Perlas

Ensina o teu traballo!

15
Feb
2010

Esta actividade foi realizada polos centros de Polonia e Malta que participaron no proxecto Colours of life - common story written by children, no que tamén traballou a Escola de Educación Infantil Gloria Fuertes.

Grazas á ferramenta de debuxo Sketchfu os nenos de ambos centros colaboraron na creación de varias historias ilustradas por eles mesmos. Este exercicio xa é destacable en sí mesmo, porén o que pretendemos resaltar con esta perla é o vídeo realizado no que se amosa o proceso seguido na actividade. Resulta un bon exemplo para difundir os procedementos das distintas actividades integradas nun proxecto, tan importantes coma os seus produtos.

Embed Embed this video on your site

Enlaces:

TwinSpace público (plataforma antiga TwinSpace)

Wiki

 

Voa polo Patrimonio cultural europeo

12
Feb
2010

A colaboración entre os alumnos de distintos centros fixose realidade nesta actividade do proxecto Like a bird, no que participaron 11 centros de 7 países diferentes, entre eles o Centro de Educación Infantil y Primaria Ramon Macip - Dolors Granés e o Instituto de Educación Secundaria Eduard Fontseré.

Cunha selección inicial de monumentos de interese dos distintos países representados no proxecto, tres grupos de alumnos dos diferentes centros crean presentacións comúns nas que un aporta información sobre o monumento, outro  imaxes e un terceiro a súa maqueta. Na seguinte podes ver o Sanctuary of Our Lady de Polonia e os países que colaboraron en cada unha das súas partes.

Enlaces:
TwinSpace público (plataforma TwinSpace antiga)

 

   

Charlas curiosas sobre animais salvaxes

12
Feb
2010

 

A seguinte actividade forma parte do proxecto Double-e: e-magazine on European issues, realizado polos alumnos do IES Aguas Vivas (Guadalajara), xunto ós seus socios rumanos e daneses.

 

É un vídeo que forma parte da revista dixital sobre asuntos europeos Double-e e, en concreto, da edición temática sobre a protección dos animais. Por isto, un grupo de alumnos españois puxo en boca de varios muñecos os coñecementos que tiña adquirido sobre a vida salvaxe a través da busca de información e o seu posterior debate e posta en común. Trátase en definitiva dunha diferente forma de exemplificar e poñer en escena diversos problemas e aspectos da vida cotiá, dándolle un toque de creatividade e orixinalidade.

Enlaces:

Revista dixital

Webquest

TwinSpace público (Plataforma TwinSpace antiga)

 

 

   

Tes traballo, Hércules

19
Xan
2010

No proxecto Searching twelve labors to Hercules os alumnos do IES Vegas Bajas (Montijo, Badajoz) e os seus socios italianos, tiveron que encargarlle ó heroe mitolóxico Hércules novos traballos e axudarlle a solucionalos. Para esta misión requeriuse a utilización dunha webquest, un wiki e un blog. Especialmente destacable é a webquest, coa que se logrou unha excelente planificación e organización do traballo. Nela os alumnos non só atoparon orientacións e instruccións acerca das actividades a realizar, senón que a través dos recursos e curiosidades  publicados acerca de Hércules, ampliaron os seus coñecementos sobre Cultura Clásica e  souberon darlles unha dimensión actual.

Searching_twelve

Enlaces:

Webquest

Wiki

Blog

 

 

 

  
   

Espazo cidadán europeo

18
Xan
2010

No proxecto eTwinning Espazo cidadán europeo realizado polo IES María Moliner de Sevilla e o EB 2,3 de Vila Caiz Amarante de Portugal atopamos unha actividade que é un exemplo perfecto de como levar a cabo unha acción colaborativa. O nome da actividade  O cambio climático na Península Ibérica e nela as aportacións de cada centro súmanse nun traballo final de calidade, contextualizado na zona xeográfica de cada centro e co sentido que lle da a cercanía das rexións implicadas. O cambio climático non entende de fronteiras.

 

Para participar nun proxecto eTwinning non é preciso empregar unha linguaxe común; esta actividade é tamén un bo exemplo disto. Os alumnos portugueses e españois, aproveitando a similitude dos nosos idiomas, expresáronse na súa lingua materna, o que aporta unha riqueza extra ó traballo.

   

Páxina 6 de 6

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar