Inicio / Ideas / Recomendacións / As 7 etapas dun proxecto
.

As 7 etapas dun proxecto

07 
Mar 
2011  |  

7etapas_gallego

etapas_1

Deseñar un proxecto

etapas_2

Atopar un bo socio de traballo

etapas_3

Elaborar o proxecto común co teu socio

etapas_4

Poñer en marcha un proxecto con alumnos

etapas_5

Desenvolver o proxecto

etapas_6

Rematar o proxecto

etapas_7

Difundir o proxecto e compartir a experiencia con outros docentes

 

 

Elaborar o proxecto

etapas_1

Deseñar un proxecto

Tómate o tempo necesario nesta primeira etapa, disto dependerá o éxito do proxecto. Trátase de elaborar e concretar a idea de proxecto que tes. Con esta  idea, vas buscar o socio de traballo e poredes en común as actividades, a planificación e a produción final.  Estas cuestións poden axudarte:

o Por que queres facer este proxecto?

o Cales son os obxectivos?

o Que tipo de proxecto queres poñer en marcha?

o Que duración terá?

o Que ferramentas TIC vas utilizar?

 

etapas_2

Atopar un bo socio de traballo

Enche o teu perfil na plataforma canto máis completo, mellor, xa que é a túa identidade  e é o que van ver os docentes europeos cando accedan a el. Un perfil con información relevante sobre o profesor e a idea de proxecto que se quere levar a cabo é unha vantaxe e axudará ós profesores a seleccionar mellor ós socios. Dá a información na lingua de traballo que queiras utilizar.

Non esperes a que te busquen! Selecciona os contactos cuxo perfil teña unha alta afinidade coa túa idea de proxecto. Utiliza o foro e o buscador de socios filtrando os datos para precisar a busca.

eTwinning é unha comunidade en liña, e como en calquera comunidade, é  necesario respectar algunhas regras e o código de conduta.


etapas_3

Elaborar o proxecto común co teu socio

Tómate tempo para falar co teu socio, non só sobre o proxecto e as actividades que queredes levar a cabo senón do calendario das mesmas (temporalización que inclúa unha avaliación), a organización dos materiais nas carpetas do espazo común de traballo (Twinspace), a implicación dos alumnos e a comunicación entre os alumnos socios.

É esencial que te comuniques regularmente co teu socio antes e durante o proxecto  para tratar todos os detalles e evitar malentendidos.

Unha vez que teñades acordado o contido/a descrición do proxecto, facede un documento común escrito e con este modelo,  rexistrar o proxecto na plataforma eTwinning.


Desenvolver o proxecto


etapas_4

Poñer en marcha un proxecto con alumnos

O espazo Twinspace é un entorno virtual privado e seguro conveniente para a participación dos alumnos. Inscribe/Invita ós alumnos e proporciónalles nome de usuario e contrasinal para que accedan ó espazo de forma autónoma e responsable. Deste xeito poderán facer as tarefas e comunicarse cos seus compañeiros socios. O Recanto dos Alumnos é un espazo informal de encontro.

Os profesores contan cun espazo restrinxido chamado Sala de profesores, que non é accesible para os alumnos no que se poderán intercambiar ideas sobre o desenvolvemento e evolución do proxecto.

 

etapas_5

Desenvolver o proxecto

Esta é a etapa máis intensa e interesante con todos os actores - alumnos e profesores- en escena.

Organiza/planifica as páxinas de actividades segundo sexa máis conveniente para os socios, (orde cronolóxica, tipo de actividades ou grupos de alumnos). Por defecto, as páxinas de actividades están en orde cronolóxica e non se poden cambiar.

Crear un Caderno/Blog/ de seguimento para falar de todos os detalles que acontecen no proxecto.

Empregade o Diario de Proxecto regularmente para manter comunicación co  SNA.

Utiliza un calendario e anota todos os eventos.

Comunícate regularmente co teu socio. Fixade día e hora para atoparvos por mail, teléfono, vídeoconferencia, chat para intercambiar impresións sobre o desenvolvemento do proxecto, incluso se non hai necesidade de cambios.

 

etapas_6

Rematar o proxecto

Unha vez rematado o programa de actividades, aínda queda esta etapa para seguir traballando en colaboración cos socios e así poder negociar a publicación do proxecto, a montaxe, facer as correccións necesarias, valorar o camiño recorrido, avaliar os obxectivos  alcanzados e por qué non, solicitar un Selo de Calidade.

 

Valoración e difusión do proxecto

etapas_7

Difundir o proxecto e compartir a experiencia con outros docentes

Fai público o material do Twinspace, na páxina web do centro escolar, no portal do Servizo Nacional de Apoio, nos centros escolares e Centros de profesores da túa zona, participa nas Salas de profesores eTwinning e nos Grupos eTwinning.

A estrutura deste artigo está baseada na publicación realizada polo Servizo Nacional de Apoio francés.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar