Seguridade en Internet

25 
Abr 
2011  |  

autor_felix_valles_calvo_fuente_iteInternet é actualmente un potente medio de información e en consecuencia, un indiscutible e ineludible recurso nos centros escolares para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe. Desta maneira convírtese nun reto do docente actual axudar ós alumnos no coñecemento e aprendizaxe dos beneficios e os riscos derivados deste medio.

 

 

A Comunidade Educativa atópase cun novo e apaixoante reto: asesorar e axudar ós estudantes a navegar con seguridade e criterio por Internet.

Presentamos algunhas recomendacións básicas para un uso correcto de Internet cos alumnos:

  • Deseñar no centro escolar unha política de formación permanente actualizada.
  • Dispor dun plan de educación en seguridade informática.
  • Navegar cos alumnos: Eles imitan a conduta do docente; as reaccións e a maneira de actuar ante os distintos elementos que aparecen na pantalla (publicidade, distraccións, buscas, etc.) van ser un exemplo a seguir.
  • Ensinalos a navegar con seguridade: Proporcionarlles unhas pautas claras para levar a cabo o traballo en Internet e usar filtros de seguridade (Proxy) que controlan o acceso ás  páxinas, non permitindo visitar determinadas páxinas filtradas.
  • Amosarlles sitios web seguros con contidos e información veraz e adecuada á súa idade: É conveniente facilitarlles visitas a páxinas de confianza e adaptadas á súa idade,  das que poder extraer a información. Así mesmo, hai que darlles pautas para que poxdan contrastar a información obtida.
  • Axudarlles a recoñecer o SPAM (publicidade non desexada) e a escapar del. Cada vez é máis frecuente o envío, en grandes cantidades, de correo lixo, sms lixo e mensaxes non solicitados, habitualmente de tipo publicitario. Isto pódese evitar en parte, por exemplo, non picando nunca nos correos electrónicos comerciais non requiridos.
  • Falar frecuentemente cos alumnos  do uso e os contidos da rede.  Amosar os posibles riscos e analizar e debater o seu alcance. Internet non é un tema tabú, trátase dun medio, unha axuda a través da que podemos completar ou reforzar o traballo realizado habitualmente.
  • Proporcionarlles as ferramentas que lles axudan no proceso de ensino-aprendizaxe: O traballo con Internet require a formación no uso de determinadas ferramentas como poden ser os navegadores, xestores de correo electrónico, foros, redes sociais, etc. Hai que ensinalos a utilizar con responsabilidade cada unha destas ferramentas para que poidan obter o rendemento necesario.
  • Non facilitar en ningún caso os datos persoais nin o enderezo de correo electrónico: Na rede, non todo o mundo é quén parece ser. Intercambiar nomes, fotos, enderezos e teléfonos, etc. é ás veces necesario, pero tamén é arriscado e hai que tomar moitas precaucións.
  • Axudarlles ante posibles problemas e tomar as medidas necesarias canto antes; incluso informar ás autoridades competentes, se houbera lugar. A forma de afrontar as dificultades daralles pautas e procedementos para o seu propio traballo.
  • Establecer regras básicas para o uso das TIC no centro: O uso dos ordenadores do centro debe estar rexido por unhas normas básicas de coidado e respeto. Ademais, débense comprometer a utilizar de maneira correcta e responsable os medios que se poñen ó seu alcance. É conveniente que un membro do equipo docente estea na aula de Informática para asesorar ó alumno en todo momento e limitar o tempo de uso.

Enlaces de interese:

Navegación Segura
Protéxeos
Pantallas Amigas

Guía de redes sociais para familias. CeDeC.

 Fuente Imagen Banco de recursos del ITE cuyo autor es Félix Vallés Calvo

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar