Inicio / Ideas / Recomendacións / eTwinning na Formación Profesional
.

eTwinning na Formación Profesional

08 
Feb 
2012  |  

Imagen_construccionDesenvolvemento e progreso conlevan cambios que nos permiten medrar como sociedade e ampliar coñecementos pero que tamén nos obrigan, desde unha perspectiva laboral, a adaptarnos ás novas esixencias do mercado. A Formación Profesional constitúe unha etapa educativa esencial nesta tarefa de adaptación, permitindo ó alumnado obter a cualificación necesaria para desempeñar un traballo de calidade e con isto incrementar a competitividade e produtividade tan necesarias nas actuais circunstancias.

 

Desde o Servizo Nacional de Apoio, apostamos por unha maior presenza da Formación Profesional en proxectos eTwinning por considerar que reúne, como programa, unha serie de características que o fan idóneo para traballar e colaborar con outros centros do ámbito europeo:

  • eTwinning apoia o desenvolvemento de proxectos TIC que permiten ó alumnado adquirir e aplicar de forma práctica diversas competencias dixitais. Foros, wikis, chats e videoconferencias constitúen a vía de comunicación máis usual para os nosos participantes. O traballo en eTwinning ademais fomenta a experimentación e busca de ferramentas de edición multimedia, xestores de contidos, sistemas de avaliación interactiva, así como a busca de soportes de presentación novidosos. Este afán por implementar novas ferramentas de información e comunicación no desenvolvemento de proxectos fan dos nosos participantes usuarios coñecedores das últimas novidades no sector TIC e individuos capaces de adaptarse de forma eficiente ó crecente progreso tecnolóxico.
  • eTwinning permite ós alumnos a traballar en entornos colaborativos onde os participantes son elementos activos da súa propia aprendizaxe, debaten e determinan obxectivos e metas do proxecto, reformulan métodos de traballo, avalían resultados e, sobre todo, perfeccionan e amplían coñecementos a partir do traballo común do grupo. Esta forma de traballo é unha  das máis apreciadas no mundo empresarial actual, sobre todo, no desenvolvemento de proxectos internacionales entre os servizos centrais  e as distintas sedes dunha mesma empresa. Pensemos ademais nas enormes posibilidades de intercambiar protocolos e técnicas de traballo entre docentes e discentes para así actualizar procesos e aumentar as posibilidades de sobrevivir nun mercado laboral competitivo donde a pluralidade de ofertas e demandas é grande.
  • eTwinning fomenta o contacto con culturas estranxeiras e proporciona ós seus participantes a experiencia de coñecer novas formas de pensar e estilos de vida diversos. O programa eTwinning proporciona o marco idóneo para poñer en práctica destrezas lingüísticas nun contexto real de comunicación e colaboración. Saber manexar estas experiencias e destrezas lingüísticas é esencial ante un mercado laboral internacional e globalizado.

Actualmente, a plataforma eTwinning rexistra un número de 10.600 profesores rexistrados pertencentes a estes ensinos profesionais, entre os cales se desenvolven uns 1.420 proxectos relacionados cos ámbitos da restauración e turismo, empresa e mercadotecnia, industria alimentaria, electrónica e electricidade.

Para ilustrar este artigo tomamos como exemplo proxectos destacados dalgúns dos nosos participantes.

Imagen_billetesTrade & Logistics between countries of the European Union, unha metodoloxía  de simulación (2010).

Trátase dun proxecto desenvolto no ámbito da familia profesional de Comercio Internacional e Xestión Comercial e Marketing no que participou o centro navarro IES María Ana Sanz xunto con outros dous centros de ensino de Formación Profesional de Alemania e Países Baixos. Nel os alumnos tiveron a oportunidade de aprender sobre diversos contidos de economía simulando operacións de compra-venta mediante o intercambio de experiencias cos seus socios estranxeiros. Podedes ampliar información do proxecto no seguinte enlace.

pekPEK, the traveller flea, 1 (2011) 

Proxecto desenvolto por alumnos e profesores do Ciclo de Grao Medio de FP de Sistemas  Microinformáticos e Redes no que participou o IES San Clemente de Santiago de Compostela, o Centro de Profesores de Nájera (A Rioxa) xunto con outros catro centros de Grecia, Rumanía, Turquía e Francia. Trátase da elaboración dun cómic colaborativo, ben planificado e cun axeitado reparto de tarefas, desenvolto a partir de diversas ferramentas TIC de debuxo e maquetado. Podedes ampliar información sobre o proxecto no seguinte enlace.

 

 Image_hole_puncherThe hole puncher (2011)

Neste proxecto abórdase o deseño, estudo e construción dunha traladradora de papel (hole puncher) no que participa o CIP Virxe do Camiño de Pamplona, pertencente ó primeiro curso do Ciclo Superior de Programación da Produción en Fabricación Mecánica, xunto con outros dous socios de Italia e Alemania. Enlace ó TwinSpace do proxecto.

                                   

 

Recomendámosvos visitar o enlace ó seguinte artigo onde incluímos un Kit de proxecto eTwinning para a xestión, coordinación e avaliación dunha mobilidade Leonardo da Vinci IVT, na que dous ou máis centros europeos intercambian os seus alumnos para a formación en Centros de Traballo en empresas estranxeiras.

Desde o Servizo Nacional de Apoio animamos a participación de novos proxectos eTwinning na Formación Profesional que contribúan a formar ós alumnos no desempeño dunha profesión, que lles ensinen a importancia de aprender a aprender, desenvolver iniciativas propias, comunicarse eficientemente noutra lingua e buscar solucións colaborativas para desenvolver un traballo profesional de calidade.

 

Fuente original de imágenes: Foter, Morgue Files,Stock.xchng, Deviant Art y fotocomposiciones a partir de imágenes de los proyectos eTwinning seleccionados.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar