Inicio / Ideas / Recomendacións / Investigación sobre eTwinning
.

Investigación sobre eTwinning

12 
Dec 
2011  |  

 

Image_lupaDesde o Servizo Nacional de Apoio eTwinning comprácenos dar a coñecer o traballo de investigación dos nosos participantes sobre a acción eTwinning.

 

 

 

 

Presentámosvos unha recensión da tese remitida por  María Luisa March Blasco, orientadora de Secundaria. Este traballo, tutelado pola UNED, leva por título  ' eTwinning e competencias básicas na Unión Europea'  e fundaméntase na aplicación do modelo de programa eTwinning como iniciativa  impulsora na adquisición e desenvolvemento de competencias básicas. A tese permitiu ademais estudar o impacto da acción eTwinning como soporte para a integración do currículo formal e informal, a experimentación en entornos virtuais de aprendizaxe e o traballo interdisciplinar e intercambio cultural. 

eTwinning e competencias básicas na Unión Europea.

PALABRAS CLAVE

eTwinning, Competencias Básicas, Dimensión Europea da Educación, Currículos abertos, Aprendizaxe Colaborativa, Traballo por proxectos, Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

RESUMO

A corrente xerada a partir dunha serie de  documentos publicados pola Unión Europea levou á reformulación dos currículos escolares dos países que a compón en torno ó concepto de competencia como eixe que configura o deseño e o desenvolvemento de todas as etapas educativas.
As redes de coñecemento xeradas nas institucións escolares grazas á introdución do apoio telemático reforzan a necesidade de participar na Sociedade da Información, requirindo a formación do alumnado nunha serie de competencias básicas. Entroncando coa Aprendizaxe colaborativa,  faise posible a utilización das TIC como elementos didácticos de cambio nos modelos de aprendizaxe.

A iniciativa  eTwinning, lanzada pola Comisión Europea, pretende que se constitúan irmandamentos entre dous centros escolares europeos a través do uso das TIC, profundizando na idea de escola aberta ó entorno e introducindo unha dimensión europea no proceso de ensino-aprendizaxe, permitindo integrar a cidadanía europea e a riqueza lingüística e cultural do noso continente.

Tomando en consideración a Orientación como axente de cambio no centro educativo, o Obxectivo xeral da investigación foi determinar se a aplicación dos programas eTwinning inflúe de maneira positiva no desenvolvemento das competencias.

Como poboación obxecto de estudo seleccionáronse tres de distinta procedencia: Profesorado Coordinador de proxectos eTwinning na Comunidade Autónoma de Andalucía, Profesorado Coordinador na rexión da Campania (Italia) e Profesorado Coordinador en diversos países europeos. Dacordo cos resultados obtidos e a súa validación no proceso de selección da mostra realizado,  obtívose un total de 69 proxectos en Centros de Ensino andaluces, 3 proxectos italianos e 10 proxectos do resto da Unión Europea. As mostras invitadas a participar na investigación fixéronse coincidir coa totalidade da poboación. 

En canto ó  deseño experimental elixido para a investigación, optouse por un deseño mixto baseado  na recollida de datos cuantitativos e cualitativos. Combináronse diversos instrumentos de elaboración propia: Cuestionario Electrónico para o profesorado Coordinador de proxectos eTwinning en tres idiomas, Entrevista Semi-Estructurada e outros instrumentos para a Análise de Contidos do Portal eTwinning.
O tipo de Análise levouse a cabo en consonancia cos instrumentos seleccionados. Tamén se estableceu unha comparación entre os datos obtidos no presente estudo e en investigacións anteriores, atopándose numerosos puntos de coincidencia e algúns contrastes respecto ó perfil do usuario eTwinning, dos proxectos e ós resultados e beneficios obtidos.

Como conclusión fundamental, a existencia dun alto grao de acordo entre o profesorado ó considerar que a aplicación e desenvolvemento dos programas eTwinning nos centros educativos da Etapa de Secundaria, contribúen de maneira directa á adquisición  e desenvolvemento das Competencias Básicas.
Á base atopámonos cunha serie de competencias interrelacionadas que se adquiren, desenvolven e potencian: Lingüística, Social e Cidadá e Aprender a Aprender.

Outras conclusións derivadas da aplicación dos programas eTwinning: a integración do currículo formal e informal, a utilización das posibilidades dos entornos virtuais para a aprendizaxe, o fomento do traballo interdisciplinario e o intercambio intercultural. O estudo realizado abre un camiño amplo e prácticamente descoñecido para a investigación.

Podes escoitar unha entrevista concedida pola autora da tese a RTVE:

 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar