Inicio / Ideas / Recomendacións / Avaliación dun proxecto eTwinning
.

Avaliación dun proxecto eTwinning

27 
Abr 
2011  |  

Noict noso contexto escolar, podemos definir a avaliación como o proceso mediante o cal recollemos información de diversa índole para tomar decisións educativas axeitadas. Ten unha función pedagóxica, porque serve para mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe, e unha función valorativa, xa que tamén serve para constatar ou certificar o logro de determinadas aprendizaxes ó final dun periodo.

Á hora de decidir qué avaliar é necesario seleccionar unha serie de criterios e indicadores. No documento Criterios de avaliación para o selo de calidade podes  ver os  que utilizamos no Servizo Nacional de Apoio para  valorar a concesión do selo de calidade. Pódeche resultar moi útil como guía á hora de expor as actividades durante a elaboración do proxecto, e ó final, para reflexionar sobre os obxectivos alcanzados.

Avaliación dos alumnos

Non sempre temos claro a priori qué tipo de actividade ou ferramenta vai funcionar na aula; de aí que resulte tan interesante a avaliación que os alumnos fan do seu propio traballo e das actividades en sí.

No proxecto Teaching each other os alumnos deixan as súas reflexións nunha presentación: qué é o que máis lles gustou, aprender idiomas, coñecer outras culturas ou falar cos amigos virtuais sobre os seus gustos e aficións. Son eles tamén quen valoran as ferramentas utilizadas.

 

En Getting Closer apóstase pola utilización dun cuestionario on line para descubrir a opinión dos nenos. Preguntas tales como, qué é o que máis che gustou  ou outras específicas sobre a aprendizaxe do inglés, sumadas á posibilidade de deixar suxerencias, proporcionan unha información moi produtiva para avaliar o proxecto.

En ICT You and me os estudantes utilizan emoticonos, símbolos que resultan familiares e cercanos ós alumnos para expresar a valoración que lles merece cada actividade do proxecto. Este modo de avaliar resulta moi familiar e cercano ós alumnos. Se a isto se une o cuestionario incluído a continuación, onde se lles pide a súa opinión sobre o proxecto en xeral, as tarefas en particular, as ferramentas favoritas (que poden seleccionar dunha extensa lista: Quiz Revolution, SmileBox, Blabberize...), o resultado é unha avaliación moi completa.

Avaliación dos profesores

Outro valor engadido do documento de avaliación é o grao de difusión e transferibilidade que  concede a un proxecto. Expoñer os logros e as dificultades atopadas e detallar o proceso  non só serve para reflexionar sobre o proceso de ensino/aprendizaxe, senón que pode servir como referencia ou punto de partida para outros docentes menos experimentados, ou simplemente favorecer a reutilización de ideas que funcionan.

No proxecto My world, your world utilizan unha liña do tempo en Dipity para documentar o desenvolvemento do proxecto, unha idea moi práctica para analizar a temporalización de tarefas.


eTwinningsproject on Dipity.

 

A avaliación de An ET (winning) project between us consiste  nun documento extenso e detallado no que se reflicte a exposición e a filosofía tras cada actividade realizada no proxecto. Nel descríbense a integración no plan de estudos, os mecanismos de coordinación e colaboración entre os centros participantes, a exposición das ferramentas TIC necesarias para soportar as actividades, a opinión dos alumnos sobre varios aspectos, os beneficios e resultados.

En definitiva, o termo avaliación non indica un procedemento ou tipo de documento en concreto. Abarca desde un texto reflexivo por parte dos profesores participantes a unha enquisa realizada ós alumnos, pasando por unha valoración dos produtos finais ou unha concienzuda rúbrica. En calquera caso, tras meses de traballo nun proxecto, debemos buscar unha fórmula que permita analizar as decisións tomadas e os resultados alcanzados. A avaliación resultará útil tanto para mellorar o deseño  das actividades en posteriores ocasións como para que outros docentes poidan aprender da túa experiencia.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar