que xa están programadas:

 

  • Curso de formación online eTwinning 2.0. Unha edición máis -e xa van 14-  vaise impartir este curso de formación do 4 de outubro ó 4 de decembro. Presenta unha novidade moi atractiva: a participación de profesores de Suecia, República Checa, Alemania e Portugal, cun dobre obxectivo: a formación en eTwinning e establecer contactos para iniciar un proxecto de colaboración eTwinning en español.
  • Image_uniendolospuntos

    Encontro didáctico Unindo os puntos. É unha actividade de formación de tres semanas de duración; comezará o día 8 de outubro e rematará o día 28 de outubro. Está dirixida ós docentes inscritos en eTwinning e versará sobre a aprendizaxe de ferramentas e espazos de almacenamento colaborativo 2.0 destinados á creación e edición de actividades multimedia na aula. Este encontro didáctico pretende analizar as posibilidades didácticas destes recursos como soporte para o desenvolvemento dun proxecto eTwinning a través dunha metodoloxía baseada no xogo, a interacción e a colaboración entre os participantes. Desenvolverase en español, e a convocatoria publicarase a partir do 1 de outubro no Escritorio eTwinning, así que accede regularmente e inscríbete.

  • Premios eTwinning 2013. Na segunda semana de outubro publicarase a convocatoria de Premios Nacionais eTwinning 2013, na que poden participar todos os docentes españois membros dun proxecto eTwinning. O día 17 de outubro sairá a convocatoria dos Premios Europeos eTwinning 2013 na que poden participar todos os docentes socios dun proxecto, ós que se lles recoñecese co Selo de Calidade Europeo.Image_diana

  • Feira de Busca de socios. Esta feira online terá lugar desde o día 2 de outubro ata o día 10 de outubro. Vai dirixida a docentes inscritos en eTwinning que traballan con alumnado de entre 11 e 19 anos, co obxectivo de que se poñan en contacto, se coñezan e acorden un proxecto para os próximos meses. Non é necesario ter experiencia en eTwinning para poder participar  nesta feira. O SNA prestará asesoramento ós participantes no deseño e desenvolvemento dos proxectos. Ofértanse 250 prazas entre as que estades ti e o teu futuro socio. ¡Solicita a túa participación facendo clic neste enlace

 

  • II Encontro eTwinning de profesores en castelán: Facendo equipo. Durante os días 25, 26 e 27 de outubro está previsto que se celebre no CRIF As Acacias de Madrid un encontro multilateral eTwinning en español no que van  participar varios países europeos, ademais de España: Francia, Alemania, Italia, República Checa, Eslovaquia e Reino Unido. O obxectivo deste evento é ofrecer ós asistentes formación na acción eTwinning, a oportunidade de coñecer a posibles socios, e tempo e espazo para o intercambio de ideas, a negociación e a planificación de proxectos en español.
  • Webinars eTwinning. Conferencias web que permiten  ós asistentes interactuar entre sí e compartir documentos e aplicacións. Está previsto que se celebren varias sesións, moderadas e dinamizadas por membros do SNA. Anunciaremos próximamente os temas a tratar, e os días e as horas nos que terán lugar, así como o xeito de participar. O primeiro encontro será o día 18 de outubro.

¡E aínda hai máis cousas para vós! As seguintes propostas  irémolas anunciando e desglosando dunha en unha nos próximos días:

Imagen_Semanas eTwinning 1.- Difusión de actividades colaborativas. Dirixido ós docentes socios dun proxecto durante o curso pasado ou no actual. O SNA  ofrécevos a oportunidade de publicar e difundir unha actividade de colaboración que ademais de amosar unha interrelación cotiá entre os socios, sexa innovadora, inclúa ferramentas TIC pouco coñecidas, ou estea ben integrada no currículo, etc

2.- Empregas o móbil no teu proxecto eTwinning? Son moitas as aplicacións didácticas do teléfono móbil nun proxecto eTwinning. A través desta convocatoria, docentes e alumnos poderedes enviarnos propostas de traballo e difundirémolas a través do portal de SNA.

3.- Outros tamén contan. Hai proxectos nos que, ademais do profesorado e os alumnos, a contribución doutros membros foi destacada: o bibliotecario, as familias, o alcalde da cidade, o boticario, o médico, un empresario ou outros. Profesores e alumnos teredes a oportunidade de contarnos cal foi o impacto destas experiencias na comunidade educativa.  Publicarémolas no portal do SNA.

4.- eTwinning e eu. Os alumnos poderán enviar propostas de temas que lles gustaría que eTwinning tratara na próxima campaña anual.

consejos_semanas_etE por último, breves consellos que convén lembrar ó inicio do curso:

  • Actualiza o teu perfil persoalno Escritorio eTwinning. Será máis doado atopar un socio europeo para acordar un proxecto.
  • Participa nasVoces etwinning”. Esta sección do portal do SNA está á vosa disposición para difundir as vosas ideas, experiencias, inquietudes, formación, etc. Todo o que nos enviedes servirá de axuda para outros docentes. Remitide as vosas experiencias ou impresións a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (Sección Voces etwinning).
  • Redes sociais. Se eres usuario dalgunha rede social, cando escribas comentarios sobre as Semanas eTwinning, emprega a etiqueta #etweeks.

¡Agardámoste!

Fuente imágenes: Fotocomposiciones a partir de imágenes de uso libre de Wikimedia Commons ( dominio público ) y Banco de Imágenes y Sonidos del INTEF ( licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartirigual 3.0 España)

 


Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar